Morris Swadesh, nado en Holyoke, Massachusetts, o 22 de xaneiro de 1909 e finado en Cidade de México o 20 de xullo de 1967, foi un lingüista norteamericano, reputado, entre outras cousas, como creador da glotocronoloxía.

Modelo:BiografíaMorris Swadesh
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1909 Editar o valor en Wikidata
Holyoke, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xullo de 1967 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLinguas indíxenas de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOffice of Strategic Services (pt) Traducir
Instituto Politécnico Nacional
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMary Haas (1931–1937) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteOn the Lexico-Statistical Theory of Morris Swadesh (en) Traducir
Morris Swadesh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1366825 WikiTree: Swadesh-1

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia de orixe xudía e tivo como lingua materna o yiddish. Considerado discípulo de Edward Sapir, graduouse en lingüística en 1930, ao completar os estudos na Universidade de Chicago. En 1933 doutorouse en Yale, cun traballo que se centraba na lingua dos nootka. Máis tarde estudou o chitimacha, do que descubriu que era unha lingua illada. Os seus traballos sobre este idioma son agora utilizados para estudala, porque hoxe figura como unha lingua morta.

En 1937 marchou para México, onde foi director do Consello de Linguas Indíxenas (Consejo de Lenguas Indígenas), e director de lingüística no Departamento de Asuntos Indíxenas. En 1941 regresou aos EUA para colaborar no exército na elaboración de dicionarios de chinés, birmano, ruso e español. Mais en 1948 retiróuselle o pasaporte, acusado de realizar actividades "esquerdistas". En 1953 tornou a México para exercer de profesor de antropoloxía e lingüística.

Estivo casado coa tamén lingüista Mary Rosamund Haas.

Morris Swadesh contribuíu profundamente ao estudo da fonoloxía, desenvolvendo unha serie de principios destinados a definir os fonemas dunha lingua a partir da distribución dos sons. Por exemplo, en inglés o son /p/ é diferente nos vocábulos pit («buraco»), upper («en alto») e spill («difundir»). A pronunciación dun depende da súa posición na palabra. Swadesh subliñou que estas variantes de son, posicionais son «distribuídas de modo complementario», polo que deben ser consideradas como caso dentro dun mesmo tipo de son ou fonema. A análise distribucional tornouse un procedemento xeral no estudo dos elementos de base da estrutura das linguas, permanecendo até o presente como parte integrante da metodoloxía lingüística.

Outra das súas obras máis duradeira é a denominada lista Swadesh de 100 "significantes" básicos que se utilizan, non sen controversia académica, para descubrir a xenealoxía das linguas. Esta técnica coñécese como glotocronoloxía, ás veces tamén dita lexicoestatística, aínda que existen certas diferenzas entre ambas as disciplinas.

Selección de publicacións

editar
  • Swadesh, Morris (1932), The Expression of the Ending-Point Relation in English, French, and German.
  • Swadesh, Morris (1934), The Phonemic Principle, en Language, 10.
  • Swadesh, Morris (1937), A Method for Phonetic Accuracy and Speed, en American Anthropologist, 39.
  • Swadesh, Morris (1950), Salish internal relationships, en International Journal of American Linguistics, 16, 157-167.
  • Swadesh, Morris (1952), Lexicostatistic dating of prehistoric ethnic contacts, en Proceedings American Philosophical Society, 96, 452-463.
  • Swadesh, Morris (1955), Towards greater accuracy in lexicostatistic dating, en International Journal of American Linguistics, 21, 121-137.
  • Swadesh, Morris (1959) Linguistics as an Instrument of Prehistory, en Southwestern Journal of Anthropology, 15.
  • Swadesh, Morris (1971) The Origin and Diversification of Language, Routledge & Kegan, Londres (inacabado).

Bibliografía

editar
  • Newman, Stanley (1967), Morris Swadesh (1909-1967), en rev. Language, 43.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar