Nevis
Nevis é unha illa no mar Caribe, o seu nome é unha corrupción da palabra española Nieves, forma abreviada de Nuestra Señora de las Nieves, nome que segundo a tradición local, aínda que sen evidencia histórica [1] puxo á illa Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493 ao ancorar nela[2] durante a súa segunda viaxe a América por mor das nubes que cobren permanentemente o Monte Nevis e que lle dá unha aparencia de cumio nevado. Xunto coa illa de Saint Kitts que está ao norte, constitúe a Federación de Saint Kitts e Nevis. A illa abrangue nove antigos centros volcánicos que contribuíron á súa formación[3], calculándose a última erupción en cen mil anos atrás[4] .
(en) Nevis | ||||
Tipo | illa subdivisión administrativa de primeiro nivel estado federado | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Nosa Señora das Neves | |||
Parte de | Illas de Barlovento Antillas Menores | |||
Situado na entidade xeográfica | Antillas Menores | |||
Localización | ||||
División administrativa | Saint Kitts e Nevis | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Características | ||||
Punto máis alto | Pico Nevis (pt) (985 m ) | |||
Superficie | 93 km² | |||
Sitio web | nia.gov.kn | |||
Nevis conta co seu propio parlamento e goberno, o actual primeiro ministro é Joseph Parry, quen substituíu en 2006 a Vance Armory. A constitución de Saint Kitts e Nevis recoñece no seu artigo 113 o dereito á secesión da illa de Nevis[5] e nese marco legal o 10 de agosto de 1998 celebrouse un referendo de autodeterminación, mostrándose favorables á secesión o 61.7% dos votantes de Nevis, sen chegar por pouco aos dous terzos requiridos pola constitución[6]
Etimoloxía
editarEn 1498, Cristovo Colón deu o nome á illa San Martín (San Martiño). Non obstante, a confusión de numerosas pequenas illas mal trazadas na cadea das illas de sotavento fixo que este nome acabase trasladado accidentalmente a outra illa, que aínda se coñece como Saint-Martin / Sint Maarten.
O nome actual Nevis deriva do nome español Nuestra Señora de las Nieves por un proceso de abreviatura e anglicización. O nome español significa "Nosa Señora das Neves". Non se sabe quen elixiu este nome para a illa, pero é unha referencia á historia dun milagre católico do século IV: unha nevada no outeiro de Esquilino en Roma. Presumiblemente as nubes brancas que adoitan cubrir a parte superior de Pico Nevis lembraron a alguén desta historia dunha nevada milagrosa en clima cálido.
Nevis formou parte da reclamación española das illas do Caribe, unha reivindicación perseguida ata o Tratado de Madrid (1670), aínda que non houbo asentamentos españois na illa. Segundo Vincent Hubbard, autor de Swords, Ships & Sugar: History of Nevis, a sentenza española provocou que moitos dos grupos arhuacos que non eran etnicamente caribes se "redefinisen como caribes da noite á mañan".[7] Os rexistros indican que os españois escravizaron un gran número de habitantes nativos nas máis accesibles das Illas de sotavento e enviáronos a Cubagua, Venezuela para mergullarse na busca de perlas. Hubbard suxire que a razón pola que os primeiros colonos europeos atoparon tan poucos "caribes" en Nevis é que xa foran retidos polos españois e enviados para ser empregados como escravos.
Xeografía
editarNevis pertence xeoloxicamente ao arco das Pequenas Antillas que comezou a formarse no Eoceno aínda que Nevis como outras illas do seu contorno xurdiu como unha formación volcánica do Plioceno-Plistoceno[8]. Posúe unha superficie de 93.2 km²[9], a súa máxima altitude é o Monte Nevis (985 m), é un estratovolcán composto a partes iguais por lava endurecida e por cinzas volcánicas procedentes de erupcións [10].
Historia
editarAmerindios
editarNevis fora colonizado hai máis de dous mil anos por amerindios antes de ser descuberta por Colón en 1493.[11] Os indíxenas de Nevis durante estes períodos pertencían aos grupos amerindios das illas de sotavento coñecidos popularmente como arhuacos e caribes, un complexo mosaico de grupos étnicos con cultura e linguaxe similares.[12] O antropólogo dominico Lennox Honychurch rastrexa o uso europeo do termo "Caribe" para referirse aos aborixes das illas de Sotavento a Colón, que o recolleu dos taínos en A Española. Non era o nome co que os caribes se denominaban a si mesmos.[13] "Indios caribes" foi o nome xenérico usado para todos os grupos que se cren implicados nos rituais de guerra canibalistas, máis particularmente, no consumo de partes do corpo dos inimigos asasinados.
O nome amerindio para Nevis era Oualie, terra de fermosas augas. A estrutura do idioma caribe insular foi identificada lingüisticamente como arauaca.[13]
Época colonial
editarA pesar da reivindicación española, Nevis continuou sendo un popular punto de parada para os barcos ingleses e holandeses no seu camiño cara a América do Norte. O capitán Bartolomé Gilbert de Plymouth visitou a illa en 1603, pasou dúas semanas cortando vinte toneladas de madeira lignum vitae. Gilbert avanzou cara a Virxinia para buscar aos superviventes do asentamento de Roanoke no que agora é Carolina do Norte. O capitán John Smith visitou Nevis tamén no seu camiño a Virxinia en 1607. Esta foi a viaxe que fundou Jamestown, o primeiro asentamento inglés permanente no Novo Mundo.[7]
O 30 de agosto de 1620 Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra afirmou a soberanía sobre Nevis ao dar unha patente real para a colonización ao conde de Carlisle. Non obstante, o asentamento europeo real non sucedeu ata 1628, cando Anthony Hilton mudouse desde Saint Kitts logo dun intento de asasinato contra el. Estaba acompañado por outros 80 colonos, e axiña serían acompañados por outros 100 colonos de Londres que orixinalmente esperaban instalarse en Barbuda. Hilton converteuse no primeiro gobernador de Nevis. Despois do Tratado de Madrid (1670) entre España e Inglaterra, Nevis converteuse en sede da colonia británica e o Admiralty court tamén se sentou en Nevis. Entre 1675 e 1730, a illa foi a sede do comercio de escravos para as illas de Sotavento, con aproximadamente 6.000–7.000 africanos occidentais escravizados pasando de camiño a outras illas cada ano. A Royal African Company trouxo todos os seus barcos a través de Nevis.[7] Un censo de 1678 mostra unha comunidade de irlandeses, 22% da poboación, existente como traballadores non remunerados ou homes libres.[14]
Debido ao rendible comercio de escravos e a alta calidade da cana de azucre nevisiana, a illa converteuse pronto nunha gran fonte de riqueza para Gran Bretaña e a plantocracia británica propietaria de escravos. En 1671, cando as illas de Sotavento se separaron de Barbados, Nevis pasou a ser a sede da colonia das Illas de sotavento e recibiu o sobrenome de "raíña dos Caribes". Permaneceu sendo a capital colonial para as Illas de Sotavento ata que o trasladouse a Antiga por motivos militares en 1698. Durante este período, Nevis foi a máis rica das Illas de Sotavento Británicas.[7] A illa superou a illas máis grandes como Xamaica na produción de azucre a finais do século XVII. A riqueza dos plantadores na illa é evidente nos rexistros tributarios conservados nos Calendar State Papers nos rexistros públicos británicos da Office Colonial, onde se rexistraron a cantidade de impostos recadados nas Illas de Sotavento. As cantidades rexistradas para 1676 como "imposto principal sobre os escravos", un imposto a pagar polo azucre, ascenderon a 384.600 libras en Nevis, fronte a 67.000 cada un en Antiga e Saint Kitts, 62.500 en Montserrat, e 5.500 en total nas outras cinco illas.[15]
As familias escravizadas constituían a gran forza de traballo necesaria para traballar as plantacións de azucre. Despois da década de 1650, a oferta de servidores brancos contratados comezou a agotarse debido ao aumento dos salarios en Inglaterra e ao menor incentivo para emigrar ás colonias. A finais do século XVII, a poboación de Nevis estaba formada por unha pequena e rica elite plantadoraa, unha poboación marxinal de brancos pobres, unha gran maioría de escravos descendentes africanos e un número descoñecido de cimarróns, escravos escapados que vivían nas montañas. En 1780, o 90 por cento das 10 000 persoas que viven en Nevis eran negros.[7] Algúns dos cimarróns uníronse cos poucos caribes restantes en Nevis para formar unha forza de resistencia. As memorias da loita dos cimarróns nevisianos no sistema de plantacións consérvase en topónimos como Maroon Hill (outeiro dos cimarróns), un dos primeiros centros de resistencia.
Demografía
editarPosúe unha poboación duns 12.000 habitantes e posúe unha das taxas de alfabetización máis altos do continente americano, con aproximadamente un 98%. A actual capital é Charlestown.
Notas
editar- ↑ John Logan Allen North American Exploration: A new world disclosed. University of Nebraska Press, 1997, páxina 476
- ↑ Vincent K. Hubbard Swords, ships, and sugar: a history of Nevis to 1900. Premiere Editions, 1993, páxina 2
- ↑ ONU "Saint Kitts and Nevis: Executive Summary Arquivado 04 de agosto de 2009 en Wayback Machine.". Country Reports. Committee on Science and Technology, United Nations Convention to Combat Desertification, consultado o 9 de agosto de 2009.
- ↑ "Gobal Volcanism Program". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 09 de agosto de 2009.
- ↑ Constitución de Saint Kitts e Nevis
- ↑ Ann Lynn Griffiths e Karl Nerenberg (eds.) Handbook of Federal Countries.McGill-Queen's Press, 2002, páxina 275
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Hubbard, Vincent K. (2002). Swords, Ships & Sugar: History of Nevis. Corvallis, Oregon: Premiere, ISBN 1-891519-05-0, pp. 20–23 (Captain Gilbert, Captain Smith), 25 (pearl diving), 41–44 (name Dulcina, treaty with Spain, first settlement), 69–70 (privateers, Captain Francis), 79–85 (slave trade, Royal African Company, Queen of the Caribees), 86–102 (Caribs), 113–120 (d'Iberville, buccaneers), 138–139 (Great Britain's wealth derived from West Indian sugar and slave trade, 1776 starvation), 194–195 (Alexandra Hospital), 211–223 (electricity, Anguilla in 1967, OECD blacklist).
- ↑ Bouysse, Westercamp e Andreieff, The Lesser Antilles island arc, en JC Moore, A. Mascle e al. Proceedings of the Ocean Drillings Program, Scientific Results, 1990
- ↑ The Commonwealth Yearbook. Commonwealth Secretariat, 2004, páxina 252
- ↑ Rosaly Lopes The volcano adventure guide. Cambridge University Press, 2005, páxina 302
- ↑ See for example Nevis Heritage excavation reports, 2000–2002 Arquivado 08 de xullo de 2006 en Wayback Machine., Department of Archaeology, University of Southampton. Consultado o 8 de agosto de 2006.
- ↑ Wilson, Samuel (1990). "The Prehistoric Settlement Pattern of Nevis, West Indies". Journal of Field Archaeology, Vol. 16, No. 4 (Winter 1989), p. 427-450.
- ↑ 13,0 13,1 Honychurch, Lennox (1997). "Crossroads in the Caribbean: A Site of Encounter and Exchange on Dominica". World Archaeology Vol. 28(3): 291–304.
- ↑ "Irish indentured labour in the Caribbean Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". Nationalarchives.gov.uk. 11 de marzo de 2013.
- ↑ Calendar State Papers (1676). Number 1152, 1676. The British Colonial Office Public Records. Qtd. in Hubbard, p. 85.