A filla do ladrón de bicicletas
novela de Teresa González Costa
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano[1].
A filla do ladrón de bicicletas | |
---|---|
Autor/a | Teresa González Costa |
Ilustrador/a | Jacobo Fernández Serrano |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Merlín |
Xénero(s) | Novela, literatura infantil e xuvenil |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | outubro de 2010 |
Formato | 14,5 x 20 cm cartonado |
Páxinas | 176 |
ISBN | 978-84-9914-165-7 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarSerafina é unha rapariga dunha vila costeira. Vive coa súa tía, dona Perfecta, coa que non se leva nada ben. Os seus amigos son Milo, un rapaz da súa idade, e Elías, un señor maior inventor e mecánico.
Serafina ten unha bicicleta, á que chama Celerífera, e o seu desexo é ser equilibrista. Malia que a súa tía fai correr unha alburgada por toda a vila dicindo que a súa sobriña é unha ladroa e facéndolle desaparecer a bicicleta, coa axuda dos seus amigos logra saír adiante e lograr o seu soño.
Notas
editar- ↑ "Iolanda Zúñiga faise co premio Xerais cunha historia da periferia" Arquivado 16 de xuño de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 15 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na web da editorial.