Lingua vernácula

Chámase lingua vernácula a lingua local comunmente falada no seo dunha comunidade. Este termo emprégase a miúdo en oposición co termo lingua vehicular.

Por exemplo, cando a liturxia católica romana era en latín, era a mesma no mundo enteiro: o latín servía de lingua litúrxica vehicular. Ao mesmo tempo, o ensino da relixión facíase na lingua local, a lingua vernácula.

Atópase tamén esta dicotomía nos intercambios económicos e comerciais de hoxe, onde o inglés serve de lingua vehicular fronte á multitude das linguas vernáculas.

A palabra vernácula vén do latín e significa «relativo aos escravos nados na casa». Designaba todo o que lles era propio a estas persoas, por oposición á lingua e aos costumes dos amos. O seu senso aproximouse ao das palabras autóctono ou indíxena.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar