Abrir o menú principal

Acción Democrática Española foi un partido político español formado por democristiáns procedentes do réxime franquista.

HistoriaEditar

Foi constituído en marzo de 1977, aínda que funcionaba desde 1976 como asociación, dirixido por Federico Silva Muñoz foi un dos partidos fundadores da Federación de Partidos de Alianza Popular, que abandonou despois que esta dese o seu apoio á Constitución española de 1978. En 1979 integrou a Derecha Democrática Española con outros partidos de dereitas e pouco despois desapareceu.

Con implantación en Galicia contou entre os seus dirixentes a Fernando Amenedo e Antonio Ramilo.