Bactriana
A Bactriana, ou Bactria, é unha antiga rexión da Asia Central, situada hoxe no noroeste de Afganistán; o adxectivo bactriano, "habitante ou nativo de Bactria", úsase desde o século XIV, en concreto aplicado a unha especie de camelo, o camelo bactriano. O nome Bactria úase desde 1600, e deriva do latín Bactria, voz tomada do lingua persa, que significa literalmente "a provincia occidental", do persa bakhtar, "o oeste".[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Balkh (pt) | |||
Xeografía
editarBactria atopábase ao norte da cordilleira do Hindu Kush e ao sur do río Amu Daria, e abranguía a rexión chá que se encontra nos actuais Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. De xeito máis amplo Bactria era a zona ao norte do Hindu Kush, ao oeste da cordilleira do Pamir e ao sur das montañas de Tian Shan, no Xinjiang, ao noroeste da actual China.
A Bactriana limitaba polo leste coa antiga rexión de Gandhara no Subcontinente indio, ao oeste con Dranxiana e Hircania e ao norte coa Transoxiana, a Sogdiana e a extensísima Escitia (Extra Imaus), ao sur limitaba con Aracosia.
Entre outros territorios, a Bactriana incluía aos da Guriana, a Bubacena, a Parapamisade e o chamado "país dos marucenos". O idioma clásico da Bactriana era unha lingua indoeuropea da subfamilia indoirania, o idioma bactriano.
A dos bactrianos é unha das liñas hereditarias dos modernos taxikos, así como posibelmente dos paxtos. Algúns historiadores cren que o nome moderno de «taxiko» orixinouse de Ta-Hia ou Daxia, nome chinés antigo da rexión (en chinés medieval pronunciábase /datguea/). Pola súa parte, os antigos indios denominábana Bahlika.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bactriana |
Bibliografía
editar- La Bactriane. De l'hellénisme au bouddhisme. Dijon: Dossiers d'archéologie n° 211, 1996.
- La Bactriane. De Cyrus à Timour (Tamerlán). Dijon: Dossiers d'archéologie n° 247, 1999.
- Pierre Leriche; Chakir Pidaev; Mathilde Gelin & Kazim Abdoulaev (2001): La Bactriane au carrefour des routes et des civilisations de l'Asie centrale. Termez et les villes de Bactriane-Tokharestan. París: Maisonneuve et Larose. ISBN 2-7068-1568-X.
- Marie-Nicolas Bouillet et Alexis Chassang (dir.), "Bactriane", en: Dictionnaire universel d’histoire et de géographie, 1878.
- Pierre Leriche e Frantz Grenet (1988). "Bactria". Encyclopaedia iranica (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2020.
- Pierre Leriche, dir. (2014): Art et civilisations de l'Orient hellénisé. Rencontres et échanges culturels d'Alexandre aux sassanides: hommage à Daniel Schlumberger. París: UNESCOISBN 978-2-7084-0983-5.
- Sarianidi, Victor (1985): The Golden Hoard of Bactria: From the Tillya-tepe Excavations in Northern Afghanistan. Nova York: Harry N. Abrams.
- Sims-Williams, Nicholas (1998): "Further notes on the Bactrian inscription of Rabatak, with an Appendix on the names of Kujula Kadphises and Vima Taktu in Chinese". Proceedings of the Third European Conference of Iranian Studies Part 1: Old and Middle Iranian Studies. Nicholas Sims-Williams, ed. 1998, pp. 79–93.
Outros artigos
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |