Bioloxía evolutiva

A bioloxía evolutiva é o campo da bioloxía que estuda a orixe e a descendencia das especies, ben como as súas mudanzas ao longo do tempo, ou sexa, a súa evolución. Os estudosos da bioloxía evolutiva coñécense como biólogos evolutivos ou evolucionistas.

Árbore filoxenética que mostra os distintos dominios da vida, cos eucariotas en vermello, as bacterias en azul e as arqueas en verde.

Este campo da bioloxía pode ser referido como un meta campo, pois abrangue a científicos de varias disciplinas tradicionais, taxonomicamente orientadas. A bioloxía evolutiva xeralmente abarca científicos de áreas especializadas en determinadas categorías de organismos, como mastozooloxía, ornitoloxía ou herpetoloxía, mais que utilizan eses organismos como sistemas para responder cuestións xerais da evolución. Xeralmente, tamén inclúe paleontólogos, que usan fósiles para responder cuestións relacionadas co modo e o tempo da evolución, así como teóricos en áreas como a xenética de poboacións e teoría evolutiva. Na década de 1990 a bioloxía do desenvolvemento xuntouse coa bioloxía evolutiva a través do estudo da bioloxía do desenvolvemento evolutivo.

Historia

editar

A bioloxía evolucionista, como disciplina académica, xurdiu como resultado da síntese evolutiva moderna nas décadas de 1930 e 1940. Entre tanto, foi só nas décadas de 1970 e 1980 cando un número significativo de universidades pasou a ter departamentos que incluían especificamente o termo bioloxía evolucionista nos seus títulos. Nos Estados Unidos de América, como resultado do rápido crecemento da bioloxía molecular e da bioloxía celular, moitas universidades dividiran (ou agregaran) os seus departamentos de bioloxía en departamentos do estilo de bioloxía celular e molecular e bioloxía evolucionista e ecoloxía (que xeralmente incorporaron antigos departamentos de paleontoloxía, zooloxía e afíns).

A microbioloxía desenvolveuse recentemente nunha disciplina evolutiva. Foi orixinalmente ignorada debido á escaseza de trazos morfolóxicos e á falta dun concepto de especie na microbioloxía. Agora, os investigadores evolucionistas están a explorar a nosa extensa comprensión da fisioloxía microbiana, a facilidade da xenómica microbiana, e o curto tempo de cada xeración dalgúns microbios a fin de responder cuestións evolutivas. Características similares axudaron no progreso do estudo da evolución viral, particularmente con bacteriófagos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar