William Ewart Gladstone

William Ewart Gladstone, nado en Liverpool o 29 de decembro de 1809 e finado en Hawarden o 19 de maio de 1898, foi un político liberal británico. Primeiro foi membro da Cámara dos Comúns e despois ocupou varios cargos no goberno. Foi líder do Partido Liberal nos períodos de 1866-1875 e 1880-1894, e chegou a ser Primeiro Ministro do Reino Unido en catro ocasións: de 1868 a 1874, de 1880 a 1885, en 1886, e de 1892 a 1894.

William Ewart Gladstone
William Ewart Gladstone, 1892 (cropped).jpg
Nacemento29 de decembro de 1809
 Liverpool e 62 Rodney Street, Liverpool
Falecemento19 de maio de 1898
 Hawarden Castle
SoterradoAbadía de Westminster
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
EtniaPobo inglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterChrist Church College e Eton College
Ocupaciónpolítico, diplomático e estatístico
PaiSir John Gladstone, 1st Baronet
NaiAnne MacKenzie Robertson
CónxuxeCatherine Gladstone
FillosWilliam Henry Gladstone, Mary Gladstone, Henry Gladstone, 1st Baron Gladstone of Hawarden, Herbert Gladstone, 1st Viscount Gladstone, Helen Gladstone, Agnes Gladstone, Stephen Edward Gladstone e Catherine Jessy Gladstone
IrmánsJohn Gladstone
Premiosmembro da Royal Society
William Ewart Gladstone Signature 2.svg
editar datos en Wikidata ]

Foi un dos estadistas máis célebres da época vitoriana, rival de Disraeli, e aínda está considerado un dos máis importantes primeiros ministros que tivo o Reino Unido;[1][2][3][4] Winston Churchill citábao como inspirador.

TraxectoriaEditar

Gladstone procedía dunha familia adiñeirada, o que lle permitiu educarse no Eton College e en Oxford. Os seus primeiros pasos na política deunos en 1832 como deputado do partido conservador, entón chamado Partido Tory, no goberno bipartidista durante a época vitoriana, mais anos máis tarde deixou de ser conservador para unirse ao liberalismo (Whig), situándose a favor do libre cambio e achegándose máis á Igrexa.

De 1843 a 1845 foi ministro de comercio, e de 1845 a 1846 ministro das Colonias durante o mandato de Robert Peel, o líder da ala liberal dos conservadores. Trala morte deste, chegou a ser ministro de facenda e aproveitou para impulsar a liberación do comercio exterior durante os gobernos de Aberdeen, de 1852 a 1855, e Palmerston, de 1859 a 1865. Ese ano foi determinante para a historia política británica, xa que trala morte de Palmerston se produciu un realiñamento de partidos, fusionándose o Tory e o Whig ao Partido Liberal, e sobre todo, polo definitivo paso de Gladstone como esquerdista, ao converterse no líder de devandito partido. En 1868 convirteuse en primeiro ministro, cargo que ocupou ata 1874. Dende 1880 a 1885 volveu encabezar o gabinete, repetindo en 1886 e dende 1892 a 1894. Entre os seus labores máis importantes destacou a reapertura do exército e das universidades, suprimindo prexuízos relixiosos e privilexios económicos. Tamén estendeu o sistema de oposicións para o acceso á función pública, formou o sistema educativo, e en 1872 introduciu o voto secreto.

A crise agrícola de finais do século XIX levouno a aceptar a adquisición forzosa de novos mercados, tendo que ir en contra das súas ideas contrarias ao imperialismo.[5] Isto foi o que provocou a ocupación de Exipto en 1882 e a entrada no Sudán en 1885.

Ditou as Leis da Terra (1870 e 1881) e a Lei de prevención de crimes de 1882 para reprimir a violencia nacionalista que colapsaba Irlanda, mais como isto non foi suficiente, impulsou o proxecto de lei Home Rule en 1886 que implicaba para este país un parlamento autónomo.[6] Este proxecto non foi aprobado por os liberais unionistas, que pasaron ao partido conservador liderados por Joseph Chamberlain. O autogoberno de Irlanda e a oposición ao imperialismo na política exterior provocaron que fose postergado nas seguintes eleccións. Dimitiu en 1894,[7] retirándose da política despois de que a Cámara dos lords vetase o seu último proxecto de Home Rule para Irlanda, aprobado nos Comúns. Foi sucedido por Lord Salisbury, que fora o seu rival dende a morte de Benjamin Disraeli.

En 1885 declinou a oferta dun condado que lle fixo a raíña.[8]

Gladstone faleceu o 19 de maio de 1898 en Hawarden Castle, Hawarden, aos 88 anos. Foi coidado pola súa filla Helen que renunciara ao seu traballo para ocuparse do seu pai e da súa nai.[9]

NotasEditar

  1. Harrison, J.F.C. (2013). Late Victorian Britain 1875–1901. p. 31. ISBN 978-1136116445. 
  2. Aldous, Richard (2007). The Lion and the Unicorn: Gladstone Vs Disraeli. p. 4. ISBN 978-0393065701. 
  3. Brighton, Paul (2016). Original Spin: Downing Street and the Press in Victorian Britain. I.B.Tauris. p. 193. ISBN 978-1780760599. 
  4. Grey, Paul; et al. (2016). Challenge and Transformation: Britain, c. 1851–1964. Cambridge UP. p. 2. ISBN 978-1107572966. 
  5. Paul Hayes, Modern British Foreign Policy: The Twentieth Century: 1880–1939 (1978) páx. 1
  6. Webster Hollis, Daniel (2001). The History of Ireland. Greenwood. p. 105. ISBN 978-0313312816. 
  7. Magnus, páx. 423.
  8. Brook Miller, "Our Abdiel: The British Press and the Lionization of 'Chinese' Gordon." Nineteenth-Century Prose 32.2 (2005): 127+ online.
  9. Sheila Fletcher, ‘Gladstone, Helen (1849–1925)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; edición en liña, maio de 2006 consultado o 10 de marzo de 2017

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar