Vitoria do Reino Unido

raíña do Reino Unido entre 1837 e 1901
(Redirección desde «Raíña Vitoria»)

Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso.

Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Vitoria do Reino Unido

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Alexandrina Victoria Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Princess Alexandrina Victoria of Kent Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1819 Editar o valor en Wikidata
Palacio de Kensington (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1901 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Casa Osborne (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo real de Frogmore, Royal Burial Ground (en) Traducir
Royal Burial Ground (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador da India
1 de maio de 1876 – 22 de xaneiro de 1901
← sen valor – Eduardo VII do Reino Unido →
Monarca do Canadá
1 de xullo de 1867 – 22 de xaneiro de 1901
← sen valor – Eduardo VII do Reino Unido →
Monarca do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
20 de xuño de 1837 – 22 de xaneiro de 1901
← Guillerme IV do Reino UnidoEduardo VII do Reino Unido → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio de Kensington
Casa Osborne
Palacio de Buckingham
Castelo de Windsor Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
EducaciónWindlesham House School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura142,24 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoÉpoca vitoriana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1838–) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLuigi Lablache Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloMonarca do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Emperador da India
Princesa británica
Raíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Hannover Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlberte de Saxonia Coburgo Gota (1840–1861), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosVitoria, princesa do Reino Unido, Eduardo VII do Reino Unido, Alicia do Reino Unido, Alfredo, Duque de Saxe-Coburgo-Gota, Helena do Reino Unido, Princesa Luísa do Reino Unido, duquesa de Argyll, Príncipe Artur, Duque de Connaught, Príncipe Leopoldo, Duque de Albany, Beatriz do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo Augusto, Duque de Kent e Strathearn Editar o valor en Wikidata  e Vitória de Saxe-Coburgo-Saalfeld Editar o valor en Wikidata
IrmánsAdelaide Dubus
Edward Schencker Scheener
Carlos, 3° Príncipe de Leiningen
Feodora de Leiningen Editar o valor en Wikidata
ParentesSara Forbes Bonetta, afillado
Xurxo III do Reino Unido, avó paterno
Xurxo IV do Reino Unido, tío
Guillerme IV do Reino Unido, tío
Vitoria Uxía de Battenberg, daughter's daughter
Guillerme II de Alemaña, neto
Nicolao II de Rusia, neto
Xurxo V do Reino Unido, neto
Princesa Vitória Alexandra do Reino Unido, neta
Luísa, Princesa Real e Duquesa de Fife, neta
Príncipe Alberto Victor, Duque de Clarence, neto
Maud de Gales, son's daughter
Prince Alexander John of Wales, neto
Alexander Mountbatten, 1.º Marquês de Carisbrooke, daughter's son
Lorde Leopold Mountbatten, daughter's son
Príncipe Maurice de Battenberg, daughter's son Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
28 de xuño de 1838Coroação de Vitória do Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, first supplement (en) Traducir
Dictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0703075 BNE: XX979643 Musicbrainz: 7db5c493-38e5-41c7-9518-f3b8332a5ff7 WikiTree: Hanover-230 Find a Grave: 1442 Editar o valor en Wikidata

Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos. O Reino Unido era xa naquela época unha monarquía constitucional establecida, na que o soberano tiña relativamente poucos poderes políticos directos. En privado, Vitoria intentou influír no goberno e no nomeamento de ministros. En público, converteuse nunha icona nacional e na figura que encarnaba o modelo de valores férreos e de moral persoal típico da época.

Casou co seu curmán, o príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha en 1840. Os seus nove fillos e vinte e seis dos seus corenta e dous netos casaron con outros membros da realeza ou da nobreza de Europa, unindo a estas entre si. Isto valeulle o alcumo de «avóa de Europa». Trala morte de Alberte en 1861, Vitoria comezou un loito rigoroso durante o cal evitou aparecer en público. Como resultado do seu illamento, o republicanismo gañou forza durante algún tempo, pero na segunda metade do seu reinado, a súa popularidade volveu aumentar. Os seus xubileus de ouro e de diamante foron moi celebrados.

O seu reinado de 63 anos e 7 meses foi o máis longo na historia do Reino Unido e coñecéuselle como época vitoriana. Foi un período de cambio industrial, cultural, político, científico e militar no Reino Unido e estivo marcado pola expansión do Imperio británico. Vitoria foi a última monarca da casa de Hannover. O seu fillo e sucesor, Eduardo VII, pertencía á nova casa de Saxonia-Coburgo e Gotha.

Antecedentes

editar
 
Princesa Carlota Augusta de Gales.

En 1817 a princesa Carlota Augusta de Gales morreu dando a luz a un fillo que naceu morto, provocando unha crise sucesoria no Reino Unido.[1] Carlota era a única filla do príncipe rexente (o futuro Xurxo IV, fillo máis vello de Xurxo III do Reino Unido, que actuaba como rexente debido á enfermidade do seu pai) e da súa esposa «repudiada» Carolina de Brunswick-Wolfenbüttel.[2] O nacemento foi visto como algo milagroso, xa que os pais alegaban non manter máis de tres relaciones sexuais durante o matrimonio, polo que o nacemento doutro fillo do príncipe Xurxo sería, como mínimo, improbable.[3]

A liña de sucesión ao trono británico extinguiuse rapidamente: Xurxo III tiña doce fillos, pero ningún neto lexítimo que puidese herdar a coroa. As súas cinco fillas estaban solteiras ou eran estériles e ningún dos seus fillos estaba casado, a excepción do segundo, Frederico, que tampouco tiña fillos.[4] Isto provocou unha «carreira» por casar por parte dos príncipes solteiros.[5] O seu terceiro fillo, Guillerme, casou coa princesa Adelaida de Saxonia-Meiningen, de cuxo matrimonio naceron dúas fillas: Carlota (1819) e Isabel (1820), ambas mortas antes de cumprir dous anos,[6] e varios abortos espontáneos, o último de xemelgos en 1821, polo cal era probable que non terían máis fillos.[7]

O cuarto fillo de Xurxo III, Eduardo, casou con Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld, viúva do duque de Leiningen -co que había ter dous fillos, Carlos e Feodora-, e irmá do viúvo de Carlota, Leopoldo de Saxonia-Coburgo e Gotha. Deste casamento naceu en 1819 unha filla chamada Alexandrina Vitoria. Tralas mortes sucesivas das curmás e do pai uns meses despois e, xa en 1830, de Xurxo IV, Vitoria converteuse na herdeira presunta ao trono británico.[5]

Nacemento e familia

editar
 
Pintura da princesa Vitoria á idade de catro anos, por Stephen Poyntz Denning.

O pai de Vitoria, o príncipe Eduardo, casou coa princesa Vitoria o 30 de maio de 1818 no palacio de Ehrenburg en Coburgo. Para que non houbese dúbidas sobre a validez do matrimonio, realizouse unha segunda cerimonia en Inglaterra, no palacio de Kew, o 11 de xuño dese mesmo ano, o mesmo día que o irmán máis vello do príncipe, o tamén príncipe Guillerme, casou coa princesa Adelaida de Saxonia-Meiningen.[8]

O pai da futura raíña tiña bastantes débedas antes do matrimonio, pero a súa situación económica empezou a agravarse aínda máis: como Eduardo non estaba de acordo coas posturas políticas do seu irmán, o príncipe rexente, este negouse a axudalo e, por iso, os pais de Vitoria tiveron que irse de Inglaterra e empezaron a vivir en Alemaña.[8] Poucas semanas despois, Vitoria soubo que estaba embarazada e o duque deuse conta da importancia que tiña o feito de que o neno nacese en Inglaterra. Por iso, coa axuda dalgúns amigos, conseguiu reunir o diñeiro suficiente para a viaxe cando a duquesa estaba embarazada de sete meses. Chegaron ao seu destino o 24 de abril de 1819 e instaláronse no palacio de Kensington.[8] Alí naceu a futura raíña Vitoria xusto un mes despois, o 24 de maio ás 4:15.[9]

Vitoria foi bautizada na Sala da Cúpula do palacio de Kensington o 24 de xuño do mesmo ano por Charles Manners-Sutton, arcebispo de Canterbury. Os seus padriños foron o tsar Alexandre I de Rusia -representado na cerimonia polo seu tío, Frederico de York- o seu tío Xurxo, futuro Xurxo IV; a súa tía, Carlota de Gran Bretaña -representada pola princesa Augusta Sofía do Reino Unido- e a avoa materna de Vitoria, a duquesa Augusta -representada pola princesa María-. Os seus pais quixeron chamala Vitoria Xeorxina Alexandrina Carlota Augusta, pero o príncipe rexente -e irmán máis vello do duque- insistiu en que tres dos nomes desaparecesen. Acabou sendo bautizada unicamente como Alexandrina Vitoria, en honor ao tsar Alexandre I e á súa nai.[10]

Vitoria atopábase no quinto lugar na liña de sucesión, despois do pai e dos tres irmáns máis vellos deste.[11] O príncipe rexente estaba separado da súa muller, e a esposa do duque de York, a princesa Federica Carlota de Prusia, tiña 52 anos, polo que non había moitas posibilidades de que os dous fillos maiores tivesen herdeiros. As dúas fillas do duque de Clarence morreron antes de cumprir os dous anos. O avó e o pai de Vitoria morreron en 1820 con só unha semana de diferenza e o duque de York morreu en 1827. Trala morte do rei Xurxo IV en 1830, Vitoria converteuse en herdeira presunta do seu tío Guillerme IV. A acta de Rexencia de 1830 incluía unha cláusula especial que convertería á duquesa de Kent e nai de Vitoria en rexente se Guillerme morría antes de que Vitoria cumprise 18 anos.[12] O rei Guillerme desconfiaba da capacidade da duquesa para ser rexente e, en 1836, declarou na súa presenza que quería vivir ata ver a Vitoria cumprir 18 para evitar unha rexencia.[13]

Herdeira ao trono

editar
 
Vitoria en 1838.

Vitoria describiría máis tarde a súa infancia como «bastante melancólica».[14] A súa nai era moi protectora, polo que tivo unha educación illada, lonxe doutros nenos da súa idade, seguindo o chamado «sistema Kensington», un conxunto de regras e protocolos elaborados pola duquesa e o seu ambicioso e dominante mordomo, sir John Conroy, que segundo algúns rumores era amante da duquesa.[15] O sistema impedíalle atoparse con persoas que a súa nai e Conroy considerasen indesexables -un grupo que incluía gran parte da familia do seu pai- e tiña como obxectivo volvela débil e dependente deles.[16] A duquesa evitaba a corte, pois lle chocaba que alí houbese fillos ilexítimos do rei,[17] e tamén para mostrar a moralidade de Vitoria ao insistir no feito de que a súa filla evitase toda forma de indecencia sexual.[18] Vitoria compartía cuarto coa súa nai, estudaba con titores privados de acordo cun horario regulado e pasaba as horas de lecer xogando coas súas bonecas e o seu toy spaniel inglés, chamado Dash.[19] Aprendeu francés, alemán, italiano e atín,[20] pero falaba inglés na casa.[21]

En 1830 a duquesa de Kent e Conroy levaron a Vitoria ao centro de Inglaterra para visitar Malvern Hills, deténdose en varios pobos e en casas de campo polo camiño.[22] Entre 1832 e 1835 realizaron viaxes semellantes. Para grande irritación do rei Guillerme, Vitoria foi recibida con moito entusiasmo en todos os lugares.[23] Guillerme considerou que esas viaxes reflectían unha ambición de realeza e temía que se empezase a ver a Vitoria como unha rival no canto de como unha herdeira.[24] A Vitoria non lle gustaban esas viaxes: as constantes aparicións públicas deixábana moi cansa e tiña pouco tempo para relaxarse.[25] A princesa acabaría opoñéndose a isto, e argumentaría que non lle gustaban ao rei, pero a súa nai ignorou as súas queixas por celos e obrigouna a continuar.[26] Mentres estaba en Ramsgate, en outubro de 1835, Vitoria colleu unha forte febre, pero Conroy ignorouno e afirmou que as súas queixas eran fantasías infantís.[27] Mentres Vitoria estaba enferma, Conroy e a duquesa intentaron que nomease a Conroy o seu secretario privado, pero a princesa negouse.[28] Durante a súa adolescencia, Vitoria resistiu aos persistentes intentos por parte da súa nai e de Conroy para que este fóra o seu secretario.[29] Cando chegou a raíña, acabou finalmente por apartalo da súa presenza, pero Conroy mantívose na casa da súa nai.[30]

 
Vitoria na súa mocidade.

En 1836 o irmán da duquesa, Leopoldo, que se converteu en rei de Bélxica en 1831, empezou a facer plans para casar á súa sobriña Vitoria co seu sobriño Alberto.[31] Leopoldo, a nai de Vitoria e o pai de Alberte (o duque Ernesto I de Saxonia-Coburgo e Gotha) eran irmáns. Leopoldo convenceu á súa irmá para invitar aos parentes de Coburgo para que a visitasen en maio de 1836, co obxectivo de presentar a Alberte a Vitoria.[32] Con todo, Guillerme IV non aprobaba ningún tipo de unión dos membros da súa familia cos Coburgo e preferise que o seu sobriña casou co príncipe Alexandre dos Países Baixos, segundo fillo de Guillerme II dos Países Baixos.[33] Vitoria sabía da existencia destes plans e daba a súa opinión sobre os príncipes elixibles que lle presentaban.[34] Segundo o seu diario, a Vitoria sempre lle gustou a compañía de Alberte. Ao final da visita, escribiu: «[Alberte] é extremadamente guapo, o seu pelo é do mesma cor que o meu, os seus ollos son grandes e azuis e ten un nariz bonito e unha boca moi doce cuns bos dentes. Pero o encanto da súa cara reside na súa expresión, que é moi agradable».[35] Por outra banda, atopaba a Alexandre «demasiado simple».[36]

Vitoria escribiulle ao seu tío Leopoldo, a quen sempre considerou o seu «mellor e máis amable conselleiro»,[37] para agradecerlle a «expectativa de gran felicidade para a cal contribuíu a persoa do querido Alberte (...) el ten todas as calidades desexables para facerme totalmente feliz. É tan sensible, tan amable e tan amoroso. Ademais, ten o exterior máis agradable e encantador que coñecín».[38] Con todo, con 17 anos e malia estar moi interesada en Alberte, Vitoria non estaba lista para casar. Ambas partes non avanzaron cara a un compromiso formal, pero asumiron que a súa unión ocorrería co tempo.[39]

Primeiros anos de reinado

editar
 
Vitoria do Reino Unido
 
Vitoria recibe a noticia da súa subida ao trono.

Vitoria cumpriu 18 anos o 24 de maio de 1837, polo que se evitou así unha rezencia. O 20 de xuño de 1837 Guillerme IV morreu con 72 anos, e Vitoria converteuse en raíña do Reino Unido. No seu diario escribiu: «Mamá levantoume ás seis da mañá e díxome que o arcebispo de Canterbury e Conyngham estaban aquí e querían verme. Saín da cama e fun á miña sala de espera (vestida só co meu camisón), soa, e vinos. Conyngham avisoume de que o meu pobre tío, o rei, xa non existía e que dera o seu último suspiro doce minutos logo das dúas da mañá e que, por conseguinte, son raíña».[40] Os documentos oficiais do seu primeiro día de reinado referíanse a ela como Alexandrina Vitoria, pero o seu primeiro nome foi retirado a petición da raíña e nunca volveu ser usado.[41]

Debido a que a Lei sálica imperaba en Hanóver, este trono pasou ao seu tío menor, o duque de Cumberland, terminando así a unión entre o Reino Unido e Hanóver existente desde 1714. Mentres a moza raíña non tivo fillos, o duque de Cumberland foi o herdeiro presunto do trono.[42]

 
Vitoria na súa coroación.

O primeiro ministro whig, lord Melbourne, exerceu desde o comezo unha poderosa influencia sobre a politicamente inexperta soberana, quen acudía a el constantemente por consellos e axuda.[43] Charles Greville cría que ao viúvo Melbourne, que nunca había ter fillos, «ela caíalle moi ben e queríaa como a unha filla se houbese ter algunha», e é probable que Vitoria o vise como unha figura paterna.[44] A súa coroación realizouse o 28 de xuño de 1838 e Vitoria converteuse na primeira soberana en residir no palacio de Buckingham.[45] Herdou as propiedades dos ducados de Lancaster e Cornualla e empezou a recibir 385.000 libras ao ano. Ao ser prudente a nivel financeiro, conseguiu pagar as débedas do seu pai.[46]

 
Medalla de coroación de Vitoria (1838). Gravador: Benedetto Pistrucci.

Ao principio do reinado, Vitoria foi moi popular.[47] Con todo, a súa reputación sufriu un duro revés debido a unha intriga na corte en 1839, cando a barriga dunha das damas de compañía da súa nai, Flora Hastings, empezou a crecer de forma anormal, creando rumores de que quedou embarazada, fóra do matrimonio, de John Conroy.[48] Vitoria creu nos rumores;[49] odiaba a Conroy e desprezaba a «aquela odiosa lady Flora»,[50] xa que esta conspirara con Conroy e a duquesa de Kent no sistema Kensington.[51] Ao principio, lady Flora negouse a someterse a un exame médico espida, pero a mediados de febreiro finalmente cedeu e descubriuse que aínda era virxe.[52] Conroy, a familia Hastings e os conservadores organizaron unha campaña de prensa afirmando que a raíña axudara a estender rumores falsos sobre lady Flora.[53] Cando lady Flora morreu en xullo, a autopsia revelou que tiña un gran tumor no fígado e que esa fora a causa do crecemento da barriga.[54] En aparicións públicas, a Vitoria asubiábanlle e chamábanlle «Mrs. Melbourne».[55]

En 1839 Melbourne dimitiu, cando os radicais e conservadores -Vitoria odiaba a ambos partidos- votaron contra unha lei que suspendía a constitución de Xamaica, a cal retiraba o poder político aos donos das plantacións que se estaban resistindo á abolición da escravitude.[56]

 
Soberano da raíña Vitoria cuñado en 1842

A raíña pediu a Robert Peel que formase goberno, pero pronto entrou en disputas con este debido á Crise das Damas de Cámara. Por aquel entón, a conformación da corte real estaba rexida polo sistema de padroado -é dicir, o primeiro ministro escollía aos membros que servirían á raíña entre as súas partidarios-; moitas das damas de cámara da raíña eran esposas de whigs, e sir Robert Peel esixía que fosen substituídas por esposas de tories. Vitoria, aconsellada por Melbourne, negouse rotundamente a destituír ás damas dos seus cargos, pois as chegou a considerar amigas moi próximas. Peel sentía que non podía gobernar baixo as restricións impostas pola raíña e finalmente renunciou ao cargo de primeiro ministro, deixándolle o camiño libre a Melbourne para retornar ao poder.[57]

Matrimonio e familia

editar

Matrimonio

editar
 
Voda da raíña Vitoria co príncipe Alberto, pintura de George Hayter.

Malia ser a raíña, Vitoria seguía vivindo coa súa nai, coa que non se levaba ben debido ao sistema Kensington e á súa dependencia continua de Conroy, simplemente por estar solteira.[58] A súa nai vivía en apousentos afastados no palacio de Buckingham e Vitoria negábase a vela moitas veces.[59] Cando a raíña queixouse a Melbourne de que a proximidade da nai supuxera un «tormento durante moitos anos», este simpatizou con ela e díxolle que iso se podía evitar cunha voda, algo ao que Vitoria chamou a «alternativa chocante».[60] Estaba interesada na educación que Alberte estaba recibindo para preparar o seu futuro papel de marido, pero resistiuse a acelerar o matrimonio.[61]

Vitoria seguiu eloxiando a Alberte trala súa segunda visita a Inglaterra en outubro de 1839. Alberte e Vitoria gustábanse e a raíña pediulle matrimonio o 15 de outubro de 1839, só cinco días logo da súa chegada a Windsor.[62] Casaron o 10 de febreiro de 1840 na capela real do palacio de St. James, en Londres. Vitoria estaba totalmente namorada. Pasouse a primeira noite de casada con dor de cabeza, pero escribiu no seu diario:

NUNCA, NUNCA pasei unha noite así. O meu QUERIDO, QUERIDO, QUERIDO Alberto [...] co seu grande amor e afecto fíxome sentir que estou nun paraíso de amor e felicidade, algo que nunca esperaba sentir. Colleume nos seus brazos e bicámonos unha e outra vez. A súa beleza, a súa dozura e a súa amabilidade -nunca poderei agradecer suficientes veces ter un marido así- [...] que me chama con nomes tenros como nunca antes chamáronme foi unha incrible bendición. Este foi o día máis feliz da miña vida.[63]
Vitoria I do Reino Unido

Alberte converteuse nun conselleiro político importante, así como no compañeiro da raíña, e substituíu a lord Melbourne como a figura dominante e influente na primeira metade da súa vida.[64] A nai de Vitoria tivo que abandonar o palacio e foi enviada a Ingestre en Belgrave Square. Trala morte da princesa Augusta Sofía do Reino Unido en 1840, a nai recibiu as casas de Clarence e Frogmore.[65] Coa axuda de Alberte, a relación entre nai e filla empezou a mellorar aos poucos.[66]

O 10 de xuño de 1840, pouco despois da voda e con Vitoria embarazada do seu primeiro fillo, un mozo chamado Edward Oxford de 18 anos de idade, intentou asasinala cando estaba nunha carruaxe acompañada polo príncipe Alberte camiño de casa da nai.[67] Oxford disparou dúas veces, pero ambas balas fallaron. Foi xulgado por alta traizón e considerado culpable, aínda que despois foi liberado por considerar que estaba tolo.[68] Tralo incidente, a popularidade de Vitoria aumentou e esqueceuse a anterior crise.[69] A súa primeira filla, que tamén se chamou Vitoria, naceu o 21 de novembro de 1840. A raíña odiaba estar embarazada,[70] pensaba que dar o peito era noxento [71] e cría que os acabados de nacer eran feos.[72] Aínda así, tería oito fillos máis con Alberte.

A casa de Vitoria estaba rexida pola que fora a súa institutriz durante a infancia, a baronesa Louise Lehzen. Lehzen fora unha grande influencia para Vitoria [73] e apoiouna contra o sistema Kensington.[74] Con todo, Alberte cría que Lehzen era unha incompetente e que o seu desgoberno ameazaba a saúde da súa filla. Tras unha discusión entre Vitoria e Alberte, Lehzen foi xubilada e a súa relación tan próxima con Vitoria acabou.[75]

Descendencia

editar
  Nome Data de nacemento Data de defunción Consorte (datas de nacemento e morte) e fillos[76]
  Vitoria 182021 de novembro de
1840
19015 de agosto de
1901
Casada en 1858 (25 de xaneiro),
Príncipe herdeiro Frederico de Prusia (1831–1888),
futuro Frederico III de Alemaña
con descendencia
(entre outros, Guillerme II de Alemaña
e Sofía de Prusia, raíña de Grecia).
  Eduardo VII 18419 de novembro de
1841
19106 de maio de
1910
Casado en 1863 (10 de marzo),
Alexandra de Dinamarca (1844–1925);
con descendencia
(entre outros Xurxo V do Reino Unido
e Maud de Gales, raíña de Noruega).
  Alicia 184325 de abril de
1843
187814 de decembro de
1878
Casada en 1862 (1 de xullo),
Luís IV de Hesse-Darmstadt;
con descendencia
(entre outros, Alexandra Fiodorovna Romanova, última emperatriz de Rusia).
  Alfredo 18446 de agosto de
1844
190031 de xullo de
1900
Casado en 1874 (23 de xaneiro),
María Alexandrovna de Rusia;
con descendencia
(entre outros, María de Saxonia-Coburgo e Gotha, raíña de Romanía).
  Helena 184625 de maio de
1846
19239 de xuño de
1923
Casada en 1866 (5 de xullo),
Cristián de Schleswig-Holstein;
con descendencia
  Luísa 184818 de marzo de
1848
19393 de decembro de
1939
Casada en 1871 (21 de marzo),
John George Campbell;
sen descendencia
  Artur 18501 de maio de
1850
194216 de xaneiro de
1942
Casado en 1879 (13 de marzo),
Luísa Margarida de Prusia (1860–1917);
con descendencia (entre outros, Margarida de Connaught, princesa herdeira de Suecia).
  Leopoldo 18537 de abril de
1853
188428 de marzo
1884
Casado en 1882 (27 de abril),
Helena de Waldeck-Pyrmont;
con descendencia (entre outros, Carlos Eduardo, duque de Saxonia-Coburgo-Gotha).
  Beatriz 185714 de abril de
1857
1944 26 de outubro de
1944
Casada en 1885 (23 de xullo),
Henrique de Battenberg;
con descendencia
(entre outros, Vitoria Uxía de Battenberg, raíña de España).

Hemofilia

editar

Un dos fillos de Vitoria, o segundo menor, Leopoldo, foi o primeiro descendente de Vitoria que padeceu hemofilia B e dúas das súas cinco fillas, Alicia e Beatriz, descubriron, logo de ter fillos, que eran portadoras do xene defectuoso. Entre os descendentes reais que padeceron esta enfermidade atópanse nos seus bisnetos, o tsarévich Alexei Nikolaevich Romanov e os infantes Alfonso de Borbón e Battenberg e Gonzalo de Borbón e Battenberg.[77], A presenza desta enfermidade nos descendentes da raíña, pero non así nos seus antepasados, levou a especulacións que afirman que o verdadeiro pai de Vitoria non era o duque de Kent, senón un hemofílico.[78] Non existe ningunha proba documentada da presenza de hemofílicos na familia da nai de Vitoria.[79] É máis probable que haxa unha mutación espontánea, xa que o pai de Vitoria era bastante maior cando a concibiu e a hemofilia aparece con maior frecuencia en nenos nados de pais maiores.[80] Preto do 30% dos casos de hemofilia aparecen por mutaciones espontáneas.[81]

Anos de xuventude

editar
 
Vitoria en 1842.

O 29 de maio de 1842 Vitoria estaba nunha carruaxe na zona de The Mall en Londres cando John Francis apuntoulle cunha pistola, pero non disparou. O día seguinte Vitoria foi polo mesmo camiño, pero máis rápido e con máis seguridade nun intento premeditado de provocar a Francis para que disparase novamente e, así, ser pillado in fraganti. Como se esperaba, Francis disparou pero foi atrapado por un policía vestido de paisano e condenado por alta traizón. O 3 de xullo, dous días despois de que a sentenza de morte de Francis fose conmutada polo exilio ás colonias inglesas durante o resto da súa vida, outro home, John William Bean, apuntou cunha pistola á raíña, pero a arma só estaba cargada con papel e tabaco.[82] Bean foi condenado a 18 meses de cárcere.[83] En 1849 houbo un ataque similar, esta vez levado a cabo polo irlandés William Hamilton, que disparou unha pistola cargada con pólvora contra a carruaxe de Vitoria cando esta pasaba por Constitution Hill en Londres.[84] En 1850 a raíña foi ferida ao ser atacada por Robert Pate, un antigo oficial do exército, posiblemente tolo. Mentres Vitoria estaba na carruaxe, Pate alcanzouna cunha bengala, destruíndo o chapeu e deixándolle manchas negras na cara. Tanto Hamilton como Pate foron condenados a pasar sete anos nas colonias británicas.[85]

O apoio que Melbourne tiña no parlamento se debilitou ao longo dos anos de reinado de Vitoria e, nas eleccións de 1841, os whigs saíron derrotados. Robert Peel converteuse no novo primeiro ministro e as damas de compañía que estaban relacionadas cos conservadores foron substituídas.[86]

En 1845 Irlanda foi golpeada pola devastación dos cultivos de pataca;[87] en catro anos, esta praga custou as vidas dun millón de irlandeses e a emigración doutro millón.[88] En resposta á chamada Fame da Pataca Irlandesa (An Gorta Mor), a raíña doou persoalmente 2000 libras, unha contía superior a calquera doazón feita por un só individuo,[89] e apoiou o crédito Maynooth a un seminario católico en Irlanda, malia a oposición por parte dos protestantes.[90] Con todo, Vitoria foi coñecida como a «raíña da Fame».[91] De feito, a finais do século XIX contábanse historias falsas que dicían que doaba apenas 5 libras para aliviar a fame e que era a mesma cantidade que doaba para un refuxio de animais.[92]

 
A primeira fotografía coñecida da raíña Vitoria, realizada en 1844, coa súa filla máis vella.

