Abrir o menú principal

Roman Jakobson (en ruso Ромáн Óсипович Якобсóн), nado en Moscova o 11 de outubro de 1896 e finado en Boston (Massachusetts) o 18 de xullo de 1982, foi un lingüista, fonólogo e teórico literario ruso.

Roman Jakobson
Roman Yakobson.jpg
Nacemento11 de outubro de 1896, 23 de outubro de 1896 e 28 de setembro de 1896
 Moscova
Falecemento18 de xullo de 1982
 Boston
NacionalidadeImperio Ruso, República Socialista Soviética Federativa de Rusia, Unión Soviética e Estados Unidos de América
EtniaRussian Jews
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterFaculty of History and Philology of Moscow University
Ocupaciónlingüista, especialista en literatura, pedagogo e historiador
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Recipient of the Order of Tomáš Garrigue Masaryk, 2nd class, Prêmio Antonio Feltrinelli, Hegel Prize, Lexión de Honra e honorary doctorate of the Masaryk University
editar datos en Wikidata ]
Roman Jakobson.jpg

TraxectoriaEditar

Comezou a estudar linguas orientais na Universidade de Moscova, na época do auxe do simbolismo ruso (Alexander Blok, Andréi Bely) e dos poetas futuristas como Velimir Jlébnikov ou Vladimir Maiakovski. En 1914 impulsou a creación do Círculo lingüístico de Moscova, e nesa época estudaba a poética, dentro do formalismo ruso. Alí iniciou a súa relación co fonólogo Nikolái Trubetskói.

En 1920 marchou a Praga, onde formou parte do Círculo lingüístico de Praga, e deu clase na universidade de Brno. EN 1930 defendeu a súa tese doutoral na capital bohemia, mais viuse obrigado a deixar a cidade en 1939, trala invasión nazi de Checoslovaquia, por mor da súa orixe xudía. Deu clase en Copenhague, Oslo e Uppsala, mais trala invasión nazi de Noruega e a ameaza de invasión de Suecia viuse obrigado a emigrar de novo, desta volta cara aos Estados Unidos en 1941.

Canda a André Martinet, Claude Lévi-Strauss e Morris Swadesh foi un dos fundadores do Círculo lingüístico de Nova York, máis tarde convertido na Asociación Internacional de Lingüística.[1] Deu clases en Columbia, Harvard e o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Influíu nas formulacións estruturais da antropoloxía de Lévi-Strauss, sendo máis tarde reivindicado e difundido en Francia.

TeoríaEditar

A súa obra é dispersa e non está sistematizada en grandes volumes. Consta de 475 títulos, dos que 374 son libros ou artigos e 101 son textos diversos (poemas, prefacios, introducións ou artigos periodísticos). Amais, boa parte foi realizada en colaboración con outros autores. Até 1939 ocupouse principalmente de poética e teoría da literatura, e na súa etapa estadounidenses centrouse na lingüística.

Jakobson era un investigador teórico máis ca empírico, e de carácter multidisciplinar, abranguendo campos como a antropología, a patoloxía da linguaxe, a estilística, o folclore ou a teoría da información.

Redactou a primeira definición moderna do fonema ("Impresión mental dun son, unidade mínima distintiva ou vehículo semántico mínimo"), e reduciu todas as oposicións fonolóxicas posibles a unha ducia, o que foi criticado polo seu carácter reducionista e de tendencia binaria que non sempre se axusta a unha realidade lingüística máis variada. Amais, foi un pioneiro da fonoloxía diacrónica.

As súas investigacións sobre a linguaxe infantil foron tamén moi innovadoras, ao destacar o papel universal que na mesma teñen as oclusivas e as nasais. Tamén fixo estudos pioneiros sobre as afasias, describindo dous tipos de anomalías: as relacionadas coa selección de unidades lingüísticas ou anomalías paradigmáticas, e as relacionadas coa combinación das mesmas, ou anomalías sintagmáticas. Este modelo inspirouse parcialmente nas consideracións de Ferdinand de Saussure, pai do estruturalismo. Á súa vez Jakobson influíu en estruturalistas como Claude Lévi-Strauss e posestruturalistas como Jacques Lacan -Lacan entende, a partir dos estudos de Jakobson sobre as afasias, que o paradigmático ou selectivo é coalescente co que Sigmund Freud chama "condensación" e o metafórico, e que o sintagmático é metonímico ou o que Freud chama "desprazamento". Este estudo provocou un interese apaixonado no campo da neuroloxía e a psiquiatría e a renovación dos estudos médicos neste campo.

A estilística e a poética foron as preocupacións máis antigas e profundas de Jakobson. As súas teorías desenvolvéronse dentro do formalismo ruso, que constituía unha reacción contra unha tradición de teoría literaria rusa excesivamente dominada polos aspectos sociais, y por tanto dá moita importancia ás formas, desde as máis simples (recorrencias fónicas) ás máis complexas (xéneros literarios).

Da súa teoría da información, constituída en 1948 e articulada en torno aos factores da comunicación (emisor, receptor, referente, canle, mensaxe e código), Jakobson deduciu a existencia de seis funcións da linguaxe: expresiva, apelativa, representativa, fáctica, poética e metalingüística, completando así o modelo de Karl Bühler.

Esta síntese, tan operativa, foi moi utilizada desde entón. Porén, foi criticada argumentando que engade unha función estética mais non explica debidamente a función lúdica, que non podería incluírse sen problemas dentro da función poética.

  • Fundamentals of Language (1956, con Morris Halle)
  • "Linguistics and Poetics: Closing Statement" (in Style in Language, Thomas Sebeok, ed., 1960)
  • Essais de linguistique générale (1963; colección de once artigos elaborados nos Estados Unidos e posteriores a 1950)
  • Essais de linguistique générale, II (1973; continuación do anterior)
  • Questions de poétique (1973)

NotasEditar