Afonso de Albuquerque

Afonso de Albuquerque, nado posibelmente en Alhandra en 1462 e finado en Goa o 16 de decembro de 1515, foi un militar e político portugués e unha das principais figuras da expansión portuguesa no Oriente e da afirmación de Portugal como gran potencia asiática en tanto gobernador da India. Foi alcumado O Grande, César de Oriente, León dos Mares, O Terribel e O Marte Portugués.

Modelo:BiografíaAfonso de Albuquerque

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1453 Editar o valor en Wikidata
Alhandra (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 1515 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Velha Goa (Imperio Portugués) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLisboa Editar o valor en Wikidata
Gobernador da India portuguesa
4 de novembro de 1509 – 8 de setembro de 1515
← Francisco de AlmeidaLopo Soares de Albergaria (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo India portuguesa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1476 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisGonçalo de Albuquerque, Lord of Vilaverde dos Francos Editar o valor en Wikidata  e Dona Leonor de Menezes Editar o valor en Wikidata
ParentesAntónio de Ataíde, 1.º Conde da Castanheira, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Afonzo de Albuquerque)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1168242 WikiTree: Albuquerque-14 Find a Grave: 245755469 Editar o valor en Wikidata
Afonso de Albuquerque.
Afonso de Albuquerque.

Traxectoria

editar

Formación

editar

Foi o segundo fillo de Gonçalo de Albuquerque, e foi educado na corte de Afonso V. En 1476 acompañou ao futuro rei Xoán II de Portugal nas guerras con Castela. Participou na escuadra enviada en 1480 en socorro de Fernando II rei de Aragón, Sicilia e Nápoles «para reprimir o furor dos turcos» por avanzar na Península Itálica, no Golfo de Tarento, en Otranto, que culminaría na vitoria dos cristiáns en 1481. Estivo nas prazas fortes de Arzila e Larache (Marrocos) en 1489, e en 1490 formou parte da garda de Xoán II, tendo volto novamente a Arzila en 1495.

En 1503 foi enviado á India co seu curmán Francisco de Albuquerque, comandando cada un tres naos e participando en varias batallas, erguendo a fortaleza de Cochín e establecendo relacións comerciais con Coulão.

De regreso ao reino de Portugal, foi ben acollido por Manuel I de Portugal que, en 1506, o tornou a enviar ao Oriente en compañía de Tristão da Cunha, nomeándoo gobernador da India na sucesión do vicerrei Francisco de Almeida. Neste posto, conquistou varios portos en Omán acabando por chegar á riquísima cidade de Ormuz, que se tornou tributaria de Portugal. En 1510 toma Goa ao turco Hidalcão e en 1511 toma Malaca, abrindo aos portugueses o acceso ás especias das Molucas e ao comercio con China. En febreiro de 1513 Albuquerque parte para o estreito de Bab-el-Mandeb, tentando tomar Áden sen éxito.

Coa construción da fortaleza de Ormuz en 1515 concluíu o seu plan de dominio dos puntos estratéxicos que permitían o control marítimo e o monopolio comercial da India.

En 1514 está na India dedicándose á administración e diplomacia, a concluír a paz con Calecute, a recibir embaixadas de reis hindús e a consolidar e embelecer Goa, onde, por medio do casamento de portugueses con mulleres indíxenas procura crear unha raza luso-hindú. O seu prestixio chegara ao auxe creando as bases do Imperio Portugués no Oriente.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar