Victoria (nao)

primeira nave en dar a volta ao mundo

A Victoria foi unha nao ou carraca construída no século XVI pola monarquía hispana para a navegación oceánica. A Victoria foi a primeira nave en circunnavegar a terra. Foi construída para a chamada «Armada da especiería» ou «Armada de Magallanes» sendo o único navío que deu a volta ao mundo (1519-1522) ao mando de Juan Sebastián Elcano.

Victoria
Santa María de la Victoria

Nao Victoria. Detalle nun mapa de Abraham Ortelius (1590).
Historial
Estaleiro Ondarroa
Clase Navegación oceánica
Tipo nao, carraca
Operador Armada de Magallanes
Posta en grella 1518
Botado 1519
Baixa 1570
Destino Perdida na viaxe a Sevilla dende as Antillas.
Características xerais
Desprazamento 85 toneis (102 toneladas)
Eslora 18 a 21 metros (59 a 69 pés)
Manga 7,5 m
Puntal -
Calado <2 m
Cubertas 2 cubertas e castelo a proa e popa
Aparello 3 paus
Aparello de cruz con gavias en trinquete e maior
Mesana latina
Blindaxe Madeira de carballo
Armamento 6 falconetes de ferro forxado
4 canóns de ferro forxado
Propulsión vela
Velocidade <7 nós
Tripulación <55

Primeiro navío en dar a volta ao mundo.

Descrición editar

A nao Victoria armouse nos estaleiros de Ondarroa (País Vasco). Non queda documentación do estaleiro nin da súa construción ou planos. O nome vén da igrexa de Santa María da Victoria de Triana (Sevilla). Alí foi onde Fernão de Magalhães xurou servizo ao rey Carlos I. Tiña unha capacidade de carga de 85 toneis viscaínos (102 toneladas). Tivo un custo de 300 000 marabedís, incluíndo o bote e o aparello.​ No inicio da expedición contaba cunha tripulación de 45 homes: 9 oficiais, 11 mariños, 3 artilleiros, 10 grumetes, 2 paxes e outros 10 homes máis entre criados do capitán e outros viaxeiros.

Tripulantes editar

Tripulantes que volveron a España na nao Victoria
Nome Posto
Juan Sebastián de Elcano, de Getaria Capitán
Francisco Albo, de Axio[1] Piloto
Miguel de Rodas, de Rodas Piloto
Juan de Acurio, de Bermeo Piloto
Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza Sobresaliente
Martín de Yudícibus, de Savona Marino
Hernando de Bustamante, de Mérida Mariñeiro e barbeiro
Nicolás el Griego, de Nauplia Mariñeiro
Miguel Sánchez de Rodas, de Rodas Mariñeiro
Antonio Hernández Colmenero, de Ayamonte Mariñeiro
Francisco Rodríguez, portugués de Sevilla Mariñeiro
Juan Rodríguez, de Huelva Mariñeiro
Diego Carmena Gallego, de Baiona Mariñeiro
Hans, de Aquisgrán Artilleiro
Juan de Arratia, de Bilbao Grumete
Vasco Gómez Gallego el Portugués, de Baiona Grumete
Juan de Santandrés, o de Santander, de Cueto Grumete  
Juan de Zubileta, de Barakaldo Paxe

Frota da que formou parte editar

 
Réplica da nao Victoria construída en 1992 para a Expo de Sevilla, no porto de Nagoya, Xapón.
Armada inicial da expedición de Magalhães, 1519
Navío Tonelaxe Tripulación  
Trinidad 110 55
San Antonio 120 60
Concepcion 90 45
Victoria 85 42
Santiago 75 32
Tripulación total: 234
O Victoria de Magalhães

Notas editar

  1. "Griegos en la expedición de Magallanes-Elcano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2018.