O goberno de Peel viuse pronto envolvido nunha crise debido ás Leis do Gran. Moitos tories -para entón coñecidos tamén como conservadores- opuxéronse á abrogación, pero algúns deles e a maioría dos whigs apoiárona. Peel dimitiu en 1846, despois de que a abrogación fose aprobada por unha estreita marxe, e foi substituído por lord John Russell.[93]

A nivel internacional, Vitoria centrouse na mellora da relacións entre Francia e o Reino Unido.[94] Visitou e recibiu moitas veces á familia real francesa, os Orleáns, algúns dos cales eran parentes dos Coburgo por matrimonio. En 1843 e 1845, Vitoria e Alberte hospedáronse no castelo de Eu co rei Lois Filipe I de Francia. Vitoria foi a primeira monarca británica en visitar a un monarca francés desde o encontro no Campo da tea de ouro en 1520.[95] Cando Luís Filipe os visitou en 1844, converteuse igualmente no primeiro soberano francés en visitar a un soberano británico.[96] Luís Filipe foi deposto pola revolución de 1848 e partiu ao exilio a Inglaterra.[97] No punto máis álxido da onda revolucionaria no Reino Unido en abril de 1848, Vitoria e a súa familia cambiaron Londres pola seguridade de Osborne House,[98] unha propiedade privada na illa de Wight que a raíña comprara en 1845 e reformado.[99] As manifestacións dos cartistas e dos nacionalistas irlandeses non conseguiron apoios a nivel nacional e as perturbacións diluíronse sen maiores problemas. A primeira visita da raíña a Irlanda en 1849 foi un éxito, pero non tivo ningún impacto duradeiro no crecemento do nacionalismo irlandés.[100]

O goberno de Russell, aínda que whig, non foi favorecido pola raíña.[101] Particularmente ofensivo para Vitoria era o ministro de Asuntos Exteriores, lord Palmerston, que actuaba a miúdo sen consultar ao Gabinete, ao primeiro ministro ou á raíña.[102] En 1849, Vitoria introduciu no parlamento unha queixa, apoiada por Russell, alegando que Palmerston enviara despachos oficiais aos líderes estranxeiros sen o seu consentimento, pero este continuou no seu posto e seguiu actuando por iniciativa propia, malia as repetidas chamadas de atención da raíña. Non foi ata 1851 que Palmerston foi relevado do seu cargo; naquela ocasión anunciara a aprobación do Goberno británico ao golpe de Estado do presidente Luís-Napoleón Bonaparte en Francia sen consultar previamente ao primeiro ministro.[103] O ano seguinte, o presidente Bonaparte converteuse no emperador Napoleón III, cando a administración Russell fora substituída polo goberno minoritario de curta duración liderado por Edward Smith-Stanley, 14º conde de Derby.

En 1853 Vitoria deu a luz ao seu oitavo fillo, Leopoldo, coa axuda dun novo anestésico, o cloroformo. Vitoria quedou tan impresionada co alivio que o volveu a usar en 1857 no parto da súa última filla, Beatriz, malia que moitos membros do clero opuxéronse ao considerar que ía en contra dos ensinos da Biblia e de que algúns membros da comunidade médica consideráseno un medicamento moi perigoso.[104] Vitoria puido sufrir depresión posparto tras moitos dos seus embarazos.[105] Existen cartas escritas por Alberte a Vitoria onde se queixaba da súa falta de autocontrol: por exemplo, preto dun mes despois do nacemento de Leopoldo, Alberte queixouse por carta da «histeria continua» que padecía Vitoria debido a «calquera asunto sen importancia».[106]

 
Vitoria en 1860.

A principios de 1855 o goberno de Aberdeen, que substituíra ao de Derby, foi criticado polo mal uso das tropas británicas durante a Guerra de Crimea e caeu. Vitoria falou con Derby e Russell para formar un novo goberno, pero ningún dos dous tivo apoio suficiente e Vitoria tivo que nomear a Palmerston como novo primeiro ministro.[107]

Napoleón III, que desde a guerra de Crimea converteuse no maior aliado británico,[108] visitou Londres en abril de 1855 e entre o 17 e o 28 de agosto dese mesmo ano, Vitoria e Alberte devolvéronlle a visita.[109] Napoleón atopouse coa parella en Dunkerque e acompañounos a París. Visitaron a Exposición Universal (sucesora da Grande Exposición organizada polo príncipe Alberte en Londres en 1851) e a sepultura de Napoleón en Os Inválidos (na cal foran colocados os seus restos mortais en 1840), e foron invitados de honor nun baile con 1200 invitados no palacio de Versalles.[110]

O 14 de xaneiro de 1858 un refuxiado italiano que vivía en Gran Bretaña intentou asasinar a Napoleón III cunha bomba fabricada en Inglaterra.[111] Isto provocou unha crise diplomática que desestabilizou o goberno e fixo que Palmerston dimitise. Derby volveu ser primeiro ministro.[112] Vitoria e Alberte estiveron presentes na apertura dunha nova base no porto militar francés de Cherburgo o 5 de agosto de 1858, un intento por parte de Napoleón para asegurar a Gran Bretaña que o seu armamento estaba dirixido cara a outro lugar. Cando regresou a Inglaterra, Vitoria escribiu a Derby e reprendeulle polo débil estado da mariña real británica en comparación coa francesa.[113]

Once días despois do intento de asasinato en Francia, a filla máis vella de Vitoria casou co príncipe Frederico de Prusia en Londres. Estaban prometidos desde 1855, cando a princesa real só contaba con 14 anos. O matrimonio foi atrasado pola raíña e polo príncipe ata que esta cumprise 17.[114] A raíña e o príncipe Alberte esperaban que a súa filla e a súa ierno fosen responsables da liberalización do crecente reino prusiano.[115] Vitoria sentiu «unha dor no corazón» ao ver á súa filla deixar Inglaterra para vivir en Alemaña. «Fai que me arrepinta», escribiulle nunha das súas frecuentes cartas, «cando vexo ás túas irmás, tan doces, tan felices e penso que as vou a ter que deixar marchar unha a unha».[116] Case un ano despois, a princesa Vitoria deu a luz ao primeiro neto da raíña Vitoria, o futuro káiser Guillerme II de Alemaña.

Viuvez

editar
 
Vitoria e Alberte en 1861, poucos meses antes da morte do príncipe consorte.

En marzo de 1861, a nai de Vitoria morreu ao seu lado. Cando leu os documentos que lle deixou, Vitoria comprendeu que a súa nai quíxoa profundamente.[117] A raíña quedou esnaquizada e culpou a Conroy e a Lehzen por habela afastado dela «maliciosamente».[118] Para distraer á súa esposa durante este período de sufrimento intenso,[119] Alberte substituíuna na maioría dos seus deberes malia que el tiña problemas crónicos no estómago.[120] En agosto, Vitoria e Alberte visitaron o seu fillo, o príncipe Eduardo de Gales, que estaba participando nunhas manobras do exército en Dublín, e pasaron algúns días en Killarney. En novembro, Alberte soubo da existencia duns rumores de que Eduardo durmira cunha actriz en Irlanda.[121] Arrepiado, foi ata Cambridge, onde o seu fillo estaba estudando, e encarouse con el.[122] A principios de decembro Alberte estaba moi doente,[123] e o doutor William Jenner lle diagnosticou febre tifoide. Morreu o 14 de decembro de 1861. A perda de quen fose o seu compañeiro, amigo e conselleiro devastou a Vitoria,[124] que mantivo desde entón un estado semipermanente de loito e usou a cor negra nos seus vestidos para o resto da súa vida. Evitou as aparicións públicas e de cando en cando puxo os pés en Londres durante os anos seguintes,[125] polo que se gañou con iso o alcumo da «Viúva de Windsor».[126] Vitoria considerou ao seu fillo, o príncipe de Gales, mozo indiscreto e frívolo, culpable da morte do seu pai.[127]

O illamento de Vitoria do público diminuíu en gran medida a popularidade da monarquía, e ata animou o crecemento do movemento republicano.[128] Aínda que cumpriu os seus deberes oficiais, non participou activamente no goberno, e permaneceu confinada nas súas residencias reais, como Balmoral en Escocia -que Alberte comprara en 1847-, Windsor e Osborne House, na illa de Wight. En marzo de 1864 un home colocou un cartel nas balaustradas do palacio de Buckingham no que dicía: «esta propiedade está á venda debido a creba do negocio do antigo ocupante».[129] O seu tío Leopoldo escribiulle para aconsellarlle que aparecese en público. A raíña estivo de acordo en aparecer nos xardíns da sociedade real de horticultura en Kensington e dar un paseo nun carro aberto por Londres.[130]

Ao longo da década de 1860, Vitoria comezou a confiar cada vez máis nun criado escocés, John Brown;[131] chegouse a alegar que entre eles houbo unha relación romántica e ata un matrimonio secreto, e algúns xornais empezaron a chamala «Mrs. Brown».[132] Existe tamén un cadro de Edwin Landseer que mostra á raíña e a Brown, e que se atopa exposto na Royal Academy. Vitoria publicou un libro chamado Leaves from the Journal of Our Life in the Highlands, que fala moito de Brown, e no que a raíña eloxia en gran medida ao seu criado.[133]

Namentres, unha das pezas máis importantes da lexislación do século XIX -o Acta de Reformas de 1867- foi aprobada polo parlamento. Esta reforma, que foi apoiada pola raíña, duplicaba o número de electores e estendía o dereito ao voto a diversos traballadores urbanos,[134] pero non ás mulleres.[135] Lord Palmerston opúxose totalmente á reforma electoral, pero o seu ministerio terminou coa súa morte en 1865. Lord Derby asumiu o cargo, sendo sucedido por Russell. Logo, Derby volveu ocupar o cargo de primeiro ministro,[136] e durante o seu ministerio aprobouse a acta de Reforma. En 1866 Vitoria estivo presente na primeira sesión do parlamento por primeira vez desde a morte de Alberte.[137] En 1868 Derby dimitiu e foi substituído polo conservador Benjamin Disraeli -posteriormente primeiro conde de Beaconsfield-, que encantou á raíña: «a todo o mundo gústanlle os eloxios», dicía, «pero cando unha persoa entra en contacto coa realeza, debe tomalos con pinzas».[138] Sempre saudaba á raíña coa frase «we authors, Ma'am» e a eloxiaba.[139] Con todo, o seu goberno apenas durou uns meses e foi substituído polo seu rival liberal William Ewart Gladstone. Fixéronse famosos os desacordos de Gladstone con Vitoria e Disraeli durante a súa carreira política. Ela comentou unha vez que cando el dirixíaselle era coma se estivesen nunha reunión pública.[140]

En 1870 o sentimento republicano británico alcanzou un punto álxido, alimentado polo illamento de Vitoria e pola creación da Terceira República Francesa.[141] Realizouse un mitin republicano en Trafalgar Square onde se esixiu a abdicación de Vitoria, e varios membros radicais do goberno criticárona.[142] Entre agosto e setembro de 1871 a raíña estaba gravemente doente debido a un absceso no brazo, que Joseph Lister conseguiu tratar con éxito grazas ao seu novo spray de acedo carbólico antiséptico.[143] A finais de novembro de 1871, no punto máis alto do movemento republicano, o príncipe de Gales contraeu febre tifoide, a mesma enfermidade que matara ao seu pai, e Vitoria temeu pola morte do seu fillo.[144] A medida que se achegaba o décimo aniversario da morte do seu marido, a saúde de Eduardo parecía non dar sinais de mellora e a preocupación de Vitoria continuou.[145] Para alegría de todos, Eduardo sobreviviu.[146] Nai e fillo estiveron presentes nun acto público en Londres e nun gran servizo de acción de grazas na catedral de San Paulo o 27 de febreiro de 1872. O sentimento republicano empezou a decaer.[147]

O último día de febreiro de 1872, dous días despois do servizo de acción de grazas, Arthur O'Connor -sobriño neto dun deputado irlandés- apuntou cunha pistola sen balas ao carruaxe aberto de Vitoria cando esta atravesaba as portas do palacio de Buckingham. Brown, que estaba á beira da raíña, atrapouno, e o pistoleiro foi condenado a doce meses de cárcere.[148] Grazas a este incidente, a popularidade da raíña aumentou aínda máis.[149]

Emperatriz da India

editar
 
Vitoria en 1897.

Trala rebelión dos sipaios en 1857, a Compañía Británica das Indias Orientais, que gobernara gran parte da India, foi disolta, e as posesións e protectorados británicos foron incorporados formalmente ao Raj Británico. A raíña tiña unha visión relativamente neutral sobre o conflito e condenou as atrocidades cometidas por ambos bandos.[150] Escribiu sobre o seu «sentimento de horror e arrepentimento polo resultado desta guerra civil sanguenta»,[151] e insistiu, incentivada por Alberte, que debía anunciar que a proclamación oficial afirmando a transferencia de poder da compañía ao Estado «debía mostrar un sentimento de xenerosidade, benevolencia e tolerancia relixiosa».[152] Por orde da raíña, unha referencia que ameazaba a «diminución das relixións nativas e dos seus costumes» foi substituída por un pasaxe que garantía a liberdade relixiosa.

Nas eleccións de 1874 Disraeli volveu ao poder, e o seu goberno aprobou unha lei de regulación de culto público que retiraba os rituais católicos da liturxia anglicana, lei que Vitoria apoiou:[153] a raíña prefería misas curtas e sinxelas, e gustáballe máis a doutrina da igrexa presbiteriana escocesa que a inglesa. Foi este primeiro ministro o que aprobou a lei que confería á raíña o título de «emperatriz da India» o 1 de maio de 1876.[154] O novo título foi proclamado no Delhi Durbar o 1 de xaneiro de 1877.[155]

O 14 de decembro de 1878, aniversario da morte de Alberte, a segunda filla de Vitoria, a princesa Alicia, que casou co gran duque Luís IV de Hesse-Darmstadt, morreu de difteria en Darmstadt. Vitoria atopou a coincidencia das datas «case incrible e moi misteriosa».[156] En maio de 1879 converteuse en bisavoa por primeira vez debido ao nacemento da princesa Feodora de Saxonia-Meiningen, filla da súa neta Carlota de Prusia.[157]

 
Medalla Emperatriz da India (1877)

Entre abril de 1877 e febreiro de 1878 Vitoria ameazou con abdicar do trono cinco veces para facer presión a Disraeli para que condenara ao Imperio ruso polas súas accións na guerra ruso-turca, pero as súas ameazas non tiveron ningún impacto nin acabaron co Congreso de Berlín.[158] A política exterior expansionista de Disraeli, que Vitoria apoiaba, iniciou conflitos como a guerra anglo-zulú e a segunda guerra anglo-afgá. «Si queremos manter a nosa posición como gran potencia», escribiu a raíña, «temos que estar preparados para ataques e guerras nun lugar ou outro continuamente». Vitoria vía a expansión do Imperio británico como civilizadora e beneficiosa, xa que protexía aos pobos nativos das potencias máis agresivas ou de gobernantes crueis: «non é costume noso anexionar países», dixo, «a non ser que nos vexamos obrigados ou forzados a facelo».[159] Para desalento de Vitoria, Disraeli perdeu as eleccións de 1880 e Gladstone volveu ao poder como primeiro ministro.[160] Cando Disraeli morreu ao ano seguinte, Vitoria chorou e mandou colocar unha placa na súa sepultura na que se podía ler: «colocada polo seu moi grata soberana e amiga, Vitoria, R.I.».[161]

Últimos anos

editar
 
Vitoria a cabalo. Ao lado o seu criado John Brown.

O 2 de marzo de 1882 Roderick Maclean, un recoñecido poeta que se sentía ofendido porque Vitoria negouse a ler un dos seus poemas,[162] disparou contra a raíña cando a súa carruaxe estaba saíndo da estación de trens de Windsor. Dous estudantes do colexio Eton golpeáronlle cos seus paraugas ata que o poeta foi detido pola policía.[163] Vitoria se enfureceu cando se decatou de que Maclean quedou en liberdade por tolemia,[164] pero alegrouse coas demostracións de lealdade despois do ataque, e chegou a afirmar que «valeu a pena ser disparada só para ver como se me quere».[165]

O 17 de marzo de 1883 Vitoria caeuse polas escaleiras en Windsor, o que provocou que estivese nunha cadeira de rodas ata xullo. A raíña nunca se recuperou completamente da caída e sufriu reumatismo ata o fin dos seus días.[166] John Brown morreu días despois do accidente e, para consternación do seu secretario privado, Henry Ponsonby, a raíña empezou a traballar nunha biografía laudatoria do seu fiel criado.[167] Ponsonby e Randall Davidson, decano de Windsor, que viran os primeiros esbozos, aconselláronlle a Vitoria que non publicase o traballo, xa que podería causar rumores de que os dous habían ter unha relación amorosa.[168] O manuscrito foi destruído.[169] A principios de 1884 Vitoria publicou o libro More Leaves from a Journal of a Life in the Highlands, unha secuela do seu primeiro libro, que dedicou ao seu «criado persoal, devoto e fiel amigo, John Brown».[170] Un día despois do aniversario da morte de Brown, Vitoria soubo mediante un telegrama que o seu fillo pequeno, Leopoldo, morrera en Cannes, vítima de hemofilia. Vitoria lamentou a morte daquel que era «o máis querido de entre os meus fillos».[171] Ao mes seguinte, a filla máis nova de Vitoria, Beatriz, coñeceu e namorouse do príncipe Henrique de Battenberg na voda da súa sobriña Vitoria de Hesse-Darmstadt co irmán máis vello do príncipe Lois de Battenberg. Beatriz e Henrique querían casar, pero nun primeiro momento Vitoria opúxose á unión, pois quería que Beatriz quedásese en casa con ela para facerlle compaña. Un ano despois cambiou de opinión, xa que Beatriz e Henrique prometeron que seguirían vivindo preto para facerlle compañía.[172]

Vitoria alegrouse cando Gladstone viuse obrigado a dimitir en 1885, tras non poder aprobar o seu orzamento.[173] A raíña pensaba que o seu goberno fora o «peor que había ter» e culpáballe da morte do xeneral Gordon en Jartum.[174] Gladstone foi substituído por lord Salisbury. Con todo, este goberno apenas durou uns meses, e Vitoria tivo que chamar novamente a Gladstone, a quen denominaba como «medio tolo e, en verdade, non é máis que un home ridículo de moitos xeitos».[175] Gladstone intentou aprobar unha lei que daba a Irlanda un goberno propio pero, para alegría de Vitoria, non foi aprobada.[176] Nas eleccións, o goberno Gladstone cedeu o poder a Salisbury.[177]

Xubileu de ouro

editar
 
Vitoria no seu Xubileu de ouro.

En 1887 o Reino Unido celebrou o Xubileu de ouro de Vitoria. A raíña celebrou o 20 de xuño de 1887 -o quincuaxésimo aniversario da súa ascensión ao trono- cun banquete, ao cal foron invitados cincuenta reis e príncipes europeos. Ao día seguinte, participou nun desfile que, en palabras de Mark Twain, «estendíase máis aló do límite da visión en ambas direccións» e estivo presente nunha misa de acción de grazas na abadía de Westminster.[178] A estas alturas, Vitoria era de novo extremadamente popular.[179] Dous días despois, o 23 de xuño,[180] contratou a dous hindús musulmáns para que fosen os seus criados. Un deles, Abdul Karim, foi ascendido a «Munshi» (mestre), ensinou á raíña hindi e urdú, e converteuse no seu «escriba».[181] A familia e os criados da raíña asustáronse e acusaron a Abdul Karim de ser un espía da Liga Musulmá, e intentaron poñer á raíña contra os hindús.[182] O cabaleirizo da raíña, Frederick Ponsonby -fillo de Henry, o secretario da raíña-, descubriu que Karim mentira sobre os seus pais e díxolle a lord Elgin, vicerrei da India, que «o indio ocupa o mesmo posto que ocupaba John Brown».[183] Vitoria ignorou as queixas, ao consideralas racistas.[184] Abdul Karim estivo coa raíña ata a morte desta, e despois volveu á India cunha pensión.[185]

 
Dobre soberano da serie de moedas do Xubileu de Ouro.

A filla máis vella de Vitoria converteuse en emperatriz consorte de Alemaña en 1888, pero enviuvou tres meses despois e o seu neto, Guillerme, converteuse en emperador de Alemaña co nome de Guillerme II. Co reinado de Guillerme, as esperanzas que Vitoria e Alberte tiñan postas para que Alemaña se liberalizase non se cumpriron, xa que este cría na autocracia. Vitoria pensaba que o seu neto tiña «pouco corazón ou tacto e [que] (...) a súa conciencia e intelixencia foran totalmente deformadas».[186]

Gladstone volveu ao poder unha vez máis en 1892, con 82 anos. Vitoria vetou o nomeamento do deputado radical Henry Labouchere para ocupar un sitio no goberno e Gladstone aceptouno.[187] En 1894 xubilouse e foi substituído polo liberal imperialista lord Rosebery. Rosebery foi sucedido por Salisbury en 1895, quen gobernou ata a morte de Vitoria.[188]

Xubileu de diamante

editar

O 22 de setembro de 1896 Vitoria excedeu ao seu avó Xurxo III como o monarca con máis tempo de reinado na historia inglesa, escocesa ou británica. De acordo a unha petición da raíña, todas as celebracións públicas especiais polo acontecemento foron atrasadas ata 1897, o ano en que se celebraba o xubileu de diamante de Vitoria.[189] O secretario de colonias, Joseph Chamberlain, propuxo que o xubileu fose un festival en todo o Imperio Británico.[190]

Así, invitaron aos primeiros ministros de todas as colonias autónomas xunto coas súas familias. O desfile no que participou a raíña por Londres fixo unha parada para realizar unha misa de acción de grazas ao aire libre xunto á catedral de San Paulo, durante a cal a raíña permaneceu sentada na súa carruaxe aberto. A celebración estivo marcada por mostras de afecto á raíña septuaxenaria.[191]

Vitoria visitaba Europa moitas veces en vacacións. En 1889, cando estaba en Biarritz, en Francia, converteuse na primeira soberana reinante que visitou España ao cruzar a fronteira para unha breve visita.[192] En abril de 1900, a segunda guerra dos Bóeres estaba sendo tan mal vista que se lle desaconsellou a súa viaxe anual a Francia. No canto diso, foi a Irlanda, por primeira vez desde 1861, en parte para agradecer a contribución dos rexementos irlandeses en Suráfrica.[193] En xullo, o seu segundo fillo, Alfredo, morreu: «Deus meu, o meu querido e pobre «Affie» morreu», escribiu no seu diario; «este está sendo un ano horrible, só hai tristeza e horror por todas partes».[194]

Morte e sucesión

editar
 
Estatua da raíña Vitoria en Glasgow.

Seguindo un costume que mantivo durante toda o seu viudez, Vitoria pasou o seu último Nadal en Osborne House -que o príncipe Alberte deseñara por si mesmo-, na illa de Wight. O reumatismo das súas pernas impedíalle andar e a súa visión estaba moi afectada polas cataratas.[195] A principios de xaneiro afirmou sentirse «mal e débil»,[196] e a mediados de mes escribiu no seu diario que se atopaba «somnolenta (...) mareada e confusa».[197] Morreu alí, debido á debilidade da súa saúde, o martes 22 de xaneiro de 1901, ás 6:30, con 81 anos. No seu leito de morte estaba acompañada polo seu fillo e futuro rei, Eduardo, e o seu neto maior, o emperador alemán Guillerme II.[198]

En 1897 Vitoria deixara escritas as instrucións para a súa funeral, que quería que fose militar, xa que era filla dun soldado e xefe do exército,[199] e que a cor dominante fose o branco e non o negro.[200] O 25 de xaneiro o rei Eduardo, o káiser Guillerme e o príncipe Artur axudaron a levar o ataúde.[201] A raíña estaba vestida co seu veo de noiva.[202] A petición súa, o médico e as criadas que a vestiron colocaron tamén varias fotografías e obxectos da súa numerosa familia e dos seus criados no ataúde. Así, colocaron unha camisa de durmir de Alberte ao seu lado xunto cun molde de xeso da súa man e unha fotografía e un mechón de pelo de John Brown que esconderon na parte esquerda, debaixo dun ramo de flores.[203] Varias xoias foron enterradas xunto con Vitoria, incluíndo a alianza da nai de John Brown que este lle deu en 1883. O seu funeral realizouse o sábado 2 de febreiro de 1901 na capela de San Xurxo do castelo de Windsor e, logo de dous días de velorio, foi enterrada xunto a Alberte no mausoleo de Frogmore, no gran parque de Windsor.[204] Cando foi enterrada, empezou a nevar.[205]

A morte de Vitoria supuxo o fin do poder da Casa de Hannover no Reino Unido. Como o seu marido pertencía á Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha o seu fillo e herdeiro, Eduardo VII, foi o primeiro monarca británico desta nova dinastía.[206]

Legado

editar
 
A raíña Vitoria, por Alexander Melville.

Segundo un dos seus biógrafos, Giles St. Aubyn, Vitoria escribiu unha media de 2500 palabras ao día durante a súa vida adulta.[207] Desde xullo de 1832 ata pouco antes da súa morte escribiu diarios con frecuencia e chegou a ter 122 volumes.[208] Trala morte de Vitoria, a súa filla Beatriz foi nomeada a súa executora literaria. A filla pequena da raíña transcribiu e editou os diarios a partir da súa chegada ao trono e queimou os orixinais.[209] Malia esta destrución, moitos dos diarios aínda existen. Ademais da copia editada de Beatriz, lord Esher transcribiu dous volumes de 1832 a 1861 antes de que Beatriz destruíseos.[210] Parte da extensa correspondencia de Vitoria foi publicada en varios volumes de diferentes autores.[211]

Vitoria estaba desproporcionada fisicamente: era corpulenta, pouco elegante e non medía máis dun metro e medio. Malia estes defectos, proxectou unha imaxe de grandeza.[212] Foi pouco popular durante os primeiros anos de viuvez, pero foi moi querida as décadas de 1880 e 1890, cando encarnou a figura do imperio, unha figura matriarcal benevolente.[213] Só coñeceuse a súa verdadeira influencia política despois de que se revelasen ao público os diarios e cartas.[214] Moitas biografías publicadas ata hoxe conclúen que Vitoria era emocional, obstinada, honesta e sincera.[215]

Ao longo do reinado de Vitoria continuou o establecemento gradual dunha monarquía constitucional moderna en Gran Bretaña. As reformas no sistema electoral aumentaron o poder do parlamento prexudicando aos nobres e á monarquía.[216] En 1867 Walter Bagehot escribiu que o monarca só tiña «o dereito a ser consultado, o dereito de animar e o dereito de avisar».[217] A medida que a monarquía de Vitoria volvíase máis simbólica que política, empezou a dar máis importancia á moralidade e aos valores familiares. Isto se contrapón aos escándalos financeiros, sexuais e persoais que se asociaban aos membros anteriores da casa de Hanóver, que habían desacreditado á monarquía. O concepto de «monarquía familia», co cal as clases medias podíanse identificar, se fortaleceu.[218]

Os lazos que Vitoria tiña coas familias reais europeas valéronlle o alcume de «a avoa de Europa».[219] Vitoria e Alberte tiveron 42 netos. Entre os seus descendentes inclúense a raíña Isabel II do Reino Unido; o seu marido, o príncipe Filipe; o rei Harald V de Noruega; o rei Carlos XVI Gustavo, a raíña Margarida II de Dinamarca; o rei Xoán Carlos I de España e a súa esposa Sofía de Grecia etc.

editar

A raíña Vitoria foi retratada en diversas películas, libros, revistas e outras publicacións. A primeira película foi Victoria, the Great, dirixida e producida por Herbert Wilcox, e a súa actriz protagonista foi a británica Anna Neagle. A película estreouse en 1937, ano da coroación do bisneto de Vitoria, o rei Xurxo VI, e serviu para conmemorar o centenario da coroación da raíña en 1837. Tivo tanto éxito que ao ano seguinte estreouse a secuela Sixty Glorious Years.[220]

Outra película moi coñecida sobre a vida de Vitoria estreouse en 1950, The Mudlark. Tiña a Irene Dunne como protagonista e era unha versión alternativa aos anos de loito da raíña.[221] En 1954 o director austríaco Ernst Marischka rodaría con Romy Schneider The youth of a Queen, precursora da saga de Sissi. En 1997, Judi Dench e Billy Connolly protagonizaron a película Mrs. Brown sobre a relación da raíña co seu criado escocés, John Brown. A película foi moi aclamada pola crítica e valeulle a Dench un nomeamento ao Oscar.[222] En 2001, a BBC estreou unha serie de dous episodios titulada Vitoria & Albert protagonizada por Vitoria Hamilton e Jonathan Firth, que retrataba a vida de Vitoria desde a súa infancia ata a morte de Alberte en 1861.[223]

Máis recentemente, en 2009, Emily Blunt e Rupert Friend protagonizaron a película The Young Vitoria, unha versión romántica da vida da parella real, aclamada pola crítica e que recibiu varias nominaciones para os Óscars e para os Globos de Ouro, incluíndo mellor actriz dramática para Emily Blunt (nos Globos de Ouro), mellor dirección artística, mellor maquillaje e vestiario (polo que conseguiu o Óscar).[224]

Títulos

editar

Ascendentes

editar
  1. Dulcie M. Ashdown, Victoria and the Coburgs (Londres, U.K.: Robert Hale, 1981), páx. 38. (en inglés)
  2. Hugh Montgomery-Massingberd (editor), Burke's Royal Families of the World, Volumem 1: Europe & Latin America (Londres, U.K.: Burke's Peerage Ltd, 1977), páx. 40 (en inglés)
  3. Williams, Kate (2008). Becoming Queen Victoria. Nueva York: Ballantine Books. ISBN 978-0-345-46195-7. páx. 24. (en inglés)
  4. Alison Weir, Britain's Royal Family: A Complete Genealogy (Londres, U.K.: The Bodley Head, 1999), páx. 286. (en inglés)
  5. 5,0 5,1 Van Der Kiste, John, Childhood at Court 1819-1914, Sutton Publishing, 1995, páx. 2. (en inglés)
  6. Alison Weir, Britain's Royal Family: A Complete Genealogy (Londres, U.K.: The Bodley Head, 1999), páx. 302. (en inglés)
  7. Ziegler, Philip (1971). King William IV. Londres: Collins. ISBN 0-00-211934-X, pp.126–127 (en inglés)
  8. 8,0 8,1 8,2 Van Der Kiste, John, Childhood at Court 1819-1914, Sutton Publishing, 1995, páx. 2 (en inglés)
  9. Hibbert, pp. 3–12; Strachey, pp. 1–17; Woodham-Smith, pp. 15–29
  10. Hibbert, pp. 12-13; Woodham-Smith, pp. 34-35
  11. Longford, p. 24
  12. Hibbert, p. 31; St Aubyn, p. 26; Woodham-Smith, p. 81
  13. Hibbert, p. 46; Longford, p. 54; St Aubyn, p. 50; Waller, p. 344; Woodham-Smith, p. 126
  14. Hibbert, p. 19; Marshall, p. 25
  15. Hibbert, p. 27; Longford, pp. 35–38, 118–119; St Aubyn, pp. 21–22; Woodham-Smith, pp. 70–72
  16. Hibbert, pp. 27–28; Waller, pp. 341–342; Woodham-Smith, pp. 63–65
  17. Hibbert, pp. 32–33; Longford, pp. 38–39, 55; Marshall, p. 19
  18. Lacey, Robert (2006) Great Tales from English History, Volume 3, Londres: Little, Brown, and Company, ISBN 0-316-11459-6, pp. 133–136
  19. Waller, pp. 338–341; Woodham-Smith, pp. 68–69, 91
  20. Hibbert, p. 18; Longford, p. 31; Woodham-Smith, pp. 74–75
  21. Longford, p. 31; Woodham-Smith, p. 75
  22. Hibbert, pp. 34-35
  23. Hibbert, pp. 35-39; Woodham-Smith, pp. 88-89, 102
  24. Hibbert, p. 36; Woodham-Smith, pp. 89-90
  25. Hibbert, pp. 35-40; Woodham-Smith, pp. 92, 102
  26. Hibbert, pp. 38-39; Longford, p. 47; Woodham-Smith, pp. 101-102
  27. Hibbert, p. 42; Woodham-Smith, p. 105
  28. Hibbert, p. 42; Longford, pp. 47?48; Marshall, p. 21
  29. Hibbert, pp. 42, 50; Woodham-Smith, p. 135
  30. Marshall, p. 46; St Aubyn, p. 67; Waller, p. 353
  31. Longford, pp. 29, 51; Waller, p. 363; Weintraub, pp. 43-49
  32. Longford, p. 51; Weintraub, pp. 43-49
  33. Longford, pp. 51?52; St Aubyn, p. 43; Weintraub, pp. 43?49; Woodham-Smith, p. 117
  34. Weintraub, pp. 43-49
  35. Weintraub, p. 49 e Marshall, p. 27
  36. Hibbert, p. 99; St Aubyn, p. 43; Weintraub, p. 49 e Woodham-Smith, p. 119
  37. St Aubyn, p. 36 e Woodham-Smith, p. 104
  38. Hibbert, p. 102; Marshall, p. 60; Waller, p. 363; Weintraub, p. 51; Woodham-Smith, p. 122
  39. Waller, pp. 363-364; Weintraub, pp. 53, 58, 64, e 65
  40. St Aubyn, pp. 55-57; Woodham-Smith, p. 138
  41. Woodham-Smith, p. 140
  42. Packard, pp. 14-15
  43. Hibbert, pp. 66-69; St Aubyn, p. 76; Woodham-Smith, pp. 143-147
  44. Greville citado en Hibbert, p. 67; Longford, p. 70 e Woodham-Smith, p. 143-144
  45. St Aubyn, p. 69; Waller, p. 353
  46. Hibbert, p. 58; Longford, pp. 73-74; Woodham-Smith, p. 152
  47. Marshall, p. 42; St Aubyn, pp. 63, 96
  48. Marshall, p. 47; Waller, p. 356; Woodham-Smith, pp. 164-166
  49. Hibbert, pp. 77?78; Longford, p. 97; St Aubyn, p. 97; Waller, p. 357; Woodham-Smith, p. 164
  50. Woodham-Smith, p. 162
  51. St Aubyn, p. 96; Woodham-Smith, pp. 162, 165
  52. Hibbert, p. 79; Longford, p. 98; St Aubyn, p. 99; Woodham-Smith, p. 167
  53. Hibbert, pp. 80?81; Longford, pp. 102?103; St Aubyn, pp. 101?102
  54. Longford, p. 122; Marshall, p. 57; St Aubyn, p. 104; Woodham-Smith, p. 180
  55. Hibbert, p. 83; Longford, pp. 120-121; Marshall, p. 57; St Aubyn, p. 105; Waller, p. 358
  56. St Aubyn, p. 107; Woodham-Smith, p. 169
  57. Hibbert, pp. 94?96; Marshall, pp. 53?57; St Aubyn, pp. 109?112; Waller, pp. 359?361; Woodham-Smith, pp. 170?174
  58. Longford, p. 84; Marshall, p. 52
  59. Longford, p. 72; Waller, p. 353
  60. Woodham-Smith, p. 175
  61. Hibbert, pp. 103?104; Marshall, pp. 60?66; Weintraub, p. 62
  62. Hibbert, pp. 107-110; St Aubyn, pp. 129-132; Weintraub, pp. 77-81; Woodham-Smith, pp. 182-184, 187
  63. Hibbert, p. 123; Longford, p. 143; Woodham-Smith, p. 205
  64. St Aubyn, p. 151
  65. Hibbert, p. 265, Woodham-Smith, p. 256
  66. Marshall, p. 152; St Aubyn, pp. 174?175; Woodham-Smith, p. 412
  67. Carlos Ivorra. "El Imperio británico". Universidad de Valencia. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  68. Hibbert, pp. 421-422; St Aubyn, pp. 160-161
  69. Woodham-Smith, p. 213
  70. Hibbert, pp. 130; Longford, p. 154; Marshall, p. 122; St Aubyn, p. 159; Woodham-Smith, p. 220
  71. Hibbert, p. 149; St Aubyn, p. 169
  72. Hibbert, p. 149; Longford, p. 154; Marshall, p. 123; Waller, p. 377
  73. Woodham-Smith, p. 100
  74. Longford, p. 56; St Aubyn, p. 29
  75. Hibbert, pp. 150?156; Marshall, p. 87; St Aubyn, pp. 171-173; Woodham-Smith, pp. 230-232
  76. Marlene A. Eilers, Queen Victoria's Descendants (Baltimore, Maryland: Genealogical Publishing Co., 1987), pág. 147.
  77. Rogaev, Evgeny I. et a o. (2009) "Genotype Analysis Identifies the Cause of the 'Royal Disease'", Science, vol. 326, non. 5954, p. 817,
  78. Potts and Potts, pp. 55?65, citado en Hibbert p. 217; Packard, pp. 42-43
  79. Jones, Steve (1996) In the Blood, BBC documentary
  80. McKusick, Victor A. (1965) "The Royal Hemophilia", Scientific American, vol. 213, p. 91; Jones, Steve (1993) The Language of the Xenes, Londres: HarperCollins, ISBN 0-00-255020-2, p. 69; Jones, Steve (1996) In The Blood: God, Xenes and Destiny, Londres: HarperCollins, ISBN 0-00-255511-5, p. 270; Rushton, Alan R. (2008) Royal Maladies: Inherited Diseases in the Royal Houses of Europe, Vitoria, Colúmbia Britânica: Trafford, ISBN 1-4251-6810-8, pp. 31?32
  81. Hemophilia B (Factor IX), National Hemophilia Foundation.
  82. Hibbert, pp. 422?423; St Aubyn, pp. 162-163
  83. Hibbert, p. 423; St Aubyn, p. 163
  84. Longford, p. 192
  85. St Aubyn, p. 164
  86. Marshall, pp. 95-101; St Aubyn, pp. 153?155; Woodham-Smith, pp. 221-222
  87. Woodham-Smith, p. 281
  88. Longford, p. 359
  89. Kinealy, Christine, Private Responses to the Famine Arquivado 06 de abril de 2013 en Wayback Machine., University College Cork (en inglés)
  90. Longford, p. 181
  91. "Famine Queen row in Irish port", BBC News, 15 de abril de 2003. (en inglés)
  92. Kenny, Mary (2009) Crown and Shamrock: Love and Hate Between Ireland and the British Monarchy, Dublín: New Island, ISBN 1-905494-98-X
  93. St Aubyn, p. 215
  94. St Aubyn, p. 238
  95. Longford, pp. 175, 187; St Aubyn, pp. 238, 241; Woodham-Smith, pp. 242, 250
  96. Woodham-Smith, p. 248
  97. Hibbert, p. 198; Longford, p. 194; St Aubyn, p. 243; Woodham-Smith, pp. 282-284
  98. Hibbert, pp. 201-202; Marshall, p. 139; St Aubyn, pp. 222-223; Woodham-Smith, pp. 287-290
  99. Hibbert, pp. 161-164; Marshall, p. 129; St Aubyn, pp. 186-190; Woodham-Smith, pp. 274-276
  100. Longford, p. 191; Woodham-Smith, p. 297
  101. St Aubyn, p. 216
  102. Hibbert, pp. 196-198; St Aubyn, p. 244; Woodham-Smith, pp. 298-307
  103. Hibbert, pp. 204-209; Marshall, pp. 108-109; St Aubyn, pp. 244-254; Woodham-Smith, pp. 298-307
  104. Hibbert, pp. 216-217; St Aubyn, pp. 257-258
  105. Matthew, H. C. G.; Reynolds, K. D. (2004; edición online de Outubro de 2009) "Vitoria (1819-1901)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press
  106. Hibbert, pp. 217?220; Woodham-Smith, pp. 328?331
  107. Hibbert, pp. 227-228; Longford, pp. 245-246; St Aubyn, p. 297; Woodham-Smith, pp. 354-355
  108. Reynolds, K. D. (2004; edición online de outubro de 2009) "Vitoria (1819?1901)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press
  109. Woodham-Smith, pp. 357-360
  110. 1855 visit of Queen Victoria, Château de Versailles Arquivado 28 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en francés).
  111. Hibbert, pp. 241-242; Longford, pp. 280-281; St Aubyn, p. 304; Woodham-Smith, p. 391
  112. Hibbert, p. 242; Longford, p. 281; Marshall, p. 117
  113. «Napoleon III Receiving Queen Victoria at Cherbourg» Arquivado 09 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés), 5 de agosto de 1858, National Maritime Museum.
  114. Longford, pp. 259-260; Weintraub, pp. 326 ff.
  115. Longford, p. 263; Weintraub, pp. 326, 330
  116. Hibbert, p. 244
  117. Hibbert, p. 267; Longford, pp. 118, 290; St Aubyn, p. 319; Woodham-Smith, p. 412
  118. Hibbert, p. 267; Marshall, p. 152; Woodham-Smith, p. 412
  119. Hibbert, pp. 265-267; St Aubyn, p. 318; Woodham-Smith, pp. 412-413
  120. Waller, p. 393; Weintraub, p. 401
  121. Hibbert, p. 274; Longford, p. 293; St Aubyn, p. 324; Woodham-Smith, p. 417
  122. Longford, p. 293; Marshall, p. 153; Strachey, p. 214
  123. Hibbert, pp. 276-279; St Aubyn, p. 325; Woodham-Smith, pp. 422-423
  124. Hibbert, pp. 280-292; Marshall, p. 154
  125. St Aubyn, p. 343
  126. e.g. Strachey, p. 306
  127. Hibbert, p. 299; St Aubyn, p. 346
  128. Marshall, pp. 170?172; St Aubyn, p. 385
  129. Hibbert, p. 310; Longford, p. 321; St Aubyn, pp. 343-344; Waller, p. 404
  130. Hibbert, p. 310; Longford, p. 322
  131. Hibbert, pp. 323-324; Marshall, pp. 168-169; St Aubyn, p. 356-362
  132. Hibbert, pp. 321-322; Longford, pp. 327-328; Marshall, p. 170
  133. Hibbert, p. 329; St Aubyn, pp. 361-362
  134. St Aubyn, pp. 374-375
  135. Marshall, p. 199; Strachey, p. 299
  136. General Election Results 1885-1979 Arquivado 30 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. United Kingdom Election Results (www.election.demon.co.uk), Visitado el 27 de xuño de 2012. (en inglés)
  137. Hibbert, pp. 311-312; Longford, p. 347; St Aubyn, p. 369
  138. Hibbert, p. 318; Longford, p. 401; St Aubyn, p. 427; Strachey, p. 254
  139. Buckle, George Earle; Monypenny, W. F. (1910?20) The Life of Benjamin Disraeli, Earl of Beaconsfield, vol. 5, p. 49,
  140. Hibbert, p. 320; Strachey, pp. 246-247
  141. Longford, p. 381; St Aubyn, pp. 385-386; Strachey, p. 248
  142. St Aubyn, pp. 385-386; Strachey, pp. 248-250
  143. Longford, p. 385
  144. Hibbert, p. 343
  145. Hibbert, pp. 343-344; Longford, p. 389; Marshall, p. 173
  146. Hibbert, pp. 344-345
  147. Hibbert, p. 345; Longford, pp. 390-391; Marshall, p. 176; St Aubyn, p. 388
  148. Hibbert, pp. 426-427; St Aubyn, pp. 388-389
  149. Hibbert, p. 427; Marshall, p. 176; St Aubyn, p. 389
  150. Hibbert, pp. 249-250; Woodham-Smith, pp. 384-385
  151. Woodham-Smith, p. 386
  152. Hibbert, p. 251; Woodham-Smith, p. 386
  153. Hibbert, p. 361; Longford, p. 402; Marshall, pp. 180-184; Waller, p. 423
  154. Hibbert, p. 361; Longford, pp. 405-406; Marshall, p. 184; St Aubyn, p. 434; Waller, p. 426
  155. Waller, p. 427
  156. Longford, p. 425
  157. Longford, p. 426
  158. Longford, pp. 412-413
  159. Longford, p. 411
  160. Hibbert, pp. 367-368; Longford, p. 429; Marshall, p. 186; St Aubyn, pp. 442-444; Waller, pp. 428-429
  161. Longford, p. 437
  162. Hibbert, p. 420; St Aubyn, p. 422
  163. Hibbert, p. 420; St Aubyn, p. 421
  164. Hibbert, pp. 420-421; St Aubyn, p. 422; Strachey, p. 278
  165. Hibbert, p. 427; Longford, p. 446; St Aubyn, p. 421
  166. Longford, pp. 451-452
  167. Longford, p. 454; St Aubyn, p. 425; Hibbert, p. 443
  168. Hibbert, pp. 443-444; St Aubyn, pp. 425-426
  169. Hibbert, pp. 443-444; Longford, p. 455
  170. Hibbert, p. 444; St Aubyn, p. 424; Waller, p. 413
  171. Longford, p. 461
  172. Longford, pp. 477-478
  173. Hibbert, p. 373; St Aubyn, p. 458
  174. Waller, p. 433; véxase tamén Hibbert, pp. 370-371 e Marshall, pp. 191-193
  175. Hibbert, p. 373; Longford, p. 484
  176. Hibbert, p. 374; Longford, p. 491; Marshall, p. 196; St Aubyn, pp. 460-461
  177. # F. W. S. Craig, British Electoral Facts: 1832-1987
  178. Queen Vitoria, Royal Household
  179. Marshall, pp. 210-211; St Aubyn, pp. 491-493
  180. Longford, p. 502
  181. Hibbert, pp. 447-448; Longford, p. 508; St Aubyn, p. 502; Waller, p. 441
  182. Hibbert, pp. 448-449
  183. Hibbert, pp. 449-451
  184. Hibbert, p. 447; Longford, p. 539; St Aubyn, p. 503; Waller, p. 442
  185. Hibbert, p. 454
  186. Hibbert, p. 382
  187. Hibbert, p. 375; Longford, p. 519
  188. Hibbert, p. 377
  189. Hibbert, p. 456
  190. Longford, p. 546; St Aubyn, pp. 545-546
  191. Hibbert, pp. 457-458; Marshall, pp. 206-207, 211; St Aubyn, pp. 546-548
  192. Hibbert, p. 436; St Aubyn, p. 508
  193. Hibbert, pp. 437?438; Longford, pp. 554-555; St Aubyn, p. 555
  194. Longford, p. 558
  195. Hibbert, pp. 464-466, 488-489; Strachey, p. 308; Waller, p. 442
  196. Hibbert, p. 492; Longford, p. 559 e St Aubyn, p. 592
  197. Hibbert, p. 492
  198. Longford, p. 561; St Aubyn, p. 598
  199. Matthew, H. C. G.; Reynolds, K. D. (2004; edición en liña outubro de 2009) "Vitoria (1819-1901)" (en inglés)
  200. Hibbert, p. 497; Longford, p. 563
  201. St Aubyn, p. 598
  202. Longford, p. 563
  203. Hibbert, p. 498
  204. "Queen Vitoria". findagrave.com (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2012. 
  205. Longford, p. 565; St Aubyn, p. 600
  206. "The Official Website of the British Royal Family - Saxe-Coburg-Gotha", Visitado el 28 de junio de 2012 (en inglés)
  207. Hibbert, p. xv; St Aubyn, p. 340
  208. St Aubyn, p. 30; Woodham-Smith, p. 87
  209. Hibbert, pp. 503-504; St Aubyn, p. 30; Woodham-Smith, pp. 88, 436-437
  210. Hibbert, p. 503
  211. Hibbert, pp. 503?504; St Aubyn, p. 624
  212. Hibbert, pp. 61-62; Longford, pp. 89, 253; St Aubyn, pp. 48, 63-64
  213. Marshall, p. 210; Waller, pp. 419, 434-435, 443
  214. Waller, p. 439
  215. e.g. Hibbert, p. 352; Strachey, p. 304; Woodham-Smith, p. 431
  216. Waller, p. 429
  217. Bagehot, Walter (1867) The English Constitution, Londres:Chapman and Hall, p. 103
  218. St Aubyn, pp. 602?603; Strachey, pp. 303?304; Waller, pp. 366, 372, 434
  219. Erickson, Carolly (1997) Her Little Majesty: The Life of Queen Vitoria, Nova York: Simon & Schuster, ISBN 0-7432-3657-2
  220. Jerry Vermilye, The Great British Films, pp. 39-41, 1978, Citadel Press, ISBN 0-8065-0661-X
  221. "The Mudlark" Arquivado 07 de maio de 2011 en Wayback Machine., IMDb. Consultado el 28 de xuño de 2012
  222. Mrs. Brown Arquivado 15 de agosto de 2011 en Wayback Machine.. IMDb. Consultado el 28 de xuño de 2012
  223. "Eras of Elegance - Victoria and Albert (2001)" Arquivado 10 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado el 28 de xuño de 2012 (en inglés).
  224. "The Young Victoria" Arquivado 06 de novembro de 2012 en Wayback Machine., IMDb. Consultado el 28 de xuño de 2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
Predecesor:
Guillerme IV
 
Raíña do Reino Unido e os seus Dominios de Ultramar

18371901
Sucesor:
Eduardo VII
Predecesor:
Ningún
(Título de nova creación)
 
Emperatriz da India

18771901
Sucesor:
Eduardo VII