A illa de Cebú, chamada A Raíña do Sur, é a illa principal da provincia de Cebú, na Rexión Visayas Central VII, do arquipélago das Visayas, en Filipinas. Sitúase entre as illas de Luzón ao norte, Bohol e Leyte ao leste separadas polo estreito de Cebú, Mindanao ao sur e Negros e Palawan, ao oeste. Dista 630 km ou 392 millas de Manila.

Cebú
Sugbu
Localización da illa
Situación
País Filipinas
ProvinciaCebú
Coordenadas9°25′N 123°13′L / 9.417, -123.217Coordenadas: 9°25′N 123°13′L / 9.417, -123.217
Xeografía
Superficie4.467´5 km²
Longura máxima196 km.
Largura máxima32 km.
Perímetro513´9
Punto máis alto1.097
Demografía
CapitalCebu City
Poboación3.979.155 (censo 2015)
Densidade890 hab./km²
XentilicioCebuano/a
Lingua propiacebuano ou sugbuanon, tagalo (oficial)

Principais datos editar

A illa sitúase entre os 9º 25’ e os 11º 15’ de latitude norte e os 123º 13’ e 124º 5’ de lonxitude leste.

O Fuso Horario é GMT 8 horas. En hora local, amence ao redor das 6:00 e atardece ás 18:00.

Ten unha superficie de 4.422 km², sendo a novena en extensión do arquipélago. Ten 225 km de lonxitude norte-aur e 35 km de anchura leste-oeste.

Ten unha poboación aproximada de 3 millóns de habitantes.

Os principais núcleos de poboación son Cebú City, Bogo, San Remigio, Medellín e Daanbantayan.

Os seus habitantes chámanse Cebuanos (en cebuano: Sugbuanon)

Clima editar

Pertence á Zona Climática Tropical

  • Estacións:
    • Tempada Seca: de novembro a xaneiro
    • Tempada Húmida: de febreiro a outubro
  • Precipitacións: 1.500 mm/ano
  • Humidade media anual: 83%
  • Temperatura media anual: 30 °C.
    • Rango diúrno de Temperaturas: 26 °C a 38 °C.
    • Temperatura mínima nocturna: 18 °C (no Período Frío de outubro a febreiro).

Xeografía editar

 
Fervenza Kawasan na illa
  • Formación:
A illa de Cebú formouse no período Carbonífero, fai 350 millóns de anos.
  • Sismoloxía e Vulcanismo:
Nun arquipélago caracterizado polo vulcanismo e a actividade sísmica, a illa de Cebú pertence á zona de inactividade, co que só sofre pequenos terremotos. O de maior entidade dos últimos anos foi en 1991 cunha magnitude de 4 na escala Richter. Non houbo vítimas mortais.
  • Orografía:
A illa de Cebú caracterízase pola predominancia de terras altas, sen cuberta vexetal, con alturas superiores aos mil metros, aínda que existen algunhas zonas de planicie na zona Norte da illa.
  • Hidrografía:
Debido á súa Orografía e á forte deforestación, cerca do 60% das precipitacións son de escorrentía.

Economía editar

A minería, a exportación de mobles e bixutería e o tráfico portuario de Cebú City, constitúen as principais fontes de ingresos da illa.

Na zona central da illa destacan as minas de:

Historia editar

Na etapa de descubrimento e colonización hispana, pódense distinguir dúas fases:

Fernão de Magalhães editar

En marzo de 1521 Fernão de Magalhães desembarca nun poboado de pescadores chamado Zubu ou Sugbu, sendo ben recibidos polo xefe da illa, que logo de 8 días, foi bautizado, con varios centenares de súbditos. En agradecemento, e para confirmar a alianza, Magalláns atacou a veciña illa de Mactán, onde achou a morte.
 
foto do monumento a Magalhães en Mactán, polo Goberno de Isabel II, Raíña de España

Logo da morte dos seus sucesores Duarte Barbosa e Serrano, as naves Trindade e Vitoria abandonaron a illa rumbo ás Molucas.

Legazpi editar

En 1563 Filipe II de España rei das España, ordena ao vicerrei de Nova España, Luís de Velasco a organización dunha expedición ao Arquipélago de San Lázaro, nome inicial de Filipinas, que foi encomendada a Miguel López de Legazpi, que partiu de México o 21 de novembro de 1564, acompañado do cosmógrafo e mariño frei Andrés de Urdaneta e doutros catro agostiños, que foron os primeiros evanxelizadores do arquipélago filipino.
En marzo de 1565 Legazpi arriba ás Filipinas. O 27 de abril de 1565, encabezando un grupo de 380 homes de armas e de mar, desembarca na illa de Cebú, e toma posesión da mesma en nome da Coroa española. O 8 de maio de 1565 procede a fundar a Vila de San Miguel, actual Cebú City, constituída en capital dos dominios hispanos e base da expansión e conquista de Filipinas ata a fundación de Manila en 1571.

Linguas editar

  • O filipino ou tagalo é a lingua oficial na illa de Cebú, como no resto de Filipinas
  • O cebuano ou sugbuanon é de uso xeral en toda a parte central de Filipinas, con preto de 18 000 000 de falantes, contando ata a década dos 80 con máis falantes que o tagalo.