Primeiro ministro do Reino Unido

O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña. O primeiro ministro do Reino Unido é Boris Johnson.

Tony Blair e Dick Cheney no 10 Downing Street, residencia oficial do Primeiro Ministro do Reino Unido.

O Primeiro Ministro adoita ser o líder do partido político maior na Cámara dos Comúns. Nas eleccións de 2010 o partido máis votado foi o Partido Conservador, este non obtivo a maioría absoluta e gobernou nunha coalición co Partido Liberal Demócrata.

Historia

editar

O posto que o Primeiro Ministro desenvolvía durante o século XVIII non era un título oficial durante eses anos; estaba asociado co posto oficial de First Lord of the Treasury («Primeiro Lord do Tesouro»). A descrición de "primeiro ministro" empregouse a primeira vez que Robert Walpole foi nomeado "Primeiro Lord do Tesouro" polo Rei Xurxo I en 1721. Ao principio, considerábase o título como un insulto, empregado polos seus inimigos para suxerir que Walpole tiña demasiado poder.[1]

O título de "Primeiro Ministro" mencionouse a primeira vez nun documento oficial no Tratado de Berlín de 1878, do Primeiro Ministro Benjamin Disraeli. O título foi recoñecido oficialmente en 1905. A primeira persoa que foi chamada oficialmente como Primeiro Ministro foi Sir Henry Campbell-Bannerman. A primeira referencia do título nunha lei do Parlamento Británico foi en 1917.

Nomeamento

editar

É o monarca o que oficialmente nomea ao Primeiro Ministro, pero está obrigado tradicionalmente a elixir á persoa que obteña o apoio maioritario da Cámara dos Comúns (normalmente o líder do partido cunha maioría de escanos nesa cámara). Se o Primeiro Ministro perde o apoio (pola aprobación dunha moción de censura, por exemplo) a convención obrígalle a dimitir.

O primeiro ministro nomea aos membros do Gabinete e aos outros ministros do goberno.

Poderes e privilexios

editar

Non hai moitos poderes legais que pertenzan ao Primeiro Ministro; os seus poderes veñen dos poderes tradicionais do soberano e do control dunha maioría da Cámara dos Comúns. O Primeiro Ministro recomenda ao monarca o nomeamento de moitos oficiais do Estado Británico, incluíndo ministros do Goberno, embaixadores, os xefes das Forzas Armadas, e oficiais da administración pública; convencionalmente, o Rei (ou Raíña) adoita seguir sempre as recomendacións do Primeiro Ministro. Tamén, o Primeiro Ministro organiza o programa lexislativo do Parlamento e o traballo do Gabinete.

Tradicionalmente o Primeiro Ministro vive no 10 Downing Street, unha residencia en Londres que pertencía aos Primeiros Lores do Tesouro. O salario actual do Primeiro Ministro, que tamén pertence ao seu papel de First Lord of the Treasury, é de £127.334 por ano; tamén recibe £60,227 por ano por ser membro do Parlamento[2].

Ocupantes do posto dende 1721

editar
 
Sir Robert Walpole, primeiro Primeiro Ministro do Reino Unido

Primeiros Ministros durante o reinado da Raíña Vitoria (1837–1901)

editar
  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referencias
  Sir Robert Peel
(2a. vez)
30 de agosto de 1841
29 de xuño de 1846
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[3]
  Lorde John Russell
(1a. vez)
30 de xuño de 1846
21 de febreiro de 1852
Whig Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[4]
  Edward Smith-Stanley, Conde de Derby
(1a. vez)
23 de febreiro de 1852
17 de decembro de 1852
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lords
[5]
  George Hamilton-Gordon, 4º Conde de Aberdeen 19 de decembro de 1852
30 de xaneiro de 1855
Peelite/Whig Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lords
[6]
  Henry John Temple, Vizconde Palmerston
(1a. vez)
6 de febreiro de 1855
19 de febreiro de 1858
Whig Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[7]
  Edward Smith-Stanley, Conde de Derby (2a. vez) 20 de febreiro de 1858
11 de xuño de 1859
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lords
[8]
  Henry John Temple
Vizconde Palmerston
(2a. vez)
12 de xuño de 1859
18 de outubro de 1865
Liberal Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[9]
  Lord John Russell
(2a. vez)
29 de outubro de 1865
26 de xuño de 1866
Liberal Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lords
[10]
  Edward Smith-Stanley
Conde de Derby
(3a. vez)
28 de xuño de 1866
25 de febreiro de 1868
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Lords
[11]
  Benjamin Disraeli
(1a. vez)
27 de febreiro de 1868
1 de decembro de 1868
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[12]
  William Ewart Gladstone
(1a. vez)
3 de decembro de 1868
17 de febreiro de 1874
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Chancellor of the Exchequer (1873–74)
[13]
  Benjamin Disraeli
Conde de Beaconsfield

(2a. vez)
20 de febreiro de 1874
21 de abril de 1880
Conservador Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns (1874–1876),
Lord Privy Seal (1876–78)
& Líder da Cámara dos Lords (1876–80)
[14]
  William Ewart Gladstone
(2a. vez)
23 de abril de 1880
9 de xuño de 1885
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Chancellor of the Exchequer (1880–82)
[15]
  Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury
(1a. vez)
23 de xuño de 1885
28 de xaneiro de 1886
Conservador Secretario de Estado de Relacións Externas
& Líder da Cámara dos Lores
[16]
  William Ewart Gladstone
(3a. vez)
1 de febreiro de 1886
20 de xullo de 1886
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Lord Privy Seal
& Líder da Cámara dos Comúns
[17]
  Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury (2a. vez) 25 de xullo de 1886
11 de agosto de 1892
Conservador Líder da Cámara dos Lores,
Primeiro Lord do Tesouro (1886–87)
& Secretario de Estado de Relacións Externas (1887–92)
[18]
  William Ewart Gladstone
(4a. vez)
15 de agosto de 1892
2 de marzo de 1894
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Lord Privy Seal
& Líder da Cámara dos Comúns
[19]
  Archibald Primrose, quinto conde de Rosebery 5 de marzo de 1894
22 de xuño de 1895
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Lord Presidente do Consello
& Líder da Cámara dos Lores
[20]
  Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury(3a. vez) 25 de xuño de 1895
11 de xullo de 1902
Conservador Líder da Cámara dos Lores,
Secretario de Estado de Relacións Externas (1895–1900)
& Lord Privy Seal (1900–02)
[21]

Primeiros Ministros durante o reinado de Eduardo VII (1901–1910)

editar
  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referéncias
  Arthur Balfour 11 de xullo de 1902
5 de decembro de 1905
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[22]
  Sir Henry Campbell-Bannerman 5 de decembro de 1905
7 de abril de 1908
Liberal Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[22]
  Herbert Henry Asquith 7 de abril de 1908
7 de decembro de 1916
Liberal Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
& Secretario de Estado para a Guerra (1914)
[22]

Primeiros Ministros durante os reinados de Xurxo V (1910–1936) e Eduardo VIII (1936)

editar
  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referéncias
  David Lloyd George 7 de decembro de 1916
19 de outubro de 1922
Liberal Primeiro Lord do Tesouro [23]
  Andrew Bonar Law 23 de outubro de 1922
20 de maio de 1923
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Líder da Cámara dos Comúns
[24]
  Stanley Baldwin
(1a. vez)
23 de maio de 1923
16 de xaneiro de 1924
Conservador Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
Chancellor of the Exchequer (1923)
[25]
  James Ramsay MacDonald
(1a. vez)
22 de xaneiro de 1924
4 de novembro de 1924
Laborista Primeiro Lord do Tesouro,
Líder da Cámara dos Comúns
Secretario de Estado de Relacións Externas
[26]
  Stanley Baldwin
(2a. vez)
4 de novembro de 1924
5 de xuño de 1929
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Líder da Cámara dos Comúns
[27]
  James Ramsay MacDonald
(2a. vez)
5 de xuño de 1929
24 de agosto de 1931
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Líder da Cámara dos Comúns
[28]
  James Ramsay MacDonald
(3a. vez)
24 de agosto de 1931
7 de xuño de 1935
Nacional Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Líder da Cámara dos Comúns
[29]
  Stanley Baldwin
(3a. vez)
7 de xuño de 1935
28 de maio de 1937
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Líder da Cámara dos Comúns
[30]

Primeiros Ministros durante o reinado de Xurxo VI (1936–1952)

editar
  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Outras funcións
durante o goberno
Referéncias
  Neville Chamberlain 28 de maio de 1937
10 de maio de 1940
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Líder da Cámara dos Comúns
[22]
  Winston Churchill
(1a. vez)
10 de maio de 1940
23 de maio de 1945
Conservador Primeiro Lord do Tesouro,
Ministro da Defensa
Líder da Cámara dos Comúns
[31]
  Winston Churchill
(2a. vez)
23 de maio de 1945
26 de xullo de 1945
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Ministro da Defensa
[32]
  Clement Attlee 26 de xullo de 1945
26 de outubro de 1951
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Ministro da Defensa (1945–46)
[33]
  Sir Winston Churchill
(3a. vez)
26 de outubro de 1951
7 de abril de 1955
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Ministro da Defensa (1951–52)
[34]

