Movemento de independencia da India

O Movemento de independencia da India abrangue toda unha serie de actividades e ideas que pretendían rematar co goberno da Compañía Británica das Indias Orientais (1757–1858) e do Raj Británico (1858–1947) no subcontinente indio, nun período que durou 190 anos (1757-1947).

Manifestación contra o goberno británico, c.1930.

Os primeiros movementos militantes organizados producíronse en Bengala, pero mais tarde tomaron forma no Congreso Nacinoal Indio con destacados líderes moderados que pretendían acadar o seu dereito básico de aparecer nas examinacións do Servizo Civil Indio, así como outros dereitos, de natureza económica, para a xente do común. A comezos do século XX produciuse un avance cara a posicións máis radicais que buscaban o autogoberno e foron propostas por líderes como Lal, Bal, Pal e Aurobindo Ghosh. Os derradeiros chanzos do moevemento de autogoberno estiveron protagonizados pola política da non-violencia de Mohandas Karamchand Gandhi e a resistencia civil, a loita constitucional de Muhammad Ali Jinnah a prol dos dereitos das minorías indias e outras diversas campañas. Os activistas Netaji Subhas Chandra Bose e Bhagat Singh predicaron a revolución armada para acadar a independencia. Poetas e escritores como Rabindranath Tagore, Subramaniya Bharathi, Allama Iqbal, Josh Malihabadi, Mohammad Ali Jouhar, Bankim Chandra Chattopadhyay e Kazi Nazrul Islam empregaron a literatura, a poesía e a oratoria como ferramenta de chamamento político. Feministas como Sarojini Naidu e Begum Rokeya promoveron a emancipación da muller india e a súa participación na política nacional. Babasaheb Ambedkar defendeu a causa dos sectores máis desfavorecidos da sociedade india dentro do gran movemento de autogoberno. O período da segunda guerra mundial viu un crecemento das campañas do movemento Marchade da India lideradas por Mahatma Gandhi e do Exército Nacional Indio liderado por Netaji Subhas Chandra Bose.

O movemento indio de autogoberno foi un movemento de masas que conectou con grandes sectores da sociedade. Tamén estivo caracterizado por un proceso de evolución ideolóxica constante.[1] Malia que a base ideolóxica era anticolonial, estivo sustentada por unha visión de desenvolvemento económico independente acompañado dunha estrutura política secular, democrática, republicana e liberal..[2] Despois da década de 1930, o movemento asumiu unha forte orientación socialista por mor da crecente influencia da esquerda no Congreso e polo crecemento do Partido Comunista da India.[1] A Liga Musulmá formouse en 1906 como un partido musulmán separado que en 1940 reivindicou o estado separado de Paquistán. O traballo de todos estes movementos levaron á Acta de independencia da India de 1947, que conseguiu a secesión da India e a creación de Dominio de Paquistán. India permaneceu como dominio da Coroa Británica até o 26 de xaneiro de 1950, cando a Constitución da India foi aprobada, estabelecendo a República da India; Paquistán foi un dominio até 1956, cando adoptaron a súa primeira constitución republicana. En 1971, Paquistán oriental declarou a súa independencia como República Popular de Bangladesh.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Chandra 1989, p. 26
  2. Chandra 1989, p. 521

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brown, Judith M. Gandhi's Rise to Power: Indian Politics 1915–1922 (Cambridge South Asian Studies) (1974)
  • MK Gandhi. My Experiments with Truth Editor's note by Mahadev Desai (Beacon Press) (1993)
  • Brown, Judith M., 'Gandhi and Civil Resistance in India, 1917–47', in Adam Roberts and Timothy Garton Ash (eds.), Civil Resistance and Power Politics: The Experience of Non-violent Action from Gandhi to the Present. Oxford & Nova York: Oxford University Press, 2009. ISBN 978-0-19-955201-6.
  • Jalal, Ayesha. The Sole Spokesman: Jinnah, the Muslim League and the Demand for Pakistan (Cambridge South Asian Studies) (1994)