Disciplinas da Bioloxía
artigo de listas da Wikimedia
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Lista de disciplinas e subdisciplinas da Bioloxía (se cadra incompleta):
Lista
editar- Aerobioloxía: é a rama que estuda a distribución e os niveis de pole e fungos para o estudo e prevención de alerxias.
- Astrobioloxía: estuda a orixe e / ou a posíbel existencia de seres vivos máis alá do planeta Terra.
- Bioxeografía: ciencia que estuda a distribución dos seres vivos no espazo.
- Coroloxía: rama da bioxeografía que estuda a distribución dos seres vivos a partir de corotipos.
- Biofísica: estuda os procesos físicos que subxacen nos procesos biolóxicos.
- Bioquímica: estuda a composición e as reaccións químicas dos seres vivos.
- Bioinformática: é a aplicación de tecnoloxías computacionais á xestión e análise de datos biolóxicos.
- Bioenxeñaría: é a aplicación de metodoloxías de enxeñaría analítica e sintética para problemas biolóxicos.
- Bioxeoloxía: estuda as interaccións entre a biosfera terrestre e a litosfera.
- Biotecnoloxía: estuda a aplicación tecnolóxica que utiliza sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos. "Aplicación de principios de ciencia e enxeñaría para tratamentos de materiais orgánicos e inorgánicos por sistemas biolóxicos para producir bens e servizos" segundo a OCDE.
- Biolingüística: é o estudo da linguaxe natural desde unha perspectiva biolóxica e evolutiva.
- Biomecánica: estudar a mecánica nos seres vivos.
- Bioloxía ambiental: estuda a interacción dos seres vivos co ambiente.
- Bioloxía evolutiva: estuda os cambios biolóxicos dos seres vivos e do ascendente ou descendente común dos seres vivos.
- Filoxenia: é a rama da bioloxía evolutiva que trata a historia evolutiva dos organismos e as súas relacións de parentesco.
- Xenética de poboacións: estuda os cambios que se producen nas poboacións dunha especie.
- Bioloxía do desenvolvemento: estuda os procesos celulares que teñen lugar no desenvolvemento dun novo organismo a través da reprodución sexual.
- Embrioloxía: estuda o desenvolvemento de embrións a partir da fecundación do óvulo.
- Xerontoloxía: estuda o proceso de envellecemento nos seres vivos.
- Bioloxía mariña: disciplina que estuda os fenómenos biolóxicos no medio do mar.
- Bioloxía matemática: a bioloxía matemática estuda a construción de modelos de procesos biolóxicos empregando técnicas propias das matemáticas.
- Bioloxía médica: aplica o coñecemento da bioloxía á medicina.
- Bioloxía molecular: estuda os procesos biolóxicos a nivel molecular de todos os organismos.
- Bioloxía estrutural: rama da bioloxía molecular que estuda a composición das biomoléculas.
- Bioloxía molecular-celular: estuda os tipos de moléculas e as súas funcións que teñen nas células.
- Bioloxía sistemática: estuda a clasificación dos seres vivos. Dentro desta atopamos a Cladística (clasifica os seres vivos segundo as súas relacións filoxenéticas e evolutivas) e a Taxonomía (clasifica e ordena os seres vivos en categorías xerárquicas; dentro desta hai a Taxonomía dos mamíferos, etc.)
- Botánica: ciencia ou rama da bioloxía que estuda as plantas. Ramas desta son a Botánica pura, que é a que estuda as plantas no sentido estrito, a Ficoloxía: (ou algoloxía) é a rama da botánica que estuda as algas, a Fitopatoloxía: estuda as enfermidades das plantas e a Palinoloxía: estuda as esporas e o pole.
- Citoloxía: é o estudo que investiga as células. Bioloxía celular: rama da citoloxía especializada no estudo da estrutura e función das células.
- Citoxenética: estuda o comportamento dos cromosomas, a súa estrutura e as súas funcións, é dicir, a xenética celular. Citopatoloxía: inclúe o estudo das alteracións celulares, é dicir, das súas enfermidades.
- Citoquímica: é o estudo da bioloxía centrado na composición química das células e nos procesos biolóxicos das súas moléculas.
- Criobioloxía: estuda os efectos das baixas temperaturas nos seres vivos.
- Cronobioloxía: estuda fenómenos periódicos (cíclicos) ou ritmos biolóxicos en seres vivos.
- Ecoloxía: rama da bioloxía que estuda a relación dos seres vivos e o seu hábitat.
- Epidemioloxía: estuda como se propagan e afectan as enfermidades.
- Fisioloxía: estuda as funcións dos seres vivos como as funcións respiratorias, a circulación sanguínea, o sistema nervioso, etc.
- Inmunoloxía: estuda o sistema inmunitario dos seres vivos.
- Limnoloxía: é a ciencia que estuda os procesos nos ambientes dos lagos, estreitamente relacionados coa bioloxía.
- Organografía: a organografía é a parte da bioloxía que ten como obxectivo describir os órganos do vexetal
- Organografía: parte da bioloxía que ten por obxecto a descrición dos órganos de vexetais e animais.
- Ontoxenia: estuda a orixe dos seres vivos.
- Parasitoloxía: estuda os parasitos e parasitismo.
- Patoloxía: ciencia que estuda as enfermidades e axentes patóxenos.
- Psicobioloxía: estuda o comportamento e accións dos seres vivos.
- Paleobioloxía: parte da paleontoloxía e bioloxía que estudia os organismos que viviron no pasado.
- Paleobotánica: estuda os fósiles vexetais.
- Paleozooloxía: estuda os fósiles animais.
- Micropaleontoloxía: estuda os fósiles de microorganismos.
- Radiobioloxía: estuda os efectos que se producen en seres vivos tras a exposición a enerxía procedente de radiacións ionizantes.
- Sinecoloxía: estuda as relacións entre comunidades e entre os ecosistemas.
- Sociobioloxía: estuda a base biolóxica das relacións sociais entre animais.
- Microbioloxía: ciencia ou rama da bioloxía que estuda os microorganismos.
- Morfoloxía: estuda a estructura e forma dos seres vivos.
- Anatomía: rama que estuda como se estructuran internamente os seres vivos e seus órganos.
- Histoloxía: estuda os tecidos que conforman os seres vivos.
- Toxicoloxía: estuda os tóxicos que afectan aos seres vivos.
- Xenética: a ciencia que estuda os xenes, a súa herdanza, reparación e expresión. Xenética molecular: estuda a estrutura e función dos xenes a nivel molecular.
- Xenómica: estuda a composición dos xenomas.
- Metaxenómica ou xenómica ambiental.
- Epixenética: é o estudo dos mecanismos que regulan a expresión de xenes sen modificacións na secuencia de ADN.
- Zooloxía: disciplina derivada da bioloxía que estuda a vida animal.
- Aracnoloxía: rama de la zooloxía que estuda os arácnidos.
- Entomoloxía: rama da zooloxía que estuda os insectos.
- Etoloxía: rama da bioloxía e psicoloxía que estuda o comportamento dos animais.
- Herpetoloxía: rama da zooloxía que estuda os reptiles e anfibios.
- Ictioloxía: rama que estuda os peixes.
- Ornitoloxía: rama da zooloxía que estuda as aves.
- Mastozooloxía ou terioloxía: rama da zooloxía que estuda os mamíferos.
- Malacoloxía: rama da zooloxía que estuda os moluscos.