Neuroloxía
A neuroloxía[1] (do grego: νεῦρον (neûron), "corda, nervio" e o sufixo -loxía, "estudo de") é unha póla da medicina que se ocupa do diagnóstico e tratamento de todas as categorías de afeccións e doenzas que afectan o cerebro, a medula espiñal e os nervios periféricos.[2] A práctica neurolóxica depende en gran medida do campo da neurociencia, o estudo científico do sistema nervioso.
Un neurólogo é un médico especializada en neuroloxía e formado para investigar, diagnosticar e tratar desordes neurolóxicos.[3] Os neurólogos tratan unha infinidade de condicións neurolóxicas, incluíndo accidentes cerebrovasculares, convulsións, trastornos do movemento como a síndrome de Parkinson, desordes neurolóxicos autoinmunes como a esclerose múltiple, trastornos de dor de cabeza como a migraña e demencias como a doenza de Alzhéimer.[4] Os neurólogos tamén poden participar en investigacións clínicas, ensaios clínicos e estudos de ciencia básica ou translacional. Aínda que a neuroloxía é unha especialidade non cirúrxica, a súa correspondente especialidade cirúrxica é a neurocirurxía.[3]
Historia
editarA disciplina académica comezou entre os séculos XV e XVI coa obra e a investigación de moitos neurólogos como Thomas Willis, Robert Whytt, Matthew Baillie, Charles Bell, Moritz Heinrich Romberg, Duchenne de Boulogne, William A. Hammond, Jean-Martin Charcot, C. Miller Fisher e John Hughlings Jackson. O termo neolatino neuroloxía apareceu en varios textos a partir de 1610 indicando un foco anatómico nos nervios (variablemente entendidos como vasos), e foi usado sobre todo por Willis, que prefería o grego νευρολογία.[5][6]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neuroloxía.
- ↑ ACGME (1 de xullo de 2016). "ACGME Program Requirements for Graduate Medical Education in Neurology" (PDF). www.acgme.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Working with Your Doctor". American Academy of Neurology. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2012.
- ↑ "Neurological Disorders". Johns Hopkins Department of Neurology. 24 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2021.
- ↑ Janssen, Diederik F (2021-04-10). "The etymology of 'neurology', redux: early use of the term by Jean Riolan the Younger (1610)". Brain (en inglés) 144 (4): awab023. ISSN 0006-8950. doi:10.1093/brain/awab023.
- ↑ Mehta, Arpan R; Mehta, Puja R; Anderson, Stephen P; MacKinnon, Barbara L H; Compston, Alastair (2021-04-10). "Reply: The etymology of 'neurology', redux: early use of the term by Jean Riolan the Younger (1610)". Brain (en inglés) 144 (4): awab024. ISSN 0006-8950. PMC 7610959. doi:10.1093/brain/awab024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neuroloxía |