Cámara dos lords
A Cámara dos lords,[1] (en inglés House of Lords),[2] tamén coñecida como House of Peers,[3] é a cámara alta do Parlamento do Reino Unido,[4] oficialmente Os Moi Honorables Lords Espirituais e Temporais do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte reunidos en Parlamento (The Right Honourable the Lords Spiritual and Temporal of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland in Parliament assembled).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/House_of_Lords_2011.jpg/250px-House_of_Lords_2011.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Westminster_palace.jpg/250px-Westminster_palace.jpg)
Está formada por representantes da aristocracia británica, así como por 24 bispos e dous arcebispos.[2]
Tivo gran poder ata o século XIX, xa que podía rexeitar calquera lei aprobada na Cámara dos Comúns. Hoxe en día ten un papel simbólico e tradicional.
Ao contrario do que ocorre na Cámara dos Comúns, os membros da Cámara dos Lords non se elixen mediante elección, dividíndose segundo o seu dereito a formar parte da Cámara en «lords espirituais» e «lords temporais». Os lords espirituais son 26 bispos elixidos polo seu prestixio e a súa dilatada carreira eclesiástica dentro da Igrexa anglicana. Os lords temporais conforman o resto, sendo a maioría membros con dereito vitalicio non hereditario, nomeados polo Rei co asesoramiento do primeiro ministro. Isto é así porque, antigamente, o dereito a formar parte da Cámara dos Lords como lords temporais era exclusivamente hereditario; pero actualmente, e tras sucesivas reformas, os membros por herdanza desta Cámara son só unha pequena porción. Desde marzo de 2010, a Cámara dos Lords conta con 788 membros, 138 máis que a Cámara dos Comúns, que conta con 650.
O Lord Speaker (presidente da Cámara) desde 2021 é John McFall, Barón McFall of Alcluith.[5]
Notas
editar- ↑ lord no Dicionario da RAG, 1ª acep.
- ↑ 2,0 2,1 MPs and Lords,
- ↑ "A View of the House of Peers, Queen Elizabeth on the throne, the Commons attending" rct.uk.
- ↑ UK Parliament.
- ↑ "Who is the new man in charge of the House of Lords?". BBC News. 21 de marzo de 2021. Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cámara dos lords |
Bibliografía
editar- Shell, Donald (2007): The House of Lords (3rd ed.). Machester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-5443-3.