Ducado de Cornualla
O ducado de Cornualla é un título nobiliario da coroa británica e que corresponde ao fillo máis vello e herdeiro do monarca. Dende 2022 o duque de Cornualla é Guillerme de Gales.
O ducado de Cornualla
editarO ducado de Cornualla posúe unha extensión de 52 449 hectáreas localizadas, fundamentalmente, ao longo de vinte condados no sueste de Inglaterra e nas illas Scilly.[1] Polo tanto, a maior parte das propiedades do ducado están fóra de Cornualla, pois aló ten 7 571 hectáreas.[2]
Anualmente, o ducado de Cornualla proporciona uns ingresos de máis de 20 millóns de libras esterlinas que se destinan a manter ás obras públicas e privadas da familia do titular.[3] Estímase que cobra o arrendamento dunhas 600 residencias e 700 labradíos.[4]
Ademais, sendo duque de Cornualla, Carlos III do Reino Undio promoveu a edificación das cidades planificadas de Poundbury (Dorset) e Nansledan (Cornualla) dentro das terras do ducado.[5][6] Tamén destacou polo pulo dado á agricultura sustentable nas súas explotacións e o coidado da biodiversidade.[7]
Historia
editarA partir do século XIV algunhas monarquías europeas crearon señoríos que cederon aos herdeiros primoxénitos do rei para que as rendas do mesmo os dotase dun patrimonio de seu. Deste xeito, o título foi creado en 1337 polo rei Eduardo III para o seu fillo e herdeiro, Eduardo de Woodstock, chamado o "príncipe negro".[8] Dende entón este título corresponde ao fillo máis vello do rei de Inglaterra, a quen tamén se lle outorgan os títulos de príncipe de Gales, e dende o século XVII, o de duque de Rothesay como herdeiro do trono de Escocia.
A persoa que máis tempo ostentou este título foi Carlos III. Entre 2005 e 2022 o título gañou notoriedade pois foi empregado por Camila do Reino Unido logo do seu matrimonio con Carlos de Inglaterra.
Lista de duques de Cornualla
editarNotas
editar- ↑ "About the Duchy". duchyofcornwall.org. Consultado o 2022-09-18.
- ↑ Becquart, Charlotte (2022-09-09). "King Charles owned lots of Cornwall from castles to Camel estuary". CornwallLive (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
- ↑ "What is the Duchy of Cornwall - and what does it mean for Prince William?". ITV News (en inglés). 2022-09-12. Consultado o 2022-09-18.
- ↑ "The Duchy of Cornwall: facts". www.princeofwales.gov.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
- ↑ Saunders, Doug (2022-09-16). "Poundbury, the experimental town designed by King Charles, offers a window into his thinking". The Globe and Mail (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
- ↑ Smallcombe, Mike (2019-10-20). "Life inside the new town being built by Prince Charles in Cornwall". CornwallLive (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
- ↑ Griffin, Susan (2022-04-18). "Behind the scenes of the Duchy of Cornwall". Great British Life (en inglés). Consultado o 2022-09-18.
- ↑ "History of the Duchy". duchyofcornwall.org. Consultado o 2022-09-18.