Abrir o menú principal

Antonio Ramilo

empresario e político

Antonio Bernardino Ramilo Fernández-Areal, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 24 de maio de 1928 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2006, foi un empresario e político, alcalde de Vigo.

Antonio Ramilo
Nacemento24 de maio de 1928
 Buenos Aires
Falecemento25 de xaneiro de 2006
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballou en Madrid e estudou leis, especializándose en Dereito Marítimo, nas universidades Complutense e de Deusto. En 1955 instalouse en Vigo. Ocupou o posto de conselleiro delegado na empresa familiar, Ramilo S.A., adicada á extracción de granito.

En 1970 foi nomeado alcalde, cargo que compatibilizou co de Procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra e co de presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Durante a súa alcaldía aprobouse o primeiro PXOU de Vigo, e promoveu a urbanización dos barrios da Travesía de Vigo e de Coia. Amais, celebrouse a primeira edición da World Fishing Exhibition e iniciouse o proxecto do Zoo da Madroa promovido por Rafael Portanet.[1]

En setembro de 1974 foi substituído na alcaldía por Joaquín García Picher, e volveu ó asociacionismo empresarial, sendo presidente do Consello Provincial de Empresarios ata 1976. Ese ano participou na fundación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e no 77 da Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Foi dirixente de Acción Democrática Española.

Membro da Confederación de Empresarios de Galicia dende 1981 presidiuna dende 1991, deixando o cargo no 2000 tras descubrirse irregularidades contables na entidade.

De 1986 a 1989 foi senador por Alianza Popular. Estaba casado e tivo sete fillos.


Predecesor:
Rafael Portanet
  
Alcalde de Vigo
 
1970-1974
Sucesor:
Joaquín García Picher
Predecesor:
José Pablo Rodríguez-Martiñán
 
Presidente da CEG
 
1991 - 2000
Sucesor:
Antonio Fontenla

NotasEditar

  1. Vigozoo na páxina do concello.

Véxase taménEditar