Guillerme IV do Reino Unido
Guillerme IV do Reino Unido, membro da da Casa de Hannover, nado o 21 de agosto de 1765 e finado o 20 de xuño de 1837, foi Rei do Reino Unido e de Hannover de 1830 até 1837.
Traxectoria
editarSucedeu ao seu irmán, o rei Xurxo IV. Guillerme era fillo do rei Xurxo III e de Carlota de Mecklemburgo-Strelitz. Antes de subir ao trono serviu na mariña durante a guerra de independencia dos Estados Unidos de América e foi Duque de Clarence.
En xullo de 1818, casou coa princesa Adelaide de Saxe-Meiningen para garantir a sucesión de Xurxo IV, despois da morte da súa sobriña en 1817. Deste casamento, naceron só dúas fillas, que morreron na infancia, e Guillerme IV foi sucedido por outra sobriña, a Raíña Vitoria. En Hannover, foi sucedido por Ernesto Augusto I de Hannover, o seu irmán.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |