World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Placas conmemorativas da WFE no IFEVI.

Historia editar

 
Edificio Sanchón, sede social da World Fishing Exhibition.

Tivo doce edicións, seis delas en Vigo. Inicialmente celebrouse en Londres cada dous anos desde 1963. En 1971 pasou a celebrarse en Dublín, e a seguinte edición xa foi en Vigo, tendo lugar as seguintes edicións en 1985, 1991, 1997, 2003 e 2009. Dende o ano 85 faise coincidir coa Conferencia de Ministros de Pesca. Alfonso Paz-Andrade foi secretario xeral na edición de 1973 e é presidente do comité executivo dende 1985.

 
Instituto Feiral de Coto Grande, Cabral.

A edición de 1973, a primeira celebrada en Vigo, trouxo 372 empresas do sector de vinte países distintos, con máis de 160.000 visitas. Supuxo a primeira visita a España dun ministro da Unión Soviética desde 1939, Alexander Ishokov.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar