A chamada do Brindo
A chamada do Brindo é unha novela fantástica escrita por Xesús Manuel Marcos, e que forma parte da triloxía O Brindo de ouro, sendo esta a primeira parte da triloxía. Publicada no ano 2004 por Edicións Xerais, resultou gañadora ese mesmo ano do certame de literatura xuvenil, o Premio Merlín, organizado pola mesma editorial. A novela está situada nunhas terras míticas, cuxos xentilicios e topónimos son sacados de lugares do Courel, terra natal do autor.
A chamada do Brindo | |
---|---|
Título orixinal | A chamada do Brindo |
Autor/a | Xesús Manuel Marcos |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 2004 |
Páxinas | 240 |
ISBN | ISBN 84-9782-206-4 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra
editarO protagonista, Selmo, é o fillo do gardián da tribo dos arxinas. Esta tribo, xunto cos broncedos, formarán os habitantes das Terras Outas. O protagonista atópase un día coa súa aldea, Cido, asolada e queimada por parte dos broncedos, sendo el o único supervivente. Deberá emprender unha aventura para recuperar o Brindo, un corno máxico feito de ouro co cal o seu pai avisaba á aldea cando se aveciñaba algún tipo de perigo.
No seu camiño atoparase con dous personaxes heroicos, Toimil e Oulego, que xunto co seu lobo albino Lombán, axudaranlle no seu obxectivo.
O libro conseguiu o premio Merlín no ano 2004 e o premio The White Ravens no 2005.
Traducións
editar- Ao castelán por Ánxela Gracián co título de El Brindo de oro publicado en 2008 por Editorial Anaya[1].
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Información xeral sobre o libro
- Ficha en Ed. Xerais Arquivado 08 de xuño de 2008 en Wayback Machine.