Anatomía vexetal
A anatomía vexetal é a parte da botánica que estuda a estrutura interna dos organismos vexetais,[2][3] tanto dos tecidos como a estrutura celular dos órganos das plantas.[1]
Partes que comprende
editarDe reducirse a examinar detalladamente cada unha das partes ou órganos adultos do vexetal, considerando a súa posición respectiva, estariamos a falar da anatomía descritiva.
O estudo da constitución dos divrsos tecidos que integrados na planta denomínase, loxicamente histoloxía vexetal.
Se non se para no estudo dos tecidos, senón que se investiga a célula até o máis íntimo da mesma, chegando até orgánulos que a constitúen, estariamos no campo da citoloxía.
Por outra parte, cando o estudo a anatomía vexatal non se limita aos órganos adultos, senón que vai seguindo o seu desenvolvemento, desde que comezan a formarse, e a través de todas as súas fases até chegar ao seu máximo grao, a anatomía cualifícase de ontoxénica.
Outras veces establécense comparacións entre uns ou outros órganos de distintas plantas, co obxecto de descubrir as analoxías e as homoloxías que poidan presentarse entre eles: neste caso trátase da anatomía comparada.
Pero se as comparacións establécense tendo en conta os antepasados dos organismos, daquela a anatomía recibe o apelido de filoxenética.
A anatomía fisiolóxica estuda a estrutura das partes e órganos vexetais tendo en conta a función que desempeñan.
A mecanoxenética estuda as causas fisicoquímicas de determinadas estruturas.
Finalmente, a anatomía patolóxica examina a estrutura dos órganos deformados por causa de calquera clase de enfermidades.[4]
Procedementos de estudo
editarO termo anatomía, aplicado ás plantas, xeralmente trata con estruturas que son observadas por un microscopio óptico con boa resolución, ou cos microscopios electrónicos de transmisión ou de varrido;[1] os caracteres tomados baixo os dous últimos moitas veces refírense como "caracteres ultraestruturais" e "caracteres micromorfolóxicos" respectivamente;[2]
Exclúense os caracteres celulares dos órganos reprodutivos, que se sitúan nos campos da embrioloxía das plantas e a palinoloxía.[1]
Diferenza coa anatomía animal
editarEsta definición de anatomía difire da utilizada en zooloxía, na que o termo anatomía refírese unicamente ao estudo dos órganos internos, mentres que é a histoloxía animal' a que se ocupa do estudo das células e os tecidos dos animais.[1]
Por outra parte, a anatomía está fortemente correlacionada coa fisioloxía vexetal, o estudo dos procesos metabólicos das plantas.[1]
Historia
editarNos seus comezos, a anatomía vexetal incluía tamén a morfoloxía vexetal, que estuda a forma física e a estrutura externa das plantas. A partir de mediados do século XX as investigacións sobre anatomía vexetal están referidas soamente á súa estrutura interna, constituíndo un campo de estudo separado.[5]
Aplicacións á sistemática
editarOs caracteres anatómicos son uns dos "campos de evidencia taxonómica" utilizados en análises filoxenética (outros son a morfoloxía, a embrioloxía, os cromosomas, a palinoloxía, os metabólitos secundarios, as proteínas).[2] En comparación cos morfolóxicos, os caracteres anatómicos requiren dunha habilidade técnica e tomalos consome moito tempo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 MG Simpson. 2005. Plant Anatomy and Physiology. En: Plant Systematics. Elsevier Academic Press. Capítulo 10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Judd, W. S.; C. S. Campbell; E. A. Kelogg; P. F. Stevens & M. J. Donoghue (2007): "Structural and Biochemical Characters!. En: Plant Systematics. A Phylogenetic Approach. Third Edition. Capítulo 4.
- ↑ Font Quer 1993, p. 51.
- ↑ Font Quer 1993, pp. 51-52.
- ↑ Raven, P. H.; Evert, R. F. & Eichhorn, S. E. (2005): Biology of Plants. 7th edition. New York: W. H. Freeman. ISBN 0-7167-1007-2. páx. 9.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Anatomía vexetal |
Bibliografía
editar- Barthlott, X.; C. Neinhuis, D. Cutler, F. Ditsch, I. Meusel, I. Theisen & H. Wihelmi (1998): "Classification and terminology of plant epicuticular waxes". Bot. J. Linnean Soc. 126: 237-260.
- Behnke, H-D. (1972): "Sieve-element plastids in relation to angiosperm systematics: An attempt towards a classification by ultrastructural analysis". Bot. Rev. 38: 155-197.
- Behnke, H-D. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Ultrastructure". Ann. Missouri Bot. Gard. 62: 647-663.
- Carlquist, S. (1961): Comparative plant anatomy: A guide to taxonomic and evolutionary applications of anatomical data in angiosperms. Nova York: Holt, Rinehart & Winston.
- Dickinson, W. C. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Vegetative anatomy". Ann. Missouri Bot. Gard. 62 :590-620.
- Dickinson, W. C. (2000): Integrative plant anatomy. San Diego, CA: Harcourt/Academic Press. (Inclúe capítulos que tratan da utilidade dos datos anatómicos nos estudos de morfoloxía e sistemática".
- Esau, K. (1977): Anatomy of seed plants. 2nd. ed. New Work: Wiley.
- Eyde, R. H. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Floral anatomy". Ann. Missouri Bot. Gard. 62 :961-978.
- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.
- Hickey, L. J. & J. A. Wolfe (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Vegetative morphology". Ann. Missouri Bot. Gard. 62: 538-589.
- Judd, W. S. et al. (2007): Plant systematics: a phylogenetic approach. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
- Metcalfe, C. R. & L. Chalk (1979): Anatomy of the dicotyledons, 2nd. ed. Vol. 1: Systematic anatomy of leaf and stem, with a brief history of the subject. Oxford: Clarendon.
- Metcalfe, C. R. & L. Chalk (1983): Anatomy of the dicotyledons, 2nd ed. Vol. 2: Wood structure and conclusion of the general introduction. Oxford: Clarendon.
- Radford, A. E.; W. C. Dickinson; J. R. Masseym & C. R. Bell (1974): Vascular Plant Systematics. Nova York: Harper and Row. Nova York. (Inclúe unha lista de numerosos termos morfolóxicos e anatómicos, con ilustracións).
- Simpson, Michael (2005): Plant Systematics. Elsevier Acedemic Press.
- Stace, C. A. (1965): "Cuticular studies as an aid to plant taxonomy". Bull. Br. Mus. (Nat. Hist.) Bot. 4: 1-78.