Tratado de Valençay
O Tratado de Valençay foi un acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome, o 11 de decembro de 1813,[1] polo que o emperador Napoleón I de Francia ofrecía a paz, recoñecendo a Fernando VII como rei de España, a causa das derrotas sufridas na Guerra da Independencia e, especialmente, polo degaste progresivo do exército francés e da moral dos soldados polo continuado acoso das forzas que actuaban en guerrilla.
O tratado non entrou en vigor en España pois as Cortes e a Rexencia en Madrid non o aceptaron.
Historia
editarAs negociacións comezaron o 20 de novembro de 1813 en Valençay, residencia real na Francia de Fernando VII, entre José Miguel de Carvajal, duque de San Carlos, e Antoine René Mathurin, conde de Laforest. O acordo asinouse finalmente o día 11 de decembro dese mesmo ano. Napoleón aceptaba a suspensión de hostilidades e a volta de Fernando VII ao trono de España, así mesmo recoñecía todos os territorios baixo soberanía da familia real española, consonte a situación anterior ao inicio da guerra.[2] Ambos os dous países devolveríanse mutuamente as prazas e territorios ocupados.[2]
O monarca español comprometíase a devolver os dereitos e honras dos partidarios do ex-rei Xosé Bonaparte, ademais de concertar un tratado de comercio, e aínda a pasar a seus pais, Carlos IV e María Luísa de Parma, unha pensión de trinta millóns de reais anuais.[3]
O tratado foi ratificado un mes despois en París, e, apenas uns meses logo da sinatura do tratado, as tropas napoleónicas abandonaron completamente os territorios españois.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Comellas, José Luis (1981). Historia general de España y América. 12 (Del antiguo al nuevo régimen: hasta la muerte de Fernando VII). Madrid: Rialp. ISBN 84-321-2109-6.
- Sánchez Mantero, Rafael (2001). Fernando VII. Col. Los Borbones, nº 6. Madrid: Arlanza. ISBN 84-95503-23-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Texto do tratado (en castelán)