Walter Norman Haworth

químico británico

Sir Walter Norman Haworth, nado o 19 de marzo de 1883 en Chorley, Lancashire, (Inglaterra) e finado o 19 de marzo de 1950 en Barnt Green, Worcestershire, (Inglaterra) foi un químico e profesor universitario británico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.

Infotaula de personaSir Editar o valor en Wikidata
Walter Norman Haworth

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1883 Editar o valor en Wikidata
Chorley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 1950 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Barnt Green, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Vicepresidente Royal Society
1947 – 1948
Vice chancellor (en) Traducir Universidade de Birmingham (pt) Traducir
1947 – 1948
Presidente Chemical Society (en) Traducir
1944 – 1946
Catedrático Universidade de Birmingham (pt) Traducir
1925 – 1948
Catedrático Universidade de Durham (pt) Traducir
1920 – 1925
Profesor universitario Universidade de St Andrews
1912 – 1920
University demonstrator (en) Traducir Imperial College London
1911 – 1912 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga - Doutor en filosofía (–1910)
Universidade de Manchester - química (1903–1909)
Universidade de Manchester - Doutor en Ciencias Editar o valor en Wikidata
Director de teseWilliam Henry Perkin (pt) Traducir e Otto Wallach Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Londres
Universidade de Durham (pt) Traducir
Universidade de Birmingham (pt) Traducir
Imperial College London
Universidade de St Andrews Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesJames Johnston Dobbie (en) Traducir (sogro) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1948xubilación Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 222229306 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Decidiu asistir á universidade e estudar química logo de traballar durante algún tempo na factoría de linóleo do seu pai e en contra da vontade dos seus pais. En 1903 entrou na Universidade de Manchester, onde se graduó con honras en 1906. Tras tres anos de traballo de investigación, obtivo unha bolsa e acudiu á Universidade de Göttingen, onde se doutorou en 1910.

Entre 1920 e 1925 foi lector de química na Universidade de St Andrews e entre 1920 e 1925, profesor de química orgánica na Universidade de Durham. Dirixiu, a partir de 1925, o departamento de química da Universidade de Birmingham.

Entre 1944 e 1946 foi presidente da Sociedade Británica de Química, e vicepresidente da Royal Society de Londres entre 1947 e 1948.

En 1947 foi nobrado cabaleiro do Imperio Británico (sir) polo rei Xurxo VI do Reino Unido polas súas investigacións acerca da obtención de enerxía nuclear.

Investigacións científicas

editar

As súas primeiras investigacións trataron sobre a estrutura dos terpenos, conseguindo sintetizar o silvestreno en 1912. A partir de 1915 comezou a investigar a estrutura dos hidratos de carbono dos polisacáridos. En 1933 conseguiu determinar a estrutura química da vitamina C, denominando ácido ascórbico ao produto sintético que identificou con esta vitamina.

En 1937 foi galardoado co premio Nobel de Química, compartido con Paul Karrer, "polas súas investigacións sobre os hidratos de carbono e a vitamina C".

A súa principal obra foi The Constitution of Sugars (1929).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye
Premio Nobel de Química
 

1937
con
Paul Karrer
Sucesor:
Richard Johann Kuhn