Lista de reis de Valencia
artigo de listas da Wikimedia
Lista de reis de Valencia dende a creación do Reino de Valencia por Jaume I el Conqueridor no 1239 até a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no 1707.
Casal de BarcelonaEditar
- 1239-1276: Jaume I el Conqueridor, rei de Aragón e conde de Barcelona.
- 1276-1285: Pere I el Gran (III de Aragón), fillo do anterior.
- 1285-1291: Alfons I el Franc (III de Aragón), fillo do anterior.
- 1291-1327: Jaume II el Just, irmán do anterior.
- 1327-1336: Alfons II el Benigne (IV de Aragón), fillo do anterior.
- 1336-1387: Pere II el Cerimoniós (IV de Aragón), fillo do anterior.
- 1387-1396: Joan I el Caçador, fillo do anterior.
- 1396-1410: Martí I l'Humà, irmán do anterior.
No ano 1410, Martí I morre sen descendencia lexítima.
InterregnoEditar
Casa de TrastámaraEditar
- 1412-1416: Ferrán I el d'Antequera, sobriño de Martí I.
- 1416-1458: Alfons III el Magnànim (V de Aragón), fillo do anterior.
- 1458-1479: Joan II el Gran, irmán do anterior.
- 1479-1516: Ferran II el Catòlic, fillo do anterior.
- Co casamento entre Ferran II el Catòlic e Isabel I de Castela, no 1469, prodúcese a unión dinástica entre a Coroa de Aragón e a Coroa de Castela. A partir de aquí, os reis de Valencia, ademais de reis de Aragón e condes de Barcelona (entre outros títulos), son tamén reis de Castela.
Casa de HabsburgoEditar
- 1516-1556: Carles I l'Emperador, neto de Ferran II.
- 1556-1598: Felip I el Prudent (II de Castela), fillo do anterior.
- 1598-1621: Felip II el Pietós (III de Castela), fillo do anterior.
- 1621-1665: Felip III el Gran (IV de Castela), fillo do anterior.
- 1665-1700: Carles II el Fetillat, fillo de anterior.
- Á morte de Carles II, no 1700, comeza a Guerra de Sucesión Española.
Guerra de Sucesión EspañolaEditar
- 1700-1704: Felip IV (V de Castela), bisneto de Felip III (da dinastía Borbón)
- 1704-1707: Carles III (Arquiduque Carlos de Austria) da casa Habsburgo.
- Coa promulgación dos Decretos de Nueva Planta, no 1707, o Reino de Valencia chega á súa fin. Non obstante, o título de rei de Valencia continuou e continúa sendo utilizado polos reis de España até a actualidade.
Véxase taménEditar
Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |