Percy Bysshe Shelley

Percy Bysshe Shelley, nado en Horsham o 4 de agosto de 1792 e finado no golfo de La Spezia o 8 de xullo de 1822, foi un poeta romántico inglés, un dos mellores poetas líricos da literatura inglesa [1] e un dos máis influentes.

Infotaula de personaPercy Bysshe Shelley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1792 Editar o valor em Wikidata
Horsham Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1822 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
La Spezia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortenaufraxio, afogamento Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio protestante Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaElan Valley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Italia
Reino Unido
Suíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College (pt) Traducir (1810–)
Eton College (1804–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , novelista , escritor , dramaturgo , poeta , tradutor , libretista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRomantic poetry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMary Shelley (1816–1822), morte
Harriet Westbrook (1811–1816)
FillosIanthe Eliza Shelley (en) Traducir
 () Harriet Westbrook (en) Traducir
Percy Florence Shelley (en) Traducir
 () Mary Shelley
Clara Everina Shelley (en) Traducir
 () Mary Shelley
William Shelley (en) Traducir
 () Mary Shelley
Charles Bysshe Shelley (en) Traducir
 () Harriet Westbrook (en) Traducir
Clara Shelley (en) Traducir
 () Mary Shelley Editar o valor em Wikidata
PaisTimothy Shelley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Elizabeth Pilford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHelen ° Shelley, Margaret ° Shelley, John Shelley (en) Traducir e Elizabeth Shelley Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0791222 BNE: XX896102 iTunes: 104950187 Musicbrainz: ab01fe99-bff7-4bf9-ad46-71eb65a3c298 Discogs: 610276 IMSLP: Category:Shelley,_Percy_Bysshe WikiTree: Shelley-508 Find a Grave: 12826 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Educación

editar

Shelley naceu en Field Place, na parroquia de Broadbridge Heath, preto de Horsham en West Sussex, o fillo máis vello de Timothy Shelley (1753-1844), parlamentario liberal de Horsham (1790-92) e Shoreham (1806-12) e a súa muller, Elizabeth Pilfold (1763-1846)[2], procedente dunha familia de grandes propietarios de Sussex. Tiña catro irmás máis novas e un irmán moito máis novo. Aprendeu as primeiras letras na casa, tutelado polo reverendo Evan Edwards da localidade veciña de Warnham. En 1802 entrou en Syon House Academy de Brentford (Middlesex) e en 1804, en Eton College, para pasar en 1810 ao University College, de Oxford. Nese ano principiou a publicar as súas obras. A primeira foi unha novela gótica, Zastrozzi (1810); en setembro deu ao prelo, coa súa irmá Elizabeth, Original Poetry by Victor and Cazire. En novembro, con Thomas Jefferson, Hogg Posthumous Fragments of Margaret Nicholson e en decembro, xa unicamente coa súa propia sinatura, San Irvyne; or, The Rosicrucian: A Romance[3].

En 1811 publicou dous panfletos de forma anónima: The Necessity of Atheism e Poetical Essay on the Existing State of Things (reedescuberto en 2006, de carácter antibélico e antimonárquico), que chamou a atención da administración da universidade polo que tivo que comparecer diante das autoridades da institución. A súa negativa a repudiar a autoría dos panfletos resultou na súa expulsión de Oxford o 25 de marzo de 1811, xunto con Hogg. Shelley tivo a oportunidade de reintegrarse na vida universitaria despois da intervención de seu pai, pero a negativa a renegar dos seus puntos de vista levouno ao enfrontamento con el.

 
William Godwin in 1802, by James Northcote.

Vida axitada

editar

Catro meses despois da súa expulsión Shelley, con apenas dezanove anos, largou secretamente a Escocia acompañado por Harriet Westbrook, de dezaseis anos, filla de John Westbrook, propietario dun café de Londres. Casaron o 28 agosto de 1811. A parella tivo dúas fillas.[4] Shelley convidou o seu amigo Hogg á súa casa, mesmo compartindo a dona, segundo os seus ideais do amor libre, mais o rexeitamento de Harriet obrigouno a abandonar o proxecto de matrimonio aberto. Marchou a Lake District coa intención de escribir pero o seu interese polos acontecementos políticos, fixo que volvera a vista cara a Irlanda. O seu activo interese polas miserentas condicións dos traballadores dublineses impulsouno ao propagandismo político, logrando a hostilidade das autoridades.

Shelley e Mary

editar

Nos dous anos seguintes escribiu e publicou Queen Mab: A Philosophical Poem, no que se apreza a influencia das ideas radicais do filósofo inglés William Godwin. Dende 1812, Shelley sufrirá ataques nerviosos, que acalentaba con doses de láudano [5]. Nese periodo comeza a experimentar crises que cursan con vívidas alucinacións.

Neste período realizou unha serie de viaxes; a máis significativa foi a que fixo a Irlanda, na que realizou propaganda contra o dominio inglés e o catolicismo. De volta a Inglaterra o matrimonio con Harriet empezou a deteriorarse, pasando moito tempo na casa de Godwin e na súa librería de Londres, onde coñeceu a Mary, filla de Godwin e de Mary Wollstonecraft, feminista que morrera ao nacer Mary.

O radicalismo de Percy Shelley, e sobre todo as súas ideas económicas adquiridas pola lectura do tratado Political Justice (1793) de Godwin, contribuíron a arredalo da súa familia aristocrática e sen acceso ao patrimonio familiar, razón pola que, logo de meses de promesas, non puido pagar as súas débedas con Godwin e este sentiuse traizoado polo seu discípulo[6].

Godwin rexeitou a unión de Mary e Percy e intentou impedila pero o 28 de xuño 1814 a parella marchou a Francia coa medio irmá de Mary, Claire Clairmont[7], estivo un tempo en Suíza e por mor da falta de cartos decidiu volver a Inglaterra, aportando en Gravesend, costa inglesa de Kent, o 13 de setembro de 1814 [8]. Tres anos máis tarde (1817) publicouse o diario desta viaxe co título de History of Six Weeks' Tour through a Part of France, Switzerland, Germany, and Holland, with Letters Descriptive of a Sail round the Lake of Geneva, and of the Glaciers of Chamouni[9]. En outono de 1815 Percy e Mary establecéronse en Londres. El escribiu a alegoría en verso Alastor, or The Spirit of Solitude, considerado o seu primeiro gran poema. A súa situación complicouse: Mary estaba embarazada e seu pai negábase a axudalos. Viviron con dificultades económicas[10]; Percy tivo mesmo que arredarse da casa para evitar os acredores[11]. As cartas dos amantes neste período revelaban o seu pesar a causa da separación forzosa.[12]

A perda da filla que esperaba levou a Mary á depresión, mais tras a morte do avó de Percy e a mellora da súa situación financeira a parella pasou un período de vacacións en Torquay e deseguido alugou unha casa de dous andares en Bishopsgate, próxima ao parque de Windsor.[13] Nesa época escribiu o seu poema Alastor. O 24 de xaneiro de 1816 naceu o segundo fillo de Mary e Percy, ao que lle puxeron William.

Encontro con Byron

editar

No verán de 1816 os Shelley fixeron unha segunda viaxe a Suíza. Claire Clairmont comezara unha relación con Lord Byron o abril anterior, pouco antes deste marchar ao continente. As frecuentes conversas de Percy con Byron tiveron un efecto estimulante na poesía de Shelley. Escribiu Hymn to Intellectual Beauty, a súa segunda obra de certo relevo logo de Alastor. Veu despois (1817) Mont Blanc, un poema complexo no que expresa a inevitabilidade dos sucesos históricos e a relación entre a mente humana e a natureza circundante. Á súa vez, Shelley influenciou a poesía de Byron, visible na terceira terza parte de Childe Harold's Pilgrimage, na que Byron estaba a traballar, e en Manfred que escribiu no outono dese ano.

Segundo matrimonio

editar
 
Mary Shelley

Tras a súa volta a Londres en setembro marcharon a Bath. O 10 de decembro morreu Harriet, a muller de Percy, afogada no lago Serpentine Lake, en Hyde Park. Percy e Mary casaron o 30 de decembro de 1816 na igrexa de San Mildred de Londres[14]

A ameaza dos acredores, a súa feble saúde e a posibilidade de perder a custodia dos fillos que tivera con Mary -como pasara cos que tivo con Harriet- provocaron a súa marcha de Inglaterra cara a Italia o 12 de marzo de 1818[15].

 
O funeral de Percy Bysshe Shelley, obra de Louis Edouard Fournier

Viaxe a Italia e pasamento

editar

Nos seguintes catro anos viviu en Venecia, Livorno, Lucca, Este, Roma, Nápoles, Florencia e Pisa. A súa última residencia foi Vila Magni en San Terenzo, no concello de Lerici (La Spezia). Shelley e Mary perderan dous dos tres fillos en Italia, primeiro Clara Everina e despois William. Sobreviviu só o fillo nado en Florencia, Percy Florence. Os anos en Italia foron intensos do punto de vista intelectual e creativo. Percy escribiu a maior parte dos seus grandes poemas e traduciu a Platón.

O 8 de xullo de 1822 Percy e o seu amigo Edward Williams saíron navegar acompañados polo mariño Charles Vivian. O mar devolveu os seus restos dez días despois do naufraxio. Díxose que Shelley levaba no peto un pequeno volume de Esquilo e unha colección de John Keats. As circunstancias da súa morte e os feitos que sucederon á aparición do cadáver semellan satisfacer de cheo a mitoloxía romántica[16].

  1. Donald H. Reiman "Percy Bysshe Shelley" Encyclopædia Britannica, 25 de abril de 2017
  2. "Elizabeth Pilfold" Frankenstein; or, the Modern Prometheus The Pennsylvania Electronic Edition] Stuart Curran (editor)
  3. O'Neill, Michael (2004). "Shelley, Percy Bysshe (1792–1822)". Oxford Dictionary of National Biography (Online ed.). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/25312. 
  4. "Harriet Shelley" The Pennsylvania Electronic Edition Stuart Curran (editor)
  5. Singer, Katherine. "Stoned Shelley: Revolutionary Tactics and Women under the Influence." Studies in Romanticism. Trustees of Boston University, Winter 2009. Vol. 48. Nº 4. pp. 687–707
  6. William St Clair (1989) The Godwins and the Shelleys: The Biography of a Family London, Faber & Faber, p. 355.
  7. Miranda Seymour (2000) Mary Shelley, New York, Grove Press, pp. 98–99
  8. Seymour, pp. 109-113
  9. Adriana Corrado (2000) Mary Shelley donna e scrittrice. Una rilettura Napoli, Edizioni Scientifiche Italiane, p. 49
  10. Emily W. Sunstein, Mary Shelley: Romance and Reality (1989) New York: Little Brown, 88–89
  11. St Clair, p. 374
  12. Seymour, pp. 122-123
  13. Sunstein, pp. 93–94, 101
  14. Sunstein, 129
  15. Sunstein, 143–49
  16. https://tierraadentro.fondodeculturaeconomica.com/percy-bysshe-shelley-entre-la-tempestad-y-la-romanza/.  Falta o |title= (Axuda)