Terry Eagleton
Terence Francis Eagleton, nado o 22 de febreiro de 1943 en Salford (Gran Manchester), é un crítico literario inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1943 (81 anos) Salford, Reino Unido (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Trinity College |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría da literatura, crítica literaria, ciencia da literatura, literatura de non ficción e literatura científica (pt) |
Ocupación | crítico literario, teórico literario, escritor, especialista en literatura, historiador da literatura, escritor de non ficción, profesor universitario, estudoso da literatura |
Empregador | Universidade de Manchester (2001–2008) Universidade de Oxford (1969–2001) Universidade de Lancaster (pt) |
Partido político | Partido Socialista dos Trabalhadores (pt) |
Membro de | Academia Británica (2003–) |
Movemento | Nova Esquerda (pt) |
Profesores | Raymond Williams |
Influencias | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Eagleton traballa dende 2008 coma catedrático de literatura inglesa na Universidade de Lancaster e coma profesor visitante na Universidade Nacional de Irlanda, en Galway. Anteriormente ocupou a cátedra Thomas Warton de literatura inglesa na Universidade de Oxford (1992-2001) e a John Edward Taylor na Universidade de Manchester ata 2008. No outono de 2009 retornou á Universidade de Notre Dame como profesor visitante distinguido no departamento de inglés.
O profesor Eagleton leva escritos máis de corenta libros, incluíndo os famosos Literary Theory: An Introduction (1983), The Ideology of the Aesthetic (1990), e The Illusions of Postmodernism (1996).
Traxectoria
editarVida temperá
editarSeus pais eran católicos de clase traballadora en Salford, aínda que tiñan raíces no condado de Galway. A familia da nai eran simpatizantes do republicanismo irlandés. Foi porteiro nun convento carmelita local onde era responsable de escoltar as monxas novizas que tomaban os seus votos, actividade á que fai referencia no título das súas memorias The Gatekeeper.[1]
Realizou os esturos primarios en De La Salle College de Salford, Manchester e despois estudou, a partir de 1961, no Trinity College de Cambridge.[1]
Presupostos teóricos
editarLiterary Theory: an Introduction (1983, revisada 1996), probablemente o seu libro máis coñecido, percorre a historia do estudo de textos, dende os románticos no século XIX ata os posmodernistas de final do século XX. O seu pensamento segue a ser claramente marxista.
Tamén ten escrito críticas sobre o estruturalismo, Lacan, e a deconstrución.
Como demostran as súas memorias The Gatekeeper, o seu marxismo está lonxe de ser un simple pasatempo teórico. Participou activamente en organizacións marxistas británicas. Na actualidade continúa participando como analista político en publicacións coma The New Statesman, Red Pepper e The Guardian.
En After Theory (2003) critica a teoría cultural e literaria actual, o que considera a súa bastardización. Non conclúe, porén, que o estudo interdisciplinario da literatura e a cultura que representa a práctica baixo a epígrafe "Teoría" careza de mérito. En realidade, Eagleton defende que tal combinación é útil para abrir os estudos culturais a un amplo abano de temas importantes. A súa acusación, pola contra, céntrase nos "teóricos relativistas" e o rexeitamento por parte da postmodernidade dos absolutos. Conclúe que un absoluto si existe: todos vivimos nun corpo que non pode ter propietario porque nada se fixo para adquirilo, e nada (a excepción do suicidio) se pode facer para desfacerse del. Os nosos corpos e a súa morte proporcionan o absoluto sobre o que a humanidade pode centrar as súas accións.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Andrews, Kernan (18 de decembro de 2008). "Terry Eagleton - taking on the capitalists and atheists in Galway". advertiser.ie (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terry Eagleton |
Bibliografía
editar- Smith, James (2008). Terry Eagleton (ebook) . Colección: Key Contemporary Thinkers (en inglés). Cambridge: Polity Press. ISBN 978-0-7456-5795-0.