Primeiros Ministros durante o reinado de Isabel II (1952–presente)

editar
  Imaxe Nome Período de goberno Partido político Foi tamén Referencias
  Sir Anthony Eden 7 de abril de 1955
10 de xaneiro de 1957
Conservador Primeiro Lord do Tesouro [35]
  Harold Macmillan 10 de xaneiro de 1957
19 de outubro de 1963
Conservador Primeiro Lord do Tesouro [36]
  Sir Alec Douglas-Home 19 de outubro de 1963
16 de outubro de 1964
Conservador Primeiro Lord do Tesouro [37]
  Harold Wilson
(1a. vez)
16 de outubro de 1964
19 de xuño de 1970
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service (1968-70)
[38]
  Edward Heath 19 de xuño de 1970
4 de marzo de 1974
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[39]
  Harold Wilson
(2a. vez)
4 de marzo de 1974
5 de abril de 1976
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[40]
  James Callaghan 5 de abril de 1976
4 de maio de 1979
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[41][42]
  Margaret Thatcher 4 de maio de 1979
28 de novembro de 1990
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[43][44]
  John Major 28 de novembro de 1990
2 de maio de 1997
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[45][46]
  Tony Blair 2 de maio de 1997
27 de xuño de 2007
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[47][48]
  Gordon Brown 27 de xuño de 2007
11 de maio de 2010
Laborista Primeiro Lord do Tesouro
Minister for the Civil Service
[49]
  David Cameron 11 de maio de 2010
13 de xullo de 2016
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[50]
  Theresa May 13 de xullo de 2016
24 de xullo de 2019
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[51]
  Boris Johnson 24 de xullo de 2019
5 de setembro de 2022
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[52]
  Liz Truss 5 de setembro de 2022
25 de outubro de 2022
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[53]
  Rishi Sunak 25 de outubro de 2022
presente
Conservador Primeiro Lord do Tesouro
& Minister for the Civil Service
[54]
  1. http://www.number-10.gov.uk/output/Page174.asp Arquivado 03 de abril de 2007 en Wayback Machine. Biografía de Sir Robert Walpole Web oficial de 10 Downing Street (en inglés)
  2. .Salarios parlamentarios Web oficial do Parlamento Británico (en inglés) Arquivado 20 de novembro de 2006 en Wayback Machine.
  3. Longford (1998), pp. 156–157
  4. Longford (1998), p. 187
  5. Longford (1998), pp. 228–231
  6. Longford (1998), p. 232
  7. Longford (1998), p. 246
  8. Longford (1998), p. 281
  9. Longford (1998), p. 282
  10. Longford (1998), p. 346
  11. Longford (1998), p. 351
  12. Longford (1998), p. 353
  13. Longford (1998), p. 357
  14. Longford (1998), p. 396
  15. Longford (1998), p. 433
  16. The Political History of England William Hunt, Reginald Lane Poole Ed. Longmans, Green and co. 1907 pag. 505
  17. Longford (1998), p. 484
  18. Longford (1998), pp. 492–493
  19. Longford (1998), pp. 518–519
  20. Longford (1998), pp. 527–528
  21. Longford (1998), pp. 533–534
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 Prime Ministers through History - Daily Telegraph
  23. Rose (1983), pp. 196–198
  24. Rose (1983), p. 265]]
  25. Rose (1983), p. 272
  26. Rose (1983), p. 326
  27. Rose (1983), p. 337
  28. Rose (1983), p. 361]]
  29. Rose (1983), pp. 373–374
  30. Rose (1983), p. 398
  31. Hennessy (2001), p. 179
  32. Hennessy (2001), p. 158
  33. Hennessy (2001), p. 147
  34. Hennessy (2001), p. 178
  35. Hennessy (2001), p. 207
  36. Hennessy (2001), p. 248
  37. Hennessy (2001), p. 272
  38. Hennessy (2001), p. 286
  39. Hennessy (2001), p. 331
  40. Hennessy (2001), p. 357
  41. Hennessy (2001), p. 376
  42. "Lord Callaghan of Cardiff 28 de marzo de 2005, The Times". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2010. Consultado o 02 de agosto de 2009. 
  43. Hennessy (2001), p. 397
  44. Crowd's long cold wait for lady of the hour Aileen Ballantyne, 5 de maio de 1979, The Guardian
  45. Hennessy (2001), p. 437
  46. "John Major? Who's he? asks Thatcher, 6 de agosto de 1995, The Independent". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2009. Consultado o 02 de agosto de 2009. 
  47. Hennessy (2001), p. 476
  48. The Blair Years: 1997-2007, 28 de xuño de 2007 Telegraph Media Group
  49. Brown declared prime minister Deborah Summers & Hélène Mulholland, 27 de xuño de 2007, Guardian News & Media
  50. http://www.number10.gov.uk/meet-the-pm/biography
  51. "Theresa May vows to be 'one nation' prime minister". British Broadcasting Corporation (BBC News). 13 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  52. "Boris Johnson, nombrado Primer Ministro británico" (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  53. "Liz Truss, nueva primera ministra de Reino Unido en sustitución de Boris Johnson". elDiario.es. 5 de setembro de 2022. 
  54. "Rishi Sunak será el nuevo primer ministro del Reino Unido tras ganar las primarias del Partido Conservador". El País. 24 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar