Margarida de Austria-Estiria

Margarita de Austria, nada en Graz o 25 de decembro de 1584 e finada en San Lorenzo de El Escorial o 3 de outubro de 1611, foi unha nobre castelá de ascendencia austríaca. Arquiduquesa de Austria, raíña de Portugal, raíña de España (de Galiza, León, Castela, Navarra e a Coroa de Aragón), de Sicilia e Nápoles e duquesa de Borgoña e Milán, era filla do arquiduque Carlos II de Estiria (polo tanto neta do emperador Fernador I) e de María-Ana de Baviera.

Margarida de Austria-Estiria
Juan Pantoja de la Cruz and Studio - Margaret of Austria, Queen of Spain.jpg
Nacemento25 de decembro de 1584
Lugar de nacementoGraz
Falecemento3 de outubro de 1611 e 30 de outubro de 1611
Lugar de falecementoMosteiro do Escorial
Causapuerperal disorders
SoterradaCripta Real do Mosteiro do Escorial
NacionalidadeAustria, España e Reino de Portugal
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítica
PaiCarlos II de Estiria
NaiMaria Ana da Baviera
CónxuxeFilipe III de España
FillosAna de Áustria, Filipe IV de España, Maria Ana de Espanha, Carlos de Áustria, Fernando da Áustria, Infante Alonso of Spain, Infanta Margarita of Spain (1610-1617) e Infanta Maria of Austria
IrmánsConstança de Habsburgo, Leonor de Habsburgo, Maria Madalena de Áustria, Gregória de Habsburgo, Catarina de Habsburgo, Maria Cristina de Habsburgo, Ana de Áustria, Leopoldo V de Habsburgo, Karl von Österreich, Fernando II de Habsburgo e Maximiliano de Habsburgo
PremiosRosa de Ouro
Na rede
WikiTree: Habsburg-28 Find a Grave: 8848136 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
A raíña Margarida de Austria, interpretada por Pieter de Jode le Jeune en 1652.

Margarida de Austria era filla de Carlos II de Austria-Estiria, arquiduque de Austria Interior da Casa de Habsburgo e de María Ana de Baviera, tataraneta de Isabel I de Castela.

Tivo 14 irmáns, entre eles Ana e Constanza de Polonia (esposas sucesivas do rei Sexismundo III Vasa) e o emperador Fernando II de Habsburgo.

Foi unha protectora das artes; profundamente relixiosa, dixo que escoitaba voces e tiña visións no seu camiño cara á capela e nos dormitorios.

A raíña tentou contrarrestar a opinión que o duque de Lerma, o favorito do rei, tiña sobre os asuntos gobernamentais, o que nun principio lle fixo perder influencia na corte, pero posteriormente Margarida conseguiu abrir unha investigación que descubriu unha rede de corrupción que implicaba o Duque e os seus familiares, grazas á axuda do seu confesor Luis de Aliaga. Só despois da morte da raíña se puxo luz sobre os corruptos e varios deles foron condenados, entre eles Rodrigo Calderón. O duque de Lerma conseguiu ser absolto, pero tivo que retirarse da vida pública en 1618. A raíña non puido presenciar a súa caída.

PasamentoEditar

A raíña morreu en 1611 aos 27 anos, despois de dar a luz ao seu oitavo fillo. Está enterrada no Escorial no panteón de reis co seu marido.

As Exequias da Raíña Margarida son un conxunto de escritos tanto en verso como en prosa, en castelán, galego e latín, dedicados á raíña tras a súa morte, baixo a autoría de Xoán Gómez Tonel (coordinador) e Pedro Vázquez de Neira, entre outros. A obra recolle as honras fúnebres de Margarida celebradas pola Real Audiencia de Galicia no mosteiro de San Francisco da Coruña.[1]

VodaEditar

Ela casou o 18 de abril de 1599 Filipe III de España, que era á vez o seu primo primo e o seu primo segundo.

Deu a luz oito fillos:

NotasEditar

  1. Diario, Nós (2015-02-15). "“Ó magoada Galizia que perdiche?” Cuestión de estética?". Nós Diario. Consultado o 2022-12-22. 

Véxase taménEditar