Xosé Antonio Neira Cruz

escritor galego

Xosé Antonio Neira Cruz, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1968, é un escritor galego.[1]

Xosé Antonio Neira Cruz
Xosé Antonio Neira Cruz.jpg
Nacemento1968
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor universitario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo) na Universidade de Santiago de Compostela, doutor coa tese Prensa infantil e escolar en Galicia, 2001, (dirixida por Dr. Xosé López García) e e tamén doutor coa tese Los albores de la crónica periodística las crónicas del viaje por España y Portugal de Cosimo III de' Medici, 2015, (dirixida por Dra. María Isabel González Fernández).[2] É mestrado en Dereito Premial.[3]

Foi redactor da revista Tempos e, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.

Foi o responsable das coleccións "Sete Mares", "Árbore" e "Costa Oeste" da editorial Galaxia e en 2012 foi profesor de Xornalismo na USC. Foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28º Congreso desta organización internacional.[4]

ObraEditar

Unha parte importante da súa produción diríxese aos lectores máis novos: Melanio e os paxaros (Sotelo Blanco, 1990; revisado para a súa publicación na Serie Branca da Colección O Barco de Vapor dez anos despois); As porcas porquiñas, con ilustracións de Noemí López; María está a pinta-lo mar, historia dunha nena chea de ilusión disposta a vencer a súa enfermidade coa imaxinación; A memoria das árbores, que inaugura a colección Sondeconto. A recuperación da literatura popular está presente en O home máis rico do mundo, A caixa do tesouro e mais en O xenio do sultán.[5][6]

O seu traballo divulgador da tradición literaria galega comezou en tres edicións do Tren Caixa Galicia, organizado pola Biblioteca "Nova 33", coas biografías de Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño (reeditados como volumes independentes por Edicións Xerais na colección "Así viviu", que incorpora unha biografía de Ánxel Fole). En 1998, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas publicou nunha edición institucional para primeiros lectores senllas lúdicas introducións ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.

ObrasEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

NarrativaEditar

PoesíaEditar

EnsaioEditar

En obras colectivasEditar

  • "Un somnífero moi particular" en Contos da campaña, 3 (1992).
  • "O plumífero de Xurxo" en Tres triscadas (1993).
  • "Rosalía tralas máscaras do tempo" en Contos da viaxe (1994).
  • "Castelao no Mar do Tempo" en Contos da travesía (1995).
  • "Paio gómez Chariño, ...a mui gran coita do mar" en Contos da ruta (1996).
  • E dixo o corvo... (1997). Xunta de Galicia.
  • "Orellas de podengo" en Imos xuntos camiñar (1999).
  • Diccionario da literatura galega. III. Obras (2000). Galaxia.
  • "Un agasallo inesperado " en Contos para levar no peto (2001).
  • "A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro" en Quen casa ten de seu (2009).

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Xosé Antonio Neira Cruz". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-10-29. 
  2. "XOSE ANTONIO NEIRA CRUZ - Universidad de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2021-10-29. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-10-29. 
  4. "Xosé Antonio Neira Cruz". Literatura Infantil y Juvenil SM. Consultado o 2021-10-29. 
  5. "Xosé Antonio Neira Cruz". Los diccionarios y las enciclopedias sobre el Académico (en castelán). Consultado o 2021-10-29. 
  6. "Autores - Neira Cruz, Xosé A.". baiaedicions.gal. Consultado o 2021-10-29. 
  7. "Els gats de Venècia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  8. "La estrella de siete puntas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  9. "La vall de les bruixes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  10. "Vale de mulher". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  11. "Las cosas claras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  12. "As coisas claras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  13. "Les coses clares". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  14. "La memoria de los árboles". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  15. "Los ojos sin párpados". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  16. "La caja del tesoro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  17. "El hombre más rico del mundo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  18. "El armiño duerme". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  19. "L'ermini dorm". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  20. "O arminho dorme". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  21. "Soy adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  22. "Sóc adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  23. "Alaba adoptatua naiz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  24. "Soi adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  25. "El viaje a Compostela de Renato Ratoni, ratón de compañía de Cosme III de Médicis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  26. "Il viaggio a Compostella di Renato Ratoni, topo di compagnia di Cosimo III de' Medici". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  27. "Mambrú, cocinero de perfumes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  28. "La noche de la reina Berenguela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  29. "Gatos y leones". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  30. "Un montón de familias". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  31. "[Jan estivo alí]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  32. "O medo de Mo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  33. "Una costura en el tiempo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  34. "Una costura en el temps". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08. 
  35. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-02-19. 
  36. "Xosé A. Neira Cruz gaña o II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro". Editorial Galaxia. 2019-07-03. Consultado o 2019-07-06. 
  37. "Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil". www.dacoruna.gal. Consultado o 2021-06-30. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar