Pobo paxto
Os paxtos[7], noutras fontes tamén chamados pashtus[8] ou pashtos[9] (en paxto: پښتانه Pax̌tānə; singular masculino: پښتون Pax̌tūn, feminino: پښتنه Pax̌tana), son un grupo étnico iranio[10] que viven principalmente en Paquistán e Afganistán.[11] Falan a lingua paxta e practican o pashtunwali, que é o seu código de conduta ético e tradicional. A etnoxénese do grupo étnico paxto non está claro pero os historiadores teñen referencias de pobos antigos chamados pakthas (Pactyans) entre o II e I milenio a. C.,[12][13] que poden ser os seus devanceiros. A súa historia sempre se cinguíu ó territorio dos actuais estados de Paquistán e Afganistán.
Pobo paxto | |
---|---|
Líderes relixiosos paxtos en Afganistán. | |
Poboación | |
Poboación total: c 49 millóns (2009)[1] | |
Rexións principais: | |
Paquistán | 30 699 037 (2008)[2] |
Afganistán | 13 750 117 (2008)[3] |
Emiratos Árabes Unidos | 338 315 (2009)[4] |
Estados Unidos | 138 554 (2010)[5] |
Irán | 110 000 (1993)[6] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua paxta |
Relixión | islam, principalmente sunnitas, con minorías xiítas |
Globalmente, estímase que os paxtos roldan os 50 millóns de persoas,[1] pero non existe unha cifra máis exacta pola falta de censo oficial en Afganistán dende 1979. A maioría dos paxtos viven na rexión chamada Paxtonistán, que foi dividida en dous dende que os británicos impuxeron a liña Durand. Tamén existen significativas comunidades paxtas na diáspora, nas cidades de Sind e Punjab en Paquistán, en particular Karachi e Lahore. Unha recente diáspora paxta desenvolveuse nos estados árabes do Golfo Pérsico, principalmente nos Emiratos Árabes Unidos. Os paxtos son unha significativa minoría en Paquistán, onde forman o segundo meirande grupo étnico, ou o 15% da poboación. Como o principal grupo étnico de Afganistán (onde representan entre o 42% e o 60% da poboación), os paxtos foron o grupo etnolingüístico dminante durante máis de 300 anos. Durante a era do Sultanato de Delhi, a dinastía Lodi dos séculos XV e XVI substituíu brevemente os gobernantes do norte da India, até que Babur depuxo a dinastía Lodi. Outros paxtos loitaron contra a dinastía safávida e contra o Imperio mogol antes de obter un estado independente a comezos do século XVIII,[14] que comezou coa exitosa revolución de Mirwais Hotak seguida da conquista de Ahmad Shah Durrani.[15]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Lewis, Paul M. (2009). SIL International, ed. "Pashto, Northern". Dallas, Texas: Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Consultado o 18 de setembro de 2010.
Ethnic population: 49,529,000 possibly total Pashto in all countries.
- ↑ The World Factbook (ed.). "Pakistan population: 199,085,847 (July 2015 est.) [Pashtun (Pathan) 15.42%] = 30,699,037". Central Intelligence Agency (CIA). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Encyclopædia Britannica World Data (ed.). "United Arab Emirates: Demography" (PDF). Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 15 de marzo de 2008.
- ↑ 42% of 200,000 Afghan-Americans = 84,000 and 15% of 363,699
- ↑ SIL International (ed.). "Ethnologue report for Southern Pashto: Iran (1993)". Ethnologue: Languages of the World. Consultado o 5 de maio de 2012.
- ↑ "paxto". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2017.
- ↑ Entrada pashtu na Diciopedia do século 21
- ↑ Entrada pashto Arquivado 14 de novembro de 2017 en Wayback Machine. no Digalego
- ↑ Oral Literature of Iranian Languages: Kurdish, Pashto, Balochi ..., Volume 18 : page 89
- ↑ Thomas Gouttierre, Center For Afghanistan Studies, University of Nebraska at Omaha; Matthew S. Baker, Stratfor, ed. (2003). "Ethnic map of Afghanistan" (PDF). National Geographic Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de outubro de 2010.
- ↑ Nath, Samir (2002). Sarup & Sons, ed. Dictionary of Vedanta. p. 273. ISBN 81-7890-056-4. Consultado o 10 de setembro de 2010.
- ↑ "7". The History of Herodotus. Translated by George Rawlinson. The History Files. 4 de febreiro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2007.
- ↑ Romano, Amy (2003). A Historical Atlas of Afghanistan. The Rosen Publishing Group. p. 28. ISBN 0-8239-3863-8. Consultado o 17 de outubro de 2010.
- ↑ Louis Dupree, Nancy Hatch Dupree. "Last Afghan empire". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 10 de setembro de 2010.