Século de Ouro
O Século de Ouro é o período histórico do século XVII, no que a literatura en castelán e as artes en España acadan un dos seus mellores niveis. Durante os reinados de Filipe III e Filipe IV, autores -como Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Francisco de Quevedo ou Calderón de la Barca-, pintores e músicos de España fan que as letras castelás e as artes hispanas sexan admiradas por toda Europa.

Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento (século XVI) como do Barroco (século XVII). Existen dúas datas clave :
- 1492, coa publicacion da Gramática castelá de Antonio de Nebrija, que inicia o período
- 1681, coa morte de Pedro Calderón de la Barca, que sinala o esmorecemento dos séculos dourados.
O punto máis alto deste apoxeo atópase na obra de Miguel de Cervantes e Lope de Vega.
O cadro deste períodoEditar
O Século de ouro español correspondelle á época na cal a economía e a política da España se estenden polo mundo. Xeralmente iniciase co ano 1492, ano de tres destacados sucesos: o final da Reconquista, a primeira viaxe ao Novo Mundo de Cristovo Colón e a publicación da Gramática de Nebrija. O período acábase despois da independencia das Provincias Unidas fronte á España dos Habsburgo, recoñecida en 1648.
É un período de vitalidade arística extraordinaria na España e nos países castelanfalantes do Novo Mundo. Na historia da Arte o período é asimilado ao Renacemento español. Esta vitalidade atópase tamén nos países castelanfalantes de América latina. Juana Inés da Cruz, o último grande escritor desta idade de ouro morre en Nova España no 1695. Na literatura e nas artes identifícase o Século de ouro, nos seus aspectos culturais co século XVII.
Escritores do Século de OuroEditar
- Hernando de Acuña
- Baltasar del Alcázar
- Francisco de Aldana
- Francisco Avellaneda
- Luis Barahona de Soto
- Gabriel Bocángel
- Cristóbal de Castillejo
- Alonso de Castillo Solórzano
- Guillén de Castro
- Miguel de Cervantes Saavedra
- Pedro Calderón de la Barca
- Juan de la Cueva
- Juan Bautista Diamante
- Alonso de Ercilla
- Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés
- Luis de Góngora
- Baltasar Gracián
- Fernando de Herrera
- Diego Hurtado de Mendoza
- Juan de Jáuregui
- Lope de Vega
- Juan López de Hoyos
- Frei Luis de León
- Juan de Mal Lara
- Francisco de Medrano
- Tirso de Molina
- Agustín Moreto
- Cristóbal Mosquera de Figueroa
- Pedro de Padilla
- Juan Pérez de Montalbán
- Francisco de Quevedo
- Andrés Rey de Artieda
- Sebastián Rodríguez de Villaviciosa
- Francisco de Rojas Zorrilla
- Juan Ruiz de Alarcón y Mendoza
- Gregorio Silvestre Rodríguez de Mesa
- Garcilaso de la Vega
- Juan Vélez de Guevara
- Luis Vélez de Guevara
- Gil Vicente, autor portugués cuxa influencia sobre o teatro foi tan importante nesa época que se inclúe moitas veces neste período español
- Conde de Villamediana
- Cristóbal de Virués
- Juan de Zabaleta
Pintores do Século de OuroEditar
- El Greco (Doménikos Théotokopoulos)
- Francisco Herrera el Viejo
- Bartolomé Esteban Murillo
- José de Ribera
- Diego Velázquez
- Francisco de Zurbarán
Galería de imaxesEditar
As lanzas ou A rendición de Breda de Diego Velázquez, no museo do Prado en Madrid.
As Meninas ou A familia de Filipe IV de Diego Velázquez, no museo do Prado en Madrid.
Mosteiro real El Escorial feito baixo Filipe II.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século de Ouro |