Norberto Fernández

debuxante galego

Norberto Fernández Serrano, nado en Vigo[1] en 1967[2] é un debuxante e artista de banda deseñada galego. É irmán do tamén ilustrador Jacobo Fernández Serrano.

Modelo:BiografíaNorberto Fernández
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada, colorista (pt) Traducir, arte-finalista (pt) Traducir, debuxante Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJacobo Fernández Serrano Editar o valor en Wikidata

Facebook: norberto.fernandez.311 BNE: XX833365 BUSC: fernandez-norberto-1967 Tebeosfera: fernandez_norberto Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Os seus inicios foron como colorista da serie Aventuras do profesor Carbonato e Un misterio para Simón, esta última do debuxante Fausto.[3] En 1998 comezou a súa andaina profesional como debuxante de cómic. Na década dos oitenta aparecen as súas bandas deseñadas, con guión de Carlos Portela, "Forest Hill" e "Guiney" nas páxinas do Atlantico Diario.[3][2]Tamén traballou como caricaturista e humorista gráfico no diario deportivo Campeón.[2] Entre os seus traballos destacan as colaboracións periódicas para a revista Golfiño (coa serie "O castelo Regadeira").[2] Tamén publicou cómics en El Víbora (coa serie "Broz")[2], Penthouse Comix e Eros Comix.[3]

Traballou, a finais dos anos noventa, nos Estados Unidos: como entintador da serie X Files, portadista en Grimm Fairy Tales e como debuxante nas novelas gráficas Tattered man e Retrovirus (con guións de Jimmy Palmiotti e Justin Gray)

Salienta no conxunto da súa obra o gusto pola figura feminina e o cariz caricaturesco.[4]

  • Fábulas Benévolas[2][3]
  • La leyenda del caballero[2]
  • Quattrocento, [2](Dólmen editorial)[3]
  • A Coruña: 800 años de historia.[2] Serie semanal publicada naVoz de Galicia[5]
  • El caballero despollado (Dolmen Editorial, 2003)[3]
  • Erika, la novia de la oscuridad (Dolmen Editorial, 2007)[3]
  • The River Gate[2]
  • O cajado de Daghda[2]
  1. Ficha da obra O castelo Regadeira Arquivado 08 de decembro de 2017 en Wayback Machine. no sitio web de El Patito Editorial.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Castaño, Yolanda (2018). O puño e a letra : antoloxía en cómic poético. Vigo: Xerais. p. 91. ISBN 978-84-9121-436-6. OCLC 1076451112. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Cepriá, Félix (2008). "Norberto Fernández". Tebeosfera. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  4. Ficha do autor Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Guía del Cómic (en castelán).
  5. "A CORUÑA. 800 AÑOS DE HISTORIA". Tebeoesfera. Consultado o 22 de maio de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar