Edwin Landseer
Sir Edwin Henry Landseer, nado o 7 de marzo de 1802 e finado o 1 de outubro de 1873, foi un pintor e escultor inglés da época vitoriana, famoso sobre todo polas súas pinturas de escenas de animais, aínda que a súa obra máis coñecida son as estatuas de leóns en Trafalgar Square, Londres.
Edwin Landseer | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1802 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 1 de outubro de 1873 |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | Catedral de San Paulo de Londres |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Etnia | Pobo británico |
Alma máter | Academia Real Inglesa |
Ocupación | pintor, escultor, architectural draftsperson e augafortista |
Pai | John Landseer |
Nai | Jane Potts |
Irmáns | Thomas Landseer, Jessica Landseer e Charles Landseer |
Coñecido por | Monarch of the Glen, A Distinguished Member of the Humane Society e Laying Down the Law |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Landseer comezou a súa carreira como pintor no 1815, á idade de trece anos, expondo na Royal Academy, da cal viría ser membro once anos despois.
Moi esquecido na actualidade pola empalagosería dos seus cadros, foi porén na súa época un pintor famoso, cuxos cadros eran moi cotizados.
Outros datos editar
Sobre a prolífica capacidade pictórica de Landseer, dicíase, burlonamente, que era quen de pintar con ambas mans á vez, p.ex., que era capaz de pintar a cabeza dun cabalo coa dereita e o rabo coa esquerda.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edwin Landseer |