Mactan
Coordenadas: 10°18′N 123°58′L / 10.300, -123.967
Mactan é unha illa filipina situada fronte ás costas da illa de Cebú, na provincia de Cebú. Está subdividida entre as municipalidades de Córdova e a súa capital, Lapu-Lapu. En 2015 tiña 467 824 habitantes.
HistoriaEditar
En 1521 tivo lugar a batalla de Mactan, na que os nativos da illa baixo o mando do seu xefe Lapu-Lapu, se enfrontaron aos soldados españois. Nela faleceu Fernando de Magalhães, que comandaba a expedición.
InfraestruturasEditar
Conéctase á illa de Cebú a través de dúas pontes, a ponte de Marcelo Fernan e a de Mactán. Na illa atópase o Aeroporto Internacional Mactan-Cebú, o segundo máis importante en tráfico de Filipinas.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |