Unha consoante nasal prodúcese cando o veo do padal —a parte carnosa do padal preto da parte posterior— se baixa, permitindo que o aire flúa libremente a través do nariz. A cavidade bucal aínda actúa como compartimento da resonancia do son, pero o aire non sae pola boca mentres que é bloqueado pola lingua. Outros tipos de consoantes poden ser nasalizados, pero normalmente referímonos a alófonos dos arquifonemas /N/ e /M/

Acusticamente, as consoantes nasais son sonorantes, é dicir, non restrinxen a saída de aire, e dende o punto de vista lingüístico case sempre son sonoras. (Compárense as oclusivas orais, que obstrúen o aire completamente, e as fricativas, que obstrúen o aire cunha canle estreita. Tanto oclusivas como fricativas son máis frecuentemente xordas que sonoras, e coñécense como obstruíntes).

Porén, as consoantes nasais tamén se consideran oclusivas pola súa articulación, que impide completamente o paso do aire pola cavidade bucal. Tal dualidade, un fluxo de aire sonorante polo nariz xunto coa oclusión da boca, implica que as nasais se comportan como sonorantes á vez que como obstruíntes (en xeral clases opostas). Para a descrición acústica en xeral considéranse sonorantes, pero en moitas linguas poden desenvolverse a partir de oclusivas ou devir en oclusivas.

Teñen bandas de enerxía arredor dos 200 e os 2,000 Hz

Lista de consoantes nasais:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar