Abrir o menú principal

Sandra Cisneros

escritora estadounidense

Sandra Cisneros, nada en Chicago (Illinois) o 20 de decembro de 1954, é unha escritora estadounidense. Na súa obra ten pegada a cultura mexicana. É coñecida polas novelas A casa de Mango Street e Caramelo.

Sandra Cisneros
SandraCisneros.jpg
Nacemento20 de decembro de 1954
 Chicago
NacionalidadeEstados Unidos de América e México
Alma máterLoyola University Chicago, Universidade de Chicago, Universidade de Iowa e sen etiquetar
Ocupaciónnovelista, poeta, contista, escritora e pro gamer
Coñecido/a porThe House on Mango Street e Woman Hollering Creek and Other Stories
PremiosMacArthur Fellows Program, American Book Awards, Anisfield-Wolf Book Awards e Fortnite World Cup
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Única muller de seis irmáns, sendo nena a súa familia mudouse con frecuencia, vivindo en varios pisos no South Side de Chicago. En 1976 obtivo o Bacharelato en literatura inglesa na Universidade Loyola Chicago. Matriculouse nun programa de posgrao en escritura creativa na Universidade de Iowa, e gañou un título de mestrado en escritura creativa en 1978. Recibiu unha bolsa do National Endowment for the Arts en 1982, que lle permitiu pasar un ano no Instituto Mihály Károlyi de Vence (Francia). Traballa como directora de literatura no Centro de Artes Culturais Guadalupe de San Antonio (Texas) e en Porto Rico.

ObraEditar

  • A casa de Mango Street (The House on Mango Street; novela, 1984; tradución de Alicia Meléndez Sousa)[1]
  • The Rodrigo Poems (poesía, 1985)
  • Woman Hollering Creek and Other Stories (colección de contos, 1981)
  • My Wicked, Wicked Ways (poesía, inclúe "the Rodrigo Poems" e "Bad Boys", 1992)
  • Hairs / Pelitos (adaptación infantil bilingüe de The House on Mango Street, 1994)
  • Muller ceiba (Loose Woman; poesía, 1994; tradución de Marilar Aleixandre)[2]
  • Caramelo (novela, 2002)

NotasEditar

  1. A casa de Mango Street, en LG3.
  2. Muller ceiba, en Praza das Letras.