Partido Conservador (Reino Unido)
O Partido Conservador e Unionista, máis coñecido como Partido Conservador (en inglés, Conservative Party ou Conservative and Unionist Party) é o partido político máis grande de dereitas do Reino Unido, o segundo máis grande en canto a número de membros pertencentes á Cámara dos Comúns para a actual lexislatura (193), o partido británico con maior número de afiliados, e o máis antigo do reino. Ademais, é o partido británico con máis vitorias electorais, e é considerado por algúns como o partido de dereita que máis éxitos ten acadado ao longo da súa historia. O seu actual líder é David Cameron, quen á súa vez é o 'Leal Líder da Oposición da súa Maxestade a Raíña' e testa do 'Gabinete na sombra'.
Partido Conservador (Reino Unido) | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | partido político ![]() | ||
Ideoloxía política | conservadorismo, unionismo britânico (pt) ![]() ![]() ![]() | ||
Posición política | centrodereita ![]() | ||
Composto por
| |||
Persoas e organizacións | |||
Cargo dirixente | líder do Partido Conservador ![]() | ||
Fundador/a | Robert Peel ![]() | ||
Organización xuvenil | Young Conservatives (en) ![]() ![]() | ||
Presidente/a
| |||
Membro de
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Escanos | |||
5596 Political make-up of local councils in the United Kingdom (en) ![]() 31 Parlamento escocés 16 Parlamento de Gales 270 Cámara dos Lores 349 Cámara dos Comúns 9 Assembleia de Londres (pt) ![]() ![]() | |||
Data | |||
Fundación | 18 de decembro de 1834 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Precedido por | Tory (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
Localización | |||
País | Reino Unido ![]() | ||
Sede | Conservative Campaign Headquarters (en) ![]() ![]() | ||
Lugar de formación | Londres ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | conservatives.com ![]() | ||
Correo | mailto:compliance@conservatives.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Partido Conservador descende do 'Partido Tory' británico, presente durante o século XVIII e primeira metade do XIX. É por isto polo que aos actuais membros do Partido Conservador se lles siga a chamar tories, así como ao partido aínda se lle segue a chamar pola súa anterior denominación.
Os conservadores teñen sido o partido gobernante do Reino Unido en varias ocasións entre 1834 e 1997. Dende a perda do poder nas eleccións xerais de 1997, logo da vitoria do Partido Laborista de Tony Blair, teñen permanecido na oposición.
O Partido Conservador é membro da Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e dos Demócratas Europeos a nivel europeo. No Parlamento Europeo, os seus deputados pertencen ao grupo Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos.
En marzo de 2009, o Partido Conservador rompeu co Partido Popular Europeo de cara ás Eleccións ao Parlamento Europeo, pedindo aos 800.000 ingleses residentes en España o voto para Alternativa Española.[1]
Véxase tamén
editar- Conservadorismo
- Tory (nome coloquial, orixinalmente pexorativo, que se dá aos seus membros)
- Euroescepticismo
- Política do Reino Unido
Notas
editar- ↑ Los ‘tories’ piden a los británicos residentes en España que no voten al PP, sino a Alternativa Española (AES), hispanidad.com, 12 de marzo de 2009.
Ligazóns externas
editar- The Conservative Party, páxina oficial do Partido Conservador do Reino Unido.