Abrir o menú principal

Jean Negulesco ou Jean Negulescu, nado o 26 de febreiro de 1900 en Craiova, (Romanía) e finado o 18 de xullo de 1993 en Marbella (España), foi un director e guionista de cine de orixe romanés.

Jean Negulesco
JeanNegulesco14.JPG
Nacemento13 de marzo de 1900 e 26 de febreiro de 1900
 Craiova
Falecemento18 de xullo de 1993
 Marbella
NacionalidadeRomanía e Estados Unidos de América
Alma máterCarol I National College
Ocupaciónguionista, actor, director de cine e pintor
CónxuxeDusty Anderson
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Romanía trasladouse en 1915 a Viena e catro anos despois a Bucarest onde comezou a adicarse á pintura e incluso chegou a traballar como decorador de escenarios en París.

En 1927 trasladouse a Nova York co gallo dunha exposición da súa obra e quedou a vivir alí.

No ano 1934 comezou a traballar na industria do cine, primeiro coma artista de sketches e máis tarde coma produtor executivo. Poucos anos despois comezou a súa carreira de director e guionista.

A primeira película que dirixiu foi Singapore Woman no ano 1941.

En 1948 foi nomeado aos Premios Oscar por Belinda. Non gañaría a estatuilla, porén si a acadaría a actriz protagonista do filme, Jane Wyman.

En 1955 gañou o Premio BAFTA á mellor película por Cómo casarse con un millonario, con Marilyn Monroe e Lauren Bacall.

A finais da década de 1960 trasladouse a vivir a Marbella, onde morreu a causa dun infarto.

Escribiu unha autobiografía titulada Thins I did and things I thing I did.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar