Disciplina académica
Unha disciplina académica ou campo de estudo é o desenvolvemento do coñecemento sobre un tema específico, pensado ou investigado nunha escola superior, un centro de estudos ou investigacións, unha universidade ou un laboratorio. As disciplinas están en parte definidas e recoñecidas por publicacións científicas ou académicas, onde se expoñen resultados de procesos investigativos, e polos círculos académicos ou científicos aos que pertencen os investigadores.
Disciplina académica | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | knowledge classification (en) ![]() ![]() |
Subclase de | especialidade ![]() |
Aspecto de | ciencia ![]() |
Semellante a | rama da ciencia, campo de estudo, campo de traballo e materia ![]() |
Non confundir con
| |
[ Wikidata ] |

Os campos de estudo teñen polo xeral numerosas ramas ou subdisciplinas e as liñas que as distinguen adoitan ser difusas, ambiguas e mesmo por veces arbitrarias.
Historia
editarNa Europa da Escolástica existían só catro facultades nunha universidade: Teoloxía, Medicina, Xurisprudencia e Arte. As disciplinas universitarias contemporáneas pertencen aos procesos de secularización comezados cara a mediados do século XIX cando o currículo tradicional medieval foi substituído polas linguas vernáculas e a súa literatura, a ciencia e as disciplinas tecnolóxicas como a física, a química, a bioloxía e a enxeñaría, que se agregaron ás catro facultades tradicionais.
A principios do século XX nacen novas disciplinas como a educación, a socioloxía ou a psicoloxía. Nas décadas de 1970 e 1980 produciuse unha "explosión" de novas disciplinas enfocadas a estudos cada vez máis específicos. Algunhas disciplinas foron deseñadas como preparación para o exercicio de carreiras e profesións como a enfermaría e a administración hospitalaria, entre outras. Finalmente comézase a falar de estudos interdisciplinarios en campos científicos como derivados doutros (por exemplo, segundo que aspecto da bioloxía se estude aparecen a bioquímica, bioenxeñaría, bioinformática etc. Ver Disciplinas da Bioloxía).
Moitas "disciplinas" poden ser discutidas como tales e por esa razón hai grandes debates ao respecto.