Irmán do vento

obra literaria de Manuel Lourenzo González

Irmán do vento é unha novela de Manuel Lourenzo González, publicada en 2003 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano recibiu o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil.

Irmán do vento
Título orixinalIrmán do vento
Autor/aManuel Lourenzo González
OrixeGalicia Galicia
Linguagalego
ColecciónFóra de Xogo
Xénero(s)Infantil-xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.2003
Páxinas208
ISBNISBN 84-8302-858-1

TramaEditar

Khaled é un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, un amor, proxectos. Ata que, de repente, chega a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser.

NarraciónEditar

Irman do vento é unha novela de aventuras con tres narradores, un que introduce a acción, outro que conta a historia en cursiva e o propio protagonista. A acción transcorre en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el.

TraduciónsEditar

  • Ao inglés por Jonathan Dunne como Brother of the Wind publicado en 2017 por Small Station Press, Col. Galician Wave.[1]

NotasEditar

  1. "Perfil do libro en Bitraga". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar