O Freixo, Valadares, Vigo

lugar da parroquia de Valadares, no concello de Vigo

O Freixo, tamén San Xoán do Freixo, é un barrio ou lugar da parroquia Santo André de Valadares do concello de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 393 habitantes (202 homes e 191 mulleres). Limita co barrio das Barrocas na mesma parroquia de Valadares e coas parroquias de Comesaña, Coruxo e Matamá do concello de Vigo e coa parroquia de Chandebrito do concello de Nigrán. Os seus lugares son os seguintes: San Xoán, Campo Grande, Campo do Rego, A Galiñeira, O Teu Deus, A Bouzacoba, A Areiña e O Portal do Mato.

O Freixo
ParroquiaValadares
ConcelloVigo
Coordenadas42°11′00″N 8°44′35″O / 42.18326216188, -8.7431727103424Coordenadas: 42°11′00″N 8°44′35″O / 42.18326216188, -8.7431727103424
Poboación393 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Situación editar

O barrio de Freixo está situado na parte alta do Val do Fragoso ao pé dos montes Alba e Os Pozos e por riba das parroquias de Matamá e Comesaña. Está completamente rodeado de masa forestal e ao atoparse nunha ladeira do Monte dos Pozos o seu terreo ten unha forte inclinación facendo del un miradoiro privilexiado da embocadura da Ría de Vigo e das Illas Cíes.

Dispón dun servizo regular de autobuses (liña 17) que saen dende Ríos / A Guía (Teis) en dirección ao barrio de Freixo, pasando polas Travesas (Praza de América), Castrelos e Matamá.

Patrimonio editar

Destaca no seu patrimonio a ermida de San Xoán, da cal hai constancia documental dende o ano 1694, aínda que debeu construírse bastante antes xa que nesa data o estado do edificio cualificábase de ruinoso, polo que as autoridades eclesiásticas esixían que se executasen as precisas reparacións. Existe a crenza de que o santo provén do lugar de Seoane.[3]

Festas editar

Entre as celebracións do Barrio destacan a festa de San Xoán Bautista (o 24 de xuño), o festival de música Freixo-Rock e a Baixada de Carrilanas.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Valadares editar

Lugares da parroquia de Valadares no concello de Vigo (Pontevedra)

Alba | As Barrocas | Bertoles | O Canizo | O Carregal | A Costa | Fabás | O Freixo | A Gándara | A Garrida | A Igrexa | O Outeiro | A Pinguela | O Portal | Prado | San Xoán | A Senra | Seoane | A Simona | A Sobreira

Parroquias de Vigo editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas editar

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Valadares, Vigo". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. "Patrimonio | Centro Veciñal e Cultural de Valladares". www.valladares.tv. Consultado o 2023-09-08. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar