A limnoloxía,[1] do grego λίμνη límnē, "lago", e λόγος, lógos, "coñecemento", é a rama da ecoloxía que estuda os ecosistemas acuáticos continentais (lagos, lagoas, ríos, pozas, marismas e esteiros), as interaccións entre os organismos acuáticos e o seu ambiente, que determinan a súa distribución e abundancia en ditos ecosistemas.

Lagoa do Acebuche no Parque Nacional de Doñana en España. As zonas húmidas son os ecosistemas máis importantes dalgúns países, especialmente os europeos.
O lago Léman, o primeiro lago estudado pola limnoloxía.

Historia e características editar

A limnoloxía non foi considerada como unha ciencia até a publicación de A orixe das especies, de Charles Darwin, a mediados do século XIX.

Nun principio, e até 1922, o termo limnoloxía cinguíase só ao estudo dos lagos,[2] ano en que a Asociación Internacional de Limnoloxía incluíu todas as augas epicontinentais.

As masas de auga continentais son de grande importancia para o ser humano, xa que moitas son fonte de recursos básicos para a economía (auga potábel, alimentos) ou desempeñan un papel de depuración das augas.

Isto, ademais tense que compatibilizar coa convivencia de especies de flora e fauna que subsisten no medio, ou dependen del.

Por estas razóns, a limnoloxía converteuse nunha ciencia máis importante, necesaria para a xestión e conservación dos medios acuáticos.

Notas editar

  1. "limnoloxía no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  2. Eloísa Colmenar. "Un termómetro para las aguas" (PDF). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.