Imperio Seléucida

O Imperio Seléucida (312 a.C.-63 a.C.) foi un imperio helenístico, é dicir, un estado sucesor do Imperio de Alexandre Magno. Despois da morte de Alexandre Magno, os seus xenerais repartíronse o imperio, sendo protagonistas durante vinte anos de grandes loitas e pelexas por obter o poder. Foron os chamados diádocos, (διαδοχος) ou sucesores ou herdeiros. Despois destes antigos xenerais gobernaron os chamados epígonos (επιγονος, 'os nados despois ou sucesores'). A loita entre eles para obteren o poder e a hexemonía durou case cincuenta anos, ata o 281 a.C. en que morreu o último dos diádocos, Seleuco I Nicátor.

Modelo:Xeografía políticaImperio Seléucida

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°05′40″N 44°31′20″L / 33.0944, 44.5222
CapitalAntioquía do Orontes (240 a. C.–64 a. C.)
Selêucia do Tigre (pt) Traducir (305 a. C.–240 a. C.)
Babilonia (312 a. C.–305 a. C.) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación35.000.000 Editar o valor en Wikidata (8,75 hab./km²)
Lingua oficialGrego antigo Editar o valor en Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Reino asmoneo (140 a. C.–63 a. C.) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación312 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución63 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sucedido porPartos Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

O vasto imperio de Alexandre Magno quedou dividido á súa morte da seguinte maneira:

A Dinastía seléucida foi fundada por Seleuco I Nicátor, trala derrota e morte do xeneral Antígono Monoftalmos. Esta dinastía gobernou ata o ano 69 a.C.. O seu territorio comprendía Babilonia e Siria e gran parte de Asia Menor. Este vasto territorio estendíase para o leste, para o que hoxe é Paquistán e comprendía toda a gran meseta de Irán ata chegar ás montañas da India e polo norte ata os desertos do mar de Aral. Estaba constituído por 20 pobos de distintas razas, lingua e relixión, cun total de máis de 30 millóns de habitantes. Tivo dúas capitais: Antioquía en Siria (actualmente chamada "Antakya" en turco) e Seleucia do Tigris en Mesopotamia.

Os seléucidas (en laranxa, despois tamén en violeta) guerrearon adoito cos tolemaicos (en verde).

Esta dinastía foi herdeira da cultura helenística que procuraron difundir, pero gobernaron ao modo dos seus antecesores os reis sirios, mesopotámicos e persas, facéndose os seus reis adorar como deuses. Frecuentemente estiveron en guerra coa dinastía tolemaica de Exipto.

Pero foi un reino demasiado cumprido, demasiado plural e os seléucidas foron perdendo aos poucos o goberno das terras do leste do río Éufrates e máis tarde foron expulsados de Asia Menor. Os pobos de Irán eran persas, medos e bactrianos e souberan conservar seu antiga relixión e a súa lingua, así que os gobernadores destes territorios aproveitaron a decadencia dos seléucidas para ser independentes. O gobernador grego da Bactriana, Diódoto, tomou o título de rei no 254 a.C., comezando desta maneira o reino de Bactriana (hoxe país de Balkh), conservando o grego como idioma, reino que durou ata o ano 126.

No ano 64 a.C. o romano Pompeio destituíu aos dous pretendentes ao trono seléucida e Roma anexionouse todos os territorios.

Os reis desta dinastía foron:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Levi, Peter (1988). Grecia: Cuna de Occidente (en castelán). Madrid: Folio. ISBN 9788422626169. 
  • Seignobos, Charles (1930). Historia Universal (en castelán). Vol. I (Oriente y Grecia). Madrid: Ed. Daniel Jorro. 

Outros artigos

editar