Indias Orientais
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Indias.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Indias Orientales é o antigo nome que se lle deu ás "Indias de Asia", en oposición ás Indias Occidentais que eran unha referencia ao novo continente de América.

Mapa das Indias Orientais de 1697.
Foi moi usado desde o século XVI até o XIX, e comprendía todo o sueste e sur de Asia, desde Indonesia á rexión do Indostán.
Porén, outras acepcións daban unha equivalencia co sueste asiático e outras restrinxían máis aínda o seu uso, equiparándoas ao arquipélago Malaio como un sinónimo de Insulindia.
Colonias e compañíasEditar
O termo Indias Orientais está asociado coa colonización europea. Para iso instituíronse múltiplas compañías que comezaron con fins comerciais monopólicos e logo chegaron á completa explotación e dominio.
Entre as colonias estiveron:
- Indias Orientais Neerlandesas, gobernada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais.
- Indias Orientais Españolas, posesións da Coroa de España (Filipinas, illas Palau, Guam, illas Marianas, illas Carolinas e outras illas da Micronesia).
- India Británica e outros territorios gobernados pola Compañía Británica das Indias Orientais.
- Indochina, posesión do Imperio colonial francés. Anteriormente colonizouse o sueste da India pola Compañía francesa das Indias Orientais.
- Timor Portugués e moitos outros enclaves de Portugal nas Indias.
- Serampore, colonia danesa en Bengala, administrada pola Compañía danesa das Indias Orientais.
- A Compañía sueca das Indias Orientais realizou basicamente actividades comerciais.