Luis Vélez de Guevara

escritor español

Luis Vélez de Guevara, nado Luis Vélez de Santander, o 1 de agosto de 1579 e finado o 10 de novembro de 1644, foi un dramaturgo e novelista español. Naceu en Écija e era de orixe xudía conversa.[1] Despois de graduarse na Universidade de Osuna en 1596, entrou na casa de Rodrigo de Castro, cardeal arcebispo de Sevilla, e celebrou o casamento de Filipe III nun poema asinado como Vélez de Santander, nome que seguiu usando algúns anos despois.

Luis Vélez de Guevara
Placa de la calle de Luis Vélez de Guevara (cropped).JPG
Nacemento1 de agosto de 1579
Lugar de nacementoÉcija
Falecemento10 de novembro de 1644
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversity of Osuna
Ocupaciónpoeta, escritor, dramaturgo e soldado
FillosJuan Vélez de Guevara
editar datos en Wikidata ]

Parece ser que foi soldado en Italia e en Alxer, regresando a España en 1602 cando entrou ao servizo do conde de Saldaña, e dedicouse á dramaturxia. Morreu en Madrid o 10 de novembro de 1644.

O seu fillo Juan Crisóstomo Vélez de Guevara tamén foi dramaturgo no Siglo de Oro (século de ouro), con obras máis inclinadas á comedia; porén algunhas do fillo foron erroneamente atribuídas ao pai.

A maioría de datos biográficos sobre o autor foron recompilados nun principio polo escritor e historiador da Veiga Emilio Cotarelo [2] e máis recentemente polo hispanista C. George Peale [3].

ObraEditar

Vélez de Guevara foi autor de máis de catrocentas obras de teatro, entre elas Reinar despues de morir, La Luna de la Sierra e El Diablo está en Cantillana. A obra Más pesa el rey que la sangre, está baseada no episodio da chamada Reconquista no que o fidalgo Alonso Pérez de Guzmán permite que o seu fillo sexa sacrificado, en lugar de render a súa posesión de Tarifa. Porén, Vélez de Guevara é máis coñecido como o autor de El diablo cojuelo (1641).

El diablo cojuelo, homenaxes e cultura popularEditar

Esta obra é unha novela fantástica que inspirou a Alain-René Lesage a idea de Le Diable boiteux (practicamente unha tradución adaptada, de 1707), e no Brasil o xornal humorístico Diabo Coxo fundado por Angelo Agostini e Luiz Gama durante o Segundo Reinado.

A trama presenta a un estudante canalla que se esconde na mansarda dun astrólogo e libera un demo dunha botella. Como recoñecemento o demo móstralle os pisos de Madrid e os trucos, miserias e picardías dos seus habitantes. Un tema semellante foi aparece en Los anteojos de mejor vista (1620–1625) de Rodrigo Fernández de Ribera. Charles Dickens refírese a El Diablo cojuelo en The Old Curiosity Shop, no capítulo trinta e tres.

Ten rúas co seu nome en varias cidades como Málaga ou Madrid (desde 1904).[4]

Capa e obras relacionadas
 
 
 

NotasEditar

  1. Antonio Dominiguez Ortiz, "Los judeoconversos en España y América." Madrid, 1971.
  2. "Biografía de Luis Vélez de Guevara (1579-1644) - Luis Vélez de Guevara". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2022-01-27. 
  3. "Vélez de Guevara. Documentos" (PDF). Anagnorisis. 
  4. "Calle de Luis Vélez de Guevara - Callejero de Madrid - Callejero.net". madrid.callejero.net (en castelán). Consultado o 2022-01-27. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  •  Este artigo incorpora texto dunha publicación agora no dominio público: Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Guevara, Luis Velez de". Encyclopædia Britannica. Vol. 12 (11th ed.). Cambridge University Press.

Ligazóns externasEditar