Abrir o menú principal

Otto Wallach

químico alemán

Otto Wallach, nado en Königsberg (naqueles momentos parte de Prusia pero que hoxe en día forma parte de Rusia e é nomenada Kaliningrado) o 27 de marzo de 1847 e finado en Gotinga (Alemaña) o 26 de febreiro de 1931, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1910.

Jens Christian Skou
Nobel prize medal.svg
Otto Wallach.jpg
Otto Wallach
Datos persoais
Nacemento27 de marzo de 1847
LugarKönigsberg
Flag of Prussia (1892-1918).svg Prusia
Falecemento26 de febreiro de 1931
LugarGotinga Alemaña Alemaña
SoterradoCemiterio municipal de Gotinga
NacionalidadeFlag of Prussia (1892-1918).svg Reino de Prusia
Flag of the German Empire.svg Imperio alemán
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Gotinga
  • Director de teseAugust Wilhelm von Hofmann
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Química orgánica
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1910)
  • Medalla Davy (1912)
  • editar datos en Wikidata ]

    TraxectoriaEditar

    Otto naceu en Königsberg, naqueles momentos parte de Prusia, pero que actualmente forma parte de Rusia, denominada Kaliningrado.

    Estudou química na Universidade de Berlín e Gotinga, e entre 1876 e 1889 foi nomeado profesor de química na Universidade de Bonn. En 1889 abandonou a docencia para converterse en director do Instituto Químico da Universidade de Göttingen, cargo que ocupou ata 1915.

    Faleceu o 26 de febreiro de 1931 na alemá cidade de Gotinga, situada no estado alemán de Baixa Saxonia.

    Investigacións científicasEditar

    Foi un dos primeiros químicos que se dedicaron á investigación química dos terpenoides e as combinacións alicíclicas, a investigación das cales foi de grande influencia no desenvolvemento da química orgánica e industrial, e especialmente dos perfumes e dos aceites esenciais.

    En 1910 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución no desenvolvemento da química orgánica e industrial.

    Ligazóns externasEditar