O centro do labirinto

obra literaria de Agustín Fernández Paz

O centro do labirinto é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1997 por Edicións Xerais. En 2009 saíu do prelo a 11ª edición.

O centro do labirinto
Autor/aAgustín Fernández Paz
CubertaMiguelanxo Prado
OrixeEspaña
Linguagalego
ColecciónFóra de Xogo (nº 18)
Xénero(s)literatura xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.maio 1997
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas216
ISBN978-84-8302-117-0
editar datos en Wikidata ]

Resumo editar

A acción ten lugar a mediados do século XXI. Sara é a nai de David. Viven en Berlín, onde traballa como asesora do G-12, grupo de persoas que rexe o destino das persoas. O mundo está globalizado logo de entraren en vixencia as "Leis de Unificación" no ano 2020. A lingua común é o euroinglés, e o mundo está dividido en 8 zonas.

Malia que a gran maioría da xente adaptouse a esas normas, nas ZNC (zonas non controladas) persisten grupos de xente vivindo dun modo alleo ás novas tecnoloxías. Pero tamén nesas zonas hai grupos de resistencia, dispostos a retomar a diversidade cultural e a sustentabilidade no planeta Terra.

Sara vén co seu fillo a Galiza, de onde son os seus devanceiros. Mentres ela andaba por Campo Lameiro visitando uns petróglifos, David ten un accidente nunha fraga próxima. É atopado por membros da resistencia da ZNC, que logo de recuperarse do accidente se poñen en contacto con Sara. A intención é facer ver a Sara que a apocalipse mundial é moi real a menos que se poña solución axiña.

Ao mesmo tempo, Sara decátase de que o informe que está a redactar é ben perigoso, pois dous dos colaboradores morren en estrañas circunstancias. Finalmente descobre que foi froito dunha traizón doutros dous colaboradores, debido a presións para que o sistema imperante non mude.

Sara e David aprenden de primeira man que o mundo non é tan bonito nin tan monótono como se vende no 1º mundo, e que aínda están vivas as linguas que se falaban antes e os paraísos naturais e arqueolóxicos conservados ao longo do mundo.

Narración editar

Utilízanse dous narradores: o narrador omnisciente, que alterna o que lle sucede a Sara e o que lle sucede a David, e a narración en primeira persoa de Brenda, unha rapaza da idade de David que vive na ZNC.

Traducións editar

  • Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de El centre del laberint publicado en 1999 pola Editorial Barcanova, Col. Antaviana jove[1].
  • Ao portugués por Isabel Ramalhete co título de O centro do labirinto publicado en 2002 por Ed. Âmbar, Col. Escritas do mundo[2].
  • Ao castelán por Soledad Carreño Albín co título de El centro del laberinto publicado en 2002 por Editorial Algar, Col. Algar Joven[3].

Notas editar

  1. "El centre del laberint". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18. 
  2. "O centro do labirinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18. 
  3. "El centro del laberinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar