Xabier P. DoCampo

mestre e escritor galego
(Redirección desde «Xabier Puente Docampo»)

Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946[1] e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018,[2] foi un mestre, escritor[3], contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Xabier P. DoCampo
Nome completoFrancisco Xabier Puente Docampo
Nacemento5 de abril de 1946
Lugar de nacementoRábade
Falecemento26 de xuño de 2018
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, escritor, narrador e actor
PremiosPremio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España
Na rede
Bitraga: 1318 AELG: 236 BUSC: docampo-xabier-p-1946-2018 Dialnet: 120702
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Homenaxe da AELG a Xabier P. DoCampo en Castro de Ribeiras de Lea.

Con poucos anos a familia trasladouse a Castro de Ribeiras de Lea[4] e uns anos despois á Coruña onde estudou o bacharelato e Maxisterio[5]. Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica,[6] pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación[7]. Deu cursos a profesores e relatorios en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato.

Foi un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega[8] e tamén un dos máis traducidos.[9]

En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite,[10] seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada Nova Escola Galega.

Participou activamente na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, de cuxa Xunta directiva formou parte durante cinco anos, dous deles como presidente. Colaborou semanalmente no programa da Radio Galega Un día por diante cun comentario literario.

Obras editar

 

Literatura infanto-xuvenil editar

Narrativa editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

  • Os contos da campaña (3) (1992, Xunta de Galicia).
  • Trazos, trozos e retrincos (1992, Xunta de Galicia).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Novo do trinque (1997, Bloque Nacionalista Galego). Relatos.[a]
  • Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
  • Historias para calquera lugar (2001, Xerais).
  • Manuel María (2001, Ophiusa).
  • Contos do museo (2003, Deputación de Lugo).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004, Xunta de Galicia).[24]
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios editar

  • Premio Feira do Libro da Coruña, 1989, polo conxunto da súa obra narrativa.
  • Premio Emilia Pardo Bazán do Ministerio de Educación.
  • Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, por Cando petan na porta pola noite.
  • Honourl List IBBY 1996.
  • The White Ravens 1997 da Jugendbibliothek de Múnic.
  • Premio Lecturas da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
  • The White Ravens 2005 da Jugendbibliotethet de Múnic, por Bolboretas.
  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Infantil-Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • No 2009 foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés,
  • Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2013, por A illa de todas as illas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2017, por A nena do abrigo de astracán.
  • Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018 por A nena do abrigo de astracán.
  • Premio á mellor obra narrativa por A nena do abrigo de astracán na Gala do Libro Galego do 2018.[25]

Notas editar

Referencias
  1. "Xabier P. DoCampo". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-27. 
  2. "Morre Xabier P. Docampo, voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil galega" Arquivado 26 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 26 de xuño de 2018.
  3. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-27. 
  4. Vizoso, Sonia (2018-06-26). "Muere Xabier P. Docampo, el niño que se hizo escritor escuchando a sus padres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-06-30. 
  5. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-27. 
  6. "Xabier Puente Docampo. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-06-27. 
  7. "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2019-06-29. 
  8. "La Literatura Infantil y Juvenil gallega en el siglo XXI. Seis llaves para "entenderla mejor" / Blanca-Ana Roig Rechou. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 2019-06-27. 
  9. Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  10. "Xabier P. DoCampo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-27. 
  11. "El misterio de las campanadas - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). Consultado o 2019-06-28. 
  12. Docampo, Xabier P. (2005). La llave maestra. Algar. p. 166. ISBN 8495722801. 
  13. D'Souza, Ajay. "Xabier P. Docampo: Estampado! « A Biblioteca de Fillos de Galicia". Consultado o 2019-06-29. 
  14. "Visualizar obra". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-29. 
  15. "A casa da luz :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2019-06-28. 
  16. "O libro das viaxes imaxinarias. Edicións Xerais de Galicia. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-06-27. 
  17. Nicolás, Ramón (2011-11-20). "Mans, texto de Xabier P. DoCampo; fotografías de Daniel Puente Bello (DNL)". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-29. 
  18. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-28. 
  19. "El pintor ciego". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  20. "El pintor cec". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  21. Nicolás, Ramón (2017-12-19). "A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-27. 
  22. "Unha excelente novela: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xosé Manuel Eyré. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-27. 
  23. Rodríguez, Olga (xullo, agosto, setembro 2021). "Uns obxectos de conto". Grial LIX (231): 125. ISSN 0017-4181. 
  24.   DoCampo lendo un fragmento de A Máscara, conto da obra colectiva Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales.
  25. "Premiados na Gala do Libro Galego no 2018". